Día 27: Papeleo e primeiro paseo pola Habana


Novo día na Habana! Despois dunha boa noite con moitísimo calor, pola mañá saímos cara o Vedado para seguir realizando trámites. Hoxe toca a oficina de relacións internacionais, para tramitar o noso permiso de Residencia, así como os permisos para poder entrar na facultade e na Residencia. Todo transcurre con moita calma, se hai algo que os cubanos non teñen, é prisa. No primeiro edificio que visitamos, falamos directamente ca Directora de Relacións Internacionais, unha señora chamada Nancy, moi agradable, que cursou o Master en Compostela; que nos tramita unha carta pola cal podemos ir ás nosas respectivas Facultades para obter os nosos horarios e formalizar a nosa estancia. Envíanos a outro edificio para falar cunha rapaza que se chama Damarys (a maioría dos nomes son así de raros por aquí…), que será a encargada de tramitar os papeis da residencia e o permiso de residencia no país.

Os primeiros problemas ocorren aquí: necesitamos fotos para o permiso de residencia no país, polo que o teremos que facer todo o próximo día. O que sí conseguimos é a residencia, na que entraremos o Domingo pola mañá (por certo, eu estou no piso 16 e Lucía no piso 19, pero por agora o ascensor funciona!)

Como xa pasaban das 2 da tarde todo estaba pechado para seguir facendo trámites, así que decidimos ir ó Hotel Meliá Cohiba (o que máis cerca queda da Residencia), para poder utilizar Internet (necesitabamos falar con Clara, a outra rapaza que vén de convenio), dende onde posteei as últimas 3 entradas.

O edificio está ó lado do Malecón, e son 21 plantas, así que decidimos inspeccionar un pouco para ver as vistas. É incrible o fácil que podes meterte dentro dun hotel poñendo cara de turista durante 2 minutos. Entramos no ascensor e subimos a varios pisos para ver as vistas. Incrible a propia cidade, ten unha cor chulísima. Cando collimos o ascensor para baixar, entrou tamén unha rapaza en bañador, e decidimos seguila á piscina. Chegamos e tumbámonos por alí, pero facía tanto calor que decidimos meternos na auga [Nótese, iamos con roupa, non con bañador]. A ver se poño unha foto cando as pase ó PC dende a cámara.

Unha vez marchamos do hotel, paseamos pola Habana un ratiño. Só unha idea xeral de onde está a Residencia e as Facultades, cales son as rúas máis importantes e onde están as paradas dos buses.

A eso das 6 da tarde volvimos para casa, máis dunha hora de traxecto (fixemos a liña completa do autobús), polo que puidemos ver varios barrios. É absolutamente flipante ver cada parede pintada cas súas consignas ou co logo do CRD ou UJC. Cando vaia tendo unha colección de fotos ireinas subindo!

3 respuestas para “Día 27: Papeleo e primeiro paseo pola Habana”

  1. Duarte dice:

    Para animarte a seguir escribindo, vou comentar en todas e cada unha das túas entradas.

    Alégrome de que che vaia relativamente ben co papeleo.

    Dúas preguntas.

    A primeira, que tipo de permiso de residencia vas ter? Eu coñecín a un tipo que estivo estudando en Cuba e tiña a cidadanía durante o tempo que viviu na illa, aínda que no seu caso tamén estaba traballando.

    A segunda, no hotel que estiveches tiñan acceso os cubanos?

  2. Outes dice:

    Perfecto, escribe e pregunta todo o que queiras, eu encantado de que alguen me faga caso!
    Terei un permiso de residencia moi semellante a cidadania cubana, a diferencia e que caduca en 10 meses. Serei cidadan cubano ate o 10 de Agosto (equivocouse a rapaza que mo tramitaba e puxo Agosto en lugar de Xullo, asi que tenho 1 mes mais de risas…jajaja), que e cando terei que deixar o pais

    Si, no hotel poden entrar cubanos. De feito, no PC do lado hai un tipo cubano agora mesmo. Estoume sorprendendo con iso, pensei que ninguen podia utilizar Internet, pero hai “relativa” facilidade incluso sendo cubano. Tenho na residencia Internet, e nas Facultades tamen hai. Pero non veras conexion en cada casa. Vexoo mais como un problema de infraestructuras e non un problema de censura ou algo asi…Pero tampouco me informei moito ainda

  3. X. Villares dice:

    Ahums! Eu tamén vou comentar en cada post!
    Pois é unha sorpresa o de Internet, a propósito do que falabamos antes de que marcharas…!

Dejar una respuesta