Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Agosto, 2009.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (16)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 10. Marzo 2010: Cos meus amigos os morcegos
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
Blogroll
Archivo para Agosto 2009
Primeira visita o Sistema Sanitario Cubano
31. Agosto 2009 by Outes.
Hoxe tiven que facer unhas analiticas para confirmar a minha saude o entrar na Residencia. As agullas son enormes (ala, Miami, xa podedes rajar de Cuba), pero tiven que esperar uns 3 minutos para ser atendido. En 10 minutos estaba fora do centro medico, e os resultados daranselle directamente a medico que reside na propia Residencia nun par de dias
Faranme controis durante 10 dias por se acaso tenho H1N1, pero polo demais, nada importante
Publicado en Sanidade | 4 comentarios »
Xa estou na Residencia!
31. Agosto 2009 by Outes.
Por agora so tenho un companheiro de habitacion, que se chama Elvis. E un crack!
Publicado en Residencia | 3 comentarios »
Presentacion do blog
31. Agosto 2009 by Outes.
Perdoade o desorden do blog con diferentes tipos de letra, espacios enormes en blanco…Estou posteando en hoteis que son un timo, cando tenha Internet mais facilmente poreino todo mais bonito!
PD. Os erros ortograficos (como os acentos ou as nh) son porque o teclado non admite estos caracteres. Sintoo!
Publicado en Blog | 1 comentario »
Día 28: Máis trámites e segundo paseo pola Habana.
31. Agosto 2009 by Outes.
Música: Suso Vaamonde – Compañeiro Daniel
Probablemente este sexa a última entrada na que conte o que fago no día a día. Como esto o len meus pais e tal, era para que estiveran enterados de como ía o proceso e non se volveran tolos a 1ª semana por non saber de min. A partir de agora escribirei sen orde cronolóxico.
A viaxe en bus dende Habana del Este ó Vedado no P11 faise impresionante. Nunha zona podes ver toda a liña de costa (sen especulación urbanística, que movida!), e sorprende pensar que estás mirando a costa de Miami ou partes de México.
Nestos días voume dando conta do fácil que se ganan o respeto os cubanos. Cunhas poucas palabras, e a mirada que teñen, fanche respetar moitísimo a unha persoa que non coñeces de nada. Ou ben no autobús alguén che pide algo de espacio, ou falas cun administrativo, ou mesmo co persoal de limpeza, causan sempre unha sensación de igualdade cara ti que non podes ver en ningunha outra parte.
Hoxe tocaban máis roios administrativos: imos falar de novo con Damarys, que nos di que non pode recoller o pasaporte e as fotos (que sacamos o día anterior pola tarde), porque a rapaza a quen llo ten que entregar (Miosotys, vaia nome joder!), non estaba o Venres. Total, que temos que volver o Luns polo puto permiso de Residencia. Menos mal que temos un visado de 1 mes, porque a este ritmo…O bo da conversa con Damarys é que nos atopamos con 2 alemáns que xa víramos onte, na mesma situación que nós. Un deles díxome que estaba buscando un equipo de fútbol onde xogar, se me animaba; pena que tiveramos que marchar para seguir cos trámites, a ver se o atopo polo Campus e o falamos, que xa son horas de facer amigos…
Saímos cara a Facultade de Filosofía, onde Lucía recolleu o seu horario e cambiou as materias que non podía cursar por problemas cas horas de clase. Primeiro apagón! Foise a luz uns 20 minutos en todo o edificio mentras Lucía facía o horario. Foi bastante divertido realmente, a xente está bastante acostumada, pero estabamos alí varios estranxeiros e foron as risas. O certo é que a situación é unha mezcla entre romanticismo e vivir no Terceiro Mundo, pero todo sigue funcionando igualmente, con luz ou sen ela. Até o de agora (xa é Luns cando escribo isto) non tivemos máis problemas nese sentido.
Como xa era tarde, comimos algo por onde puidemos (xa temos peso cubano!), e paseamos pola cidade. Chegamos á Praza da Revolución e comezou a chover. Non podo explicar a sensación de estar vendo ó Che a un lado, a José Martí ó outro, no medio dunha plaza tan sumamente grande mentres cae auga e petas con ráfagas de vento quente. Espectacular.
Baixamos ó Malecón totalmente empapados, pero así como chove sae o Sol, e en media hora xa nos volvíamos a estar asando. O calor vainos matar até que nos acostumemos.
Viaxe de volta e a durmir, que o Sábado e o Domingo van ser para coñecer algo da cidade.
Publicado en Trámites | 2 comentarios »
Día 27: Papeleo e primeiro paseo pola Habana
31. Agosto 2009 by Outes.
Novo día na Habana! Despois dunha boa noite con moitísimo calor, pola mañá saímos cara o Vedado para seguir realizando trámites. Hoxe toca a oficina de relacións internacionais, para tramitar o noso permiso de Residencia, así como os permisos para poder entrar na facultade e na Residencia. Todo transcurre con moita calma, se hai algo que os cubanos non teñen, é prisa. No primeiro edificio que visitamos, falamos directamente ca Directora de Relacións Internacionais, unha señora chamada Nancy, moi agradable, que cursou o Master en Compostela; que nos tramita unha carta pola cal podemos ir ás nosas respectivas Facultades para obter os nosos horarios e formalizar a nosa estancia. Envíanos a outro edificio para falar cunha rapaza que se chama Damarys (a maioría dos nomes son así de raros por aquí…), que será a encargada de tramitar os papeis da residencia e o permiso de residencia no país.
Os primeiros problemas ocorren aquí: necesitamos fotos para o permiso de residencia no país, polo que o teremos que facer todo o próximo día. O que sí conseguimos é a residencia, na que entraremos o Domingo pola mañá (por certo, eu estou no piso 16 e Lucía no piso 19, pero por agora o ascensor funciona!)
Como xa pasaban das 2 da tarde todo estaba pechado para seguir facendo trámites, así que decidimos ir ó Hotel Meliá Cohiba (o que máis cerca queda da Residencia), para poder utilizar Internet (necesitabamos falar con Clara, a outra rapaza que vén de convenio), dende onde posteei as últimas 3 entradas.
O edificio está ó lado do Malecón, e son 21 plantas, así que decidimos inspeccionar un pouco para ver as vistas. É incrible o fácil que podes meterte dentro dun hotel poñendo cara de turista durante 2 minutos. Entramos no ascensor e subimos a varios pisos para ver as vistas. Incrible a propia cidade, ten unha cor chulísima. Cando collimos o ascensor para baixar, entrou tamén unha rapaza en bañador, e decidimos seguila á piscina. Chegamos e tumbámonos por alí, pero facía tanto calor que decidimos meternos na auga [Nótese, iamos con roupa, non con bañador]. A ver se poño unha foto cando as pase ó PC dende a cámara.
Unha vez marchamos do hotel, paseamos pola Habana un ratiño. Só unha idea xeral de onde está a Residencia e as Facultades, cales son as rúas máis importantes e onde están as paradas dos buses.
A eso das 6 da tarde volvimos para casa, máis dunha hora de traxecto (fixemos a liña completa do autobús), polo que puidemos ver varios barrios. É absolutamente flipante ver cada parede pintada cas súas consignas ou co logo do CRD ou UJC. Cando vaia tendo unha colección de fotos ireinas subindo!
Publicado en Trámites | 3 comentarios »
Primeiro dia na Habana: Transporte e Facultade
27. Agosto 2009 by Outes.
Estou escribindo esto ás 5:58 da mañá. Un coche comezou a pitar como un tolo e espertoume. Levaba máis de 10 horas durmindo, así que tampouco me fixo moito mal.
A idea era informarse sobre as carreiras pra conseguir os programas e os horarios (as clases xa comezan o día 1 de Setembro!), pero necesitamos primeiro tramitar a nosa situación en Relacións Internacionais pra acceder á universidade. Polo tanto, mañá (é dicir, dentro dun par de horas pra min), teremos que volver á universidade a Relacións Internacionais e despois facer os trámites correspondentes en cada Facultade.
Xa eran as 14:30, e decidimos voltar pra casa, porque a esas horas o calor é horrible, e o Sol pega moi forte. Collimos o bus:
Os autobuses son moi novos, e ademáis enormes. A cadencia é de entre 5 e 10 minutos, polo que non tes que esperar practicamente nada. Todo o mundo se move en bus (xa falarei dos coches privados, que son unha pasada!), así que hai que acostumarse a ir dentro pegándose ca xente polo sitio. Hai momentos nos que os buses pasarán as paradas do cheos que van. Hai que ter certa arte pra poder colarse entre a xente e non colapsar o bus na porta, porque se montan cristos…O mellor é entrar e ir directamente cara atrás, e quedar no medio do autobús (son dobles, así que tes cara onde andar…) onde se está máis tranquilo. Despois duns 50 minutos de bus (en principio ían ser 20, segundo nos dixeran), chegamos a casa de novo. Bebimos toda a auga do mundo (joder, que calor!) e fixemos a comida. Tomamos uns pequenos filetes empanados con arroz (Moros e Cristianos, seica se chamaba o plato), que estaban realmente ricos! Tomamos despois Frutabomba (en principio ese é o nome, pero aínda non pillo moi ben a súa pronuncia e igual estou dicindo unha burrada), unha froita moi doce, moi moi rica. De novo fixemos as cousas da casa: fregar, limpar a mesa e a cociña…E estivemos un pouco falando. Decidimos botar unha siesta a esto das 6 da tarde. Escribín o post anterior e lin un pouco, e a eso das 7 decidín durmir un rato antes de cear. Pero xa non me espertei máis até agora. Veu perfecto pra recuperar sono perdido, que o avión mata a calquera! E a ver que pasa hoxe!
Publicado en Vida en Cuba | 4 comentarios »
Chegada a Habana
27. Agosto 2009 by Outes.
Música: Banda Bassoti - Que Linda es Cuba, Cuba si-Yankees no
O taxi que nos levaba á Residencia tiña que atravesar case toda a cidade. Respeto incrible polas sinais de tráfico: iamos a 80km/h nunha avenida vacía e en moi boas condicións, porque era o límite. Raro ver esto en Galiza. Sinais de PARE. Tamén chaman moito a atención os carteis que hai por todas partes. En Galiza veríamos publicidade de Zara, Lacoste ou Coca-Cola, a cartelería aquí é unha alegoría á Revolución. Trata temas moi diversos: o embargo económico, a paz, a ausencia de pobreza, os 5 de Miami, o apoio a Venezuela, a muller…Vale a pena miralos todos pra ver o que din. Pasamos pola Praza da Revolución, realmente póñense os pelos de punta polo enorme da plaza, e do emotivo da estatua ó Che. Aquí comezamos a falar co taxista, que se enorgulleceu de dicir que ía haber un concerto de Juanes proximamente na praza. Preguntei se ó final se ía dar o concerto, porque houbera moito polémica en Miami por vir aquí. O taxista comezou a rir e dixo “en Miami son 3 gatos”. Comezamos a falar de música e deporte. É evidentente que o deporte nacional é o beisbol, pero é común falar de outros moitos deportes. O taxista sabía quen gañara a Supercopa de España, como fora o resultado e como se organizaba a competición. Case máis que nós! Dá a sensación de que en Cuba a xente está moi informada, e vese claramente que lles interesa saber cousas que pasan no exterior.
Aproximadamente á 01:15 chegamos a 12 & Malecón. A través dunha rapaza que estivo o último semestre do curso pasado na Habana, ó chegar podiamos contactar cun profesor da Universidade, que á vez é encargado da Residencia. Preguntamos por el á seguridade da Residencia, que o chamaron pra que nos atendese. Mentras esperabamos estivemos un pouco con eles, onde tiveron unha divertida conversa sobre se viñamos dende outra cidade cubana ou do exterior polo tipo de taxi. Moita calma, tranquilidade e bo roio. Un dos gardas trouxo unha silla pra nós, só polo detalle.
ö pouco xa fomos recibidos, e comezaron os imprevistos: Fai unhas semanas detectárase un posible brote de epidemia na nosa Facultade. Dende ese momento comezaron controis exaustivos sobre a situación, moi extrictos polo grave do problema. Ademáis, dos días 24 a 28 realízase a inscripción universitaria, polo que a Residencia estaba até arriba de traballo. Como son moi posibeis as inspeccións sobre a situación dos estudantes estranxeiros, tiñamos un problema: A nosa situación dentro da Residencia é alegal, xa que somos estudantes da Universidade da Habana, pero non temos aínda nen carnet de estudante nen o permiso de residencia que nos mostre como tales. O único que temos é un compromiso de estudos e un visado de 30 días semellante ó de turista. Para evitar problemas, o profesor díxonos que non nos preupáramos de nada: “No os vais a quedar botados en este país”, e dixo que podiamos vivir na súa casa pra non ter que pagar unha casa particular mentras non rematen os trámites. Incrible, realmente incrible. Que apareza un Erasmus no Burgo a ver se alguén o mete na súa casa por problemas co papeleo.
Así, chamamos un taxi, que nos levou á súa casa, á que chegamos pasadas as 02:00 hora cubana. O que facían unhas 22 horas sen durmir, e non daba pra moito máis. Deunos unha cama a cada un, el durmiu nun colchón no salón (hai que foderse!), e até o día seguinte.
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »
Viaxe de ida
27. Agosto 2009 by Outes.
Ás 10 da mañá facturei a miña maleta en Compostela pra chegar a Madrid. Viaxe sen problemas, típico de Ryanair, nos cales tes que facer cola durante media hora e despois pegarte con señoras por un asento cerca da saída. Sentei na última fila pra sair pola parte de atrás dos primeiros, pero só puxeron escaleiras por diante. Que sorte.
Despois de recoller a maleta sen problemas (o cal xa se agradece), collín o transporte interno do aeroporto pra desplazarme da T2, á que acababa de chegar, á T1, a Terminal dende a que sairía o avión á Habana. Teño que recoñecer que o aeroporto funciona sen maiores problemas, pra ser un macrocomplexo como Barajas.
Ó chegar á T1 coñecín a Lucía, tamén estudante da USC, ca que viaxarei a Cuba. Despois de comer no aeroporto puxémonos na cola pra facturar á Habana. Chegamos ás 14:30, e xa había unha cola enorme. Buscamos o final na fila e estivemos esperando ó noso turno até as 16:20. Chegamos a unha especie de control de seguridade sobre os billetes e o visado. Aquí tivemos o primeiro problema: non nos querían deixar embarcar porque non tiñamos mercado un billete de volta: “Si no teneis vuelta no se puede ir”. Dixemos que eramos estudantes, acreditámonos como tal (graciñas por tanto papel, ORE!) e despois duns trámites de 10 ou 15 minutos dixéronnos que podiamos pasar. O problema foi que perdemos o sitio na cola, e tivemos que poñernos de últimos pra facturar. Ó chegar ó mostrador, o rapaz que nos atendía (bastante amable, por certo) díxonos que había overbooking, que tiñamos que esperar pra ver se había sitio pra nós. Despois de 10 minutos bastante caóticos, onde unhas 12 persoas estabamos alí sen avión, comezaron a facturar de novo algunhas plazas, que non foron pra nós. O único que nos ofreceron era que fose só un. Decidimos non separarnos, e quedamos 4 persoas en terra.
Tivemos a sorte de que un avión que saía cara a Habana á mesma hora que o noso tivo problemas ca chegada da ruta anterior e tivo que retrasarse 4 horas, así que ás 20:30 conseguíronnos unha plaza no avión Madrid - La Habana con AirComet. Facturamos (agora si!), e pasamos os controis de seguridade. Como tiñamos 2 horas mortas, puxémonos a rexistrar as tendas libres de impostos, probando polos Lacoste, perfumes e gorros de muller. Pode ser un pasatempo realmente divertido nun momento como ese.
Marchamos cara a porta de embarque, e alí apareceu un rapaz que vive na ventana de diante da miña casa en Compostela, que ía de vacacións cos seus pais a Cuba. Tamén é casualidade. Embarcamos sen máis problemas, nun Airbus A330, o avión máis grande no que estiven nunca, de 8 prazas por fila, con pantallas en cada asento, e demáis miscelánea non moi necesaria, pero que pra un voo de 9 horas nunca está mal.
O voo que tiña que coller inicialmente (o de Cubana de Aviación) facía unha parada en Santiago de Cuba, polo que a duración da viaxe sería dunhas 12 horas. Sen embargo, este voo é directo á Habana, polo que en 9 horas deberíamos estar alí. O máis interesante é que estou vivindo o anoitecer máis longo da miña vida. Estamos indo na mesma dirección que o Sol, pero un pouquiño máis despacio, polo que saímos de día e pouco a pouco estase facendo de noite. Dende o momento en que comezou a desaparecer, o Sol estivo máis dunha hora no horizonte. Realmente espectacular [Estou escribindo isto á 01:01 hora galega, espero rematar co resto da viaxe, que aínda non vivín, mañá pola mañá]
O voo pasou sen demais sobresaltos, déronnos comida e pasaron con taciñas de café 3 veces ó longo do traxecto. Chegamos ó aeroporto ás 11:42 e desembarcamos. Primeira sensación: calor. Segunda sensación: humidade.
Atravesamos un par de salas pra chegar ó control de visados. Tivemos que cubrir un papel que nos acredita como estudantes, e sen máis problemas recollimos as maletas. Dixéronnos varias veces que os trámites no aeroporto duran como 2 horas, así que iamos mentalizados pra ter que esperar. En 20 minutos estabamos cas maletas na porta do aeroporto José Martí. O funcionamento é moi bo, a xente está moi organizada e non se forman colas. As maletas xa estaban esperando por nós cando rematamos os trámites, así que non tivemos problema algún.
Á saída buscamos unha CADECA (Casa de Cambio) e conseguimos os nosos primeiros pesos cubanos convertibles (C.U.C., en adiante). Aínda non temos peso cubano, espero poder cambiar esta noite ou mañá pola mañá. Espero escribir un post específico sobre o sistema monetario cubano, que ten unhas particularidades moi interesantes.
Conseguimos un taxi e pedímoslle que nos levara a 12 & Malecón, a que en principio sería a nosa Residencia. En principio…
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »
Cubana de Aviación
25. Agosto 2009 by Outes.
Mañá realizarei o meu voo Madrid - La Habana. Como son 12 horas que vou pasar dentro do aparatiño, pois estou buscando algo de información sobre a compañía e os seus avións.
Cubana de Aviación foi fundada o 8 de Outubro de 1929 sendo unha das primeiras aerolíneas a nível mundial. Inicialmente creada por estranxeiros, será comprada na súa maioría por inversores cubanos a mediados dos anos 40, pra ser totalmente controlada por eles no ano 1954. En 1959, ca chegada dos revolucionarios ó poder, é nacionalizada, pasando a chamarse Empresa Consolidada Cubana de Aviación, sendo propiedade da C.A.C.S.A. [Corporación de Aviación Civil de Cuba S.A.], a cal depende do Instituto de Aeronáutica Civil de Cuba.
A maioría dos seus avións son de fabricación soviética / rusa. Só na actualidade está comezando a mercar Airbus A320-200.
Máis que posiblemente, o meu avión será un Ilyushin Il-96 300. Avión creado pola URSS, o primeiro voo que realizou foi no ano 1988. Alcanza unha velocidade máxima de 0.82 mach (Velocidade / velocidade do son), o que equivale a uns 900km/h. Podedes atopar máis información do avión aquí e aquí. E un par de fotos:


En 2 meses a Aerolínea cumprirá 90 anos. Parabéns!
Publicado en Viaxes | 3 comentarios »
Ruta da viaxe de ida
25. Agosto 2009 by Outes.
Pois mañá, día 25, é o gran día!
Avión ás 11:00 con Ryanair até Madrid. Unha vez alí, recoller a maleta pra facturala no voo que me levará á Habana.
Ás 17:00, con Cubana de Aviación á Habana. Chegada ás 23:30 hora cubana [6 horas menos que en Galiza]
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »