Primeiro dia na Habana: Transporte e Facultade


Estou escribindo esto ás 5:58 da mañá. Un coche comezou a pitar como un tolo e espertoume. Levaba máis de 10 horas durmindo, así que tampouco me fixo moito mal.

 Música: The Strokes - What Ever Happened?

 O día de onte era pra aclimatarse e ver como estabamos co jetlag. A idea era espertar ás 10 da mañá, almorzar con calma e ir ó Vedado (o Centro da Habana) a coñecer a Universidade e as diferentes Facultades. Ás 9 xa estaba esperto, fai demasiado calor pra durmir…Despois de ler nas guías que trouxen información sobre a cidade, levantámonos os 3 pra facer o almorzo e preparar o día. Hai que ter en conta que os cubanos tómanse todo con moita calma: se din que algo vai tardar X tempo, será o doble ou máis. Xa nos pasou cos 2 taxis, co almorzo e coa viaxe, falando con xente diferente. Tomamos leite ( leite en po) e pan (moi semellante ó pan de leite) con mantequilla. Despois de facer as cousas da casa e pegarnos unha ducha, saimos (xa eran máis das 11;30) cara á Habana. A nosa liña sería a P11, que atravesa todo Habana del Este (onde vivimos momentáneamente), e varios barrios máis, até chegar ó centro. A liña remata ó lado dun hospital no propio Vedado, que está ó lado da Cidade Universitaria. É realmente bonita. Escribirei un post sobre a universidade con máis calma, porque vale a pena só estar nela pra disfrutala. Vimos a Facultade de Filosofía e Historia (na que estudará Lucía), e a de Economía (que tamén se utiliza pra Xeografía e Contabilidade & Finanzas). A miña facultade é un edificio tochísimo de 17 plantas, ubicado no medio e medio da Habana, diante de Coppelia (a heladería máis famosa da cidade), e ó lado do Hotel Habana Libre (tamén un edificio con moita historia, espero escribir sobre el). Non é demasiado bonito (de feito, poderiamos dicir que é feo), pero polo grande que é seguro que á Universidade lle aforra moitos problemas de espacio.

 A idea era informarse sobre as carreiras pra conseguir os programas e os horarios (as clases xa comezan o día 1 de Setembro!), pero necesitamos primeiro tramitar a nosa situación en Relacións Internacionais pra acceder á universidade. Polo tanto, mañá (é dicir, dentro dun par de horas pra min), teremos que volver á universidade a Relacións Internacionais e despois facer os trámites correspondentes en cada Facultade.

 Xa eran as 14:30, e decidimos voltar pra casa, porque a esas horas o calor é horrible, e o Sol pega moi forte. Collimos o bus:

 Os autobuses son moi novos, e ademáis enormes. A cadencia é de entre 5 e 10 minutos, polo que non tes que esperar practicamente nada. Todo o mundo se move en bus (xa falarei dos coches privados, que son unha pasada!), así que hai que acostumarse a ir dentro pegándose ca xente polo sitio. Hai momentos nos que os buses pasarán as paradas do cheos que van. Hai que ter certa arte pra poder colarse entre a xente e non colapsar o bus na porta, porque se montan cristos…O mellor é entrar e ir directamente cara atrás, e quedar no medio do autobús (son dobles, así que tes cara onde andar…) onde se está máis tranquilo. Despois duns 50 minutos de bus (en principio ían ser 20, segundo nos dixeran), chegamos a casa de novo. Bebimos toda a auga do mundo (joder, que calor!) e fixemos a comida. Tomamos uns pequenos filetes empanados con arroz (Moros e Cristianos, seica se chamaba o plato), que estaban realmente ricos! Tomamos despois Frutabomba (en principio ese é o nome, pero aínda non pillo moi ben a súa pronuncia e igual estou dicindo unha burrada), unha froita moi doce, moi moi rica. De novo fixemos as cousas da casa: fregar, limpar a mesa e a cociña…E estivemos un pouco falando. Decidimos botar unha siesta a esto das 6 da tarde. Escribín o post anterior e lin un pouco, e a eso das 7 decidín durmir un rato antes de cear. Pero xa non me espertei máis até agora. Veu perfecto pra recuperar sono perdido, que o avión mata a calquera! E a ver que pasa hoxe!

 Son as 6:33, levo un rato escoitando un galo que non para de montalas. Parece que estou nun povo en Galiza!

 

4 respuestas para “Primeiro dia na Habana: Transporte e Facultade”

  1. X. Villares dice:

    Espectacular tio! Segue a escribir estas historias tio, q se saen!
    : )

  2. Aida dice:

    Buah tío, vaya empacho de galego que acabo de pillar!
    Pero bueno, lo entendí todo, o la mayor parte xD
    Me alegro de que las cosas marchen bien por el momento, y espero que sea así!!

    Audioslave-Shadow on the sun
    (Audioslave me pone cachonda, es flipante!)

    Por cierto, yo estuve en la fábrica de aviones de AirBus!! Vaya monstruos!!xDD

    Un besazo!^^

  3. Duarte dice:

    Tío, que envexa (da sana) me estás dando. Agardo que sigas actualizando con frecuencia porque son historias moi interesantes. Desde aquí sempre está ben ir lendo as impresións que ten un compañeiro nun país como Cuba.

    Cando esteas máis integrado quero facerche unhas preguntase sobre a prensa na illa e a conexión a internet, pero tempo ao tempo.

    Agardo que o pases moi ben e que aprendas tamén moito.

    Saúde e Patria Socialista!

  4. Outes dice:

    Duarte, pregunta todo o que queiras! E idea e que por aqui intente transmitir a maxima informacion posible sobre o pais, asi que seguro que me das ideas pra investigar a situacion.
    Por agora so tiven nas minhas mans o Granma e o Juventud Rebelde, levan varios dias ca cumbre de Unasur a voltas sen parar.
    A nivel interno falouse bastante dunha visita de Raul a Santiago de Cuba, por unhas obras que se estan levando a cabo para a potabilizacion da cidade antes de 2011…

Dejar una respuesta