Archivo para 2. Septiembre 2009

Pequena aproximación ós CDR


Os Comités de Defensa da Revolución, ou CDR [Cos Comités na Rúa, a loita continúa!], son a primeira peza da cadea do sistema democrático cubano. Existe un CDR en cada cuadra (cada mazá), e ten como función básica a organización desa zona. Leva rexistros da poboación que forma parte dese CDR (por exemplo, o número de persoas maiores, ou de nenos), para poder atender as necesidades básicas de grupos determinados. No CDR vese representado todo aquel residente, e de aquí sairán os primeiros delegados. Todo residente pode presentarse como delegado do seu CDR, e terase dereito a voto pra elixir entre os candidatos. A idea básica é que revolución ten que estar en cada barrio: os propios veciños elixen entre eles ó delegado que representará os seus intereses na seguinte asamblea.

El Rompecabezas Cubano

Portada


O libro que lin durante a viaxe. El Rompecabezas Cubano é unha recopilación de artigos escritos polo corresponsal da BBC na Habana durante os últimos 7 anos. Ofrece unha perspectiva bastante acertada sobre a realidade sociopolítica do país, tendo en conta que é un xornalista da BBC e, máis que posiblemente, existan intereses por detrás. É moi interesante para a comprensión da vida diaria dun cubano, pola cantidade de temas que toca. Especial relevancia a educación e sanidade, os 2 grandes logros da Revolución. Por outra banda, aparece bastante ben reflexada a situación á que se enfrenta o goberno cubano fronte as diferentes presións internacionais, especialmente as que proceden dende Miami

En definitiva, un bo libro se estás nun avión que vai cara Cuba

Graciñas pola recomendación!

Compañeiros de habitación!


Xa teño compañeiros de habitación! Finalmente Elvis marcha a vivir ó piso 20 (como se estropee o ascensor como nos imos rir del…), e na habitación imos ser 5 persoas, así que temos unha cama libre (se alguén quere pasar un día pola Habana, eu teño unha cama!). Os meus compañeiros serán un rapaz que se chama Adrián (vaia casualidade…), que estivo 5 minutos na habitación e non volveu aparecer, Yuniel (nome común en Galiza, a que si?), da provincia de Sancti Espiritus [a provincia central de Cuba], que estuda bioquímica, 4º ano; Lázaro, dun poviño da costa oeste, na provincia de Pinar del Río, estudante de Farmacia, que vai rematar segundo curso este primeiro semestre (suspendeu o ano pasado) e marcha en Febreiro a outra Facultade, que Farmacia está dividida en 2 zonas segundo o curso; o outro compañeiro da habitación non teño nin idea de quen é, xa aparecerá.

Na habitación que temos diante están 6 namibianos (de Namibia, 6 tipos de Namibia!!), e da outra só coñezo a outro rapaz que se chama Enel (era este rapaz quen quería comprar Endesa, din por aquí), que case caio de cú a primeira vez que falei con el. O chaval coñece todas as puñeteras series españolas (faloume de Aida, Sin Tetas no Hay Paraíso, Upa Dance, Aquí no Hay Quien Viva…), e ve unha cantidade enorme de series yankis! Estivemos falando de series tan diferentes como Lost, ER, Friends, My Name is Earl, Mujeres Desesperadas, Prison Break, Heroes, Grey’s Anatomy, Scrubs, One Tree Hill, The O.C…Unha pasada!

Pero se hai algo que defina con bastante exactitude a toda esta xente é o seu nivel de cultura. Estivemos falando de cine un bo rato, de literatura, ensaio, política, danza…Paréceme que teño moito que aprender desta xente!

Pequena aproximación ó Sistema Electoral Cubano

Vou facer un esquema moi sinxeliño do modelo de representación cubano, sen ter en conta as organizacións de masas, que tamén teñen peso e representación nas diferentes asambleas.

A capa máis baixa son os CDR (Comités de Defensa da Revolución), que elixen delegados para a Asamblea de Zona. A Asamblea de Zona elixirá os delegados da Asamblea do municipio, que á súa vez elixe ós delegados á Asamblea Provincial. De aquí sairán os delegados da Asamblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba. Este é o órgano que decidirá unha especie de Buró Político (aínda non estou familiarizado cos termos que se utilizan aquí pra cada cámara / posición), e de aquí sairán todos os Ministros, Xefe de Goberno, Presidente da Asamblea…

En cada unha destas asambleas hai unha representación de orgazacións sociais de diverso tipo, que teñen un % de decisión. Exemplos destas organizacións son os sindicatos, ou a UJC [Unión de Jóvenes Comunistas].

Sobre esto falarei con máis calma noutros posts, a medida que vaia lendo máis cousas e tal.

|