Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog del día 4. Septiembre 2009.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para 4. Septiembre 2009
Sistema monetario cubano
4. Septiembre 2009 by Outes.
O sistema monetario cubano é moi particular. É o primeiro país no que estou que traballa con 2 moedas de forma normal. A raiz do Periodo Especial, que comezou en 1993 - 1994 (desencadeado pola caída do Bloque Socialista Europeo), Cuba tivo que facer fronte a unha crise estrutural moi dura: dun día para outro perdera o 95% das importacións e máis do 90% das exportacións. Como medidas esenciais levou a cabo severos recortes en diversos campos, abriuse ó turismo, e permitou a utilización de dólar en terreo cubano, entre outras medidas.
O que nos interesa agora é a aparición do dólar no sistema. A partir de 1993 pasan a funcionar simultaneamente o peso cubano e o dólar estadounidense. Determinados sitios funcionaban en dólar e o resto en peso. O que se quería con este proceso era recaudar diñeiro a través dun elevado marxe de beneficio no tipo de cambio interno (un 10% no cambio de dólar a peso), que se estaba perdendo nun crecente mercado negro, á vez que se buscaba obter dólares dos estranxeiros e dos cubanos que recibían elevadas remesas e conseguían un grande poder adquisitivo. O resultado disto foi que o goberno yanki veu a posibilidade de desestabilizar a economía cubana: unha elevada monetización en dólares do sistema cubano podería colapsar o sistema; ó mesmo tempo, os yankis bloquearon todos os dólares que saían de Cuba, polo que o goberno cubano quedeu sen unha divisa de referencia ca que comerciar no exterior do país.
Como consecuencia disto, o goberno aumentou o gravamen no tipo de cambio do dólar ó 18%, intentando así reducir o número de divisa entrante. Sen embargo, a situación volveuse insostible, a divisa resultaba inservible no comerio exterior e a nível interno producíase un comercio para capas enriquecidas en dólares mentras o peso perdía valor a pasos axigantados (o valor do peso en 1989 era 25 veces superior ó de 1994). Así, a situación deu lugar a unha inversión na pirámide de renda: un taxista que só fai carreiras do aeroporto á cidade cobraba uns 25 dólares por viaxe, mentras o salario estatal dun médico non superaba os 35 – 40 dólares mensuais [Uns 700 pesos cubanos]
Nesta situación, o 8 de Novembro de 2004 o dólar prohibiuse como moeda na rede de tendas estatais, sendo substituída polo peso convertible (coñecido como C.U.C.). Con isto conseguiuse obter unha divisa válida no comercio exterior sen que os yankis puideran facer presión sobre ela, pero os problemas internos mantivéronse: as tendas só venden en CUC e os salarios mantéñense nuns niveis moi baixos (nos últimos anos estanse producindo aumentos de salario moi importantes, pero dende logo non chegan a un nivel nen semellante ó de 1989).
Polo tanto, a dualidade monetaria dá lugar a unha importante recaudación que é vital para o sistema cubano, pero ó mesmo tempo crea a contradición interna no sistema de comercio, onde quen non recibe remesas ou traballa de cara ó turismo ten un salario moi baixo. As reformas económicas que se están a tomar ca chegada de Raul ó poder (aínda que se atopen agora en standby), posiblemente irán encamiñadas á supresión dos CUC, aínda que non parece que isto vaia ocorrer no curto prazo. O que sí é seguro é que este será un tema capital de cara a reformas económicas profundas, e máis agora ca perfecta ocasión cas novas alianzas do ALBA.
É moi importante dicir que a miña visión sobre Cuba é aínda moi, moi limitada. Vou lendo xornais, preguntando a xente, e agora informareime tamén na Facultade, pero seguro que é moi fácil atopar análises máis profundas que a que acabo de facer eu aquí, que no fondo son un estudante que leva no país 9 días.
A medida que vaia tendo máis información na cabeza tentarei ir aportando mellores análises do que vou vendo.
Publicado en Economia | 2 comentarios »
Como bloquear un país en 4 pasos
4. Septiembre 2009 by Outes.
1º Prohibido que calquera empresa yanki comercie con Cuba
2º Prohibido que calquera empresa subsidiaria do goberno ou empresas yankis comercie con Cuba [Xa me diredes onde atopas unha empresa na que indirectamente non teñas yankis detrás]
3º No caso de que Cuba comercie con algunha empresa independente, o goberno yanki (ou algunha empresa yanki) merca esa empresa, e volvemos ó punto 1º
4º No caso de que Cuba comercie cunha empresa independente e o goberno yanki non actúe, esta empresa, pola presión dos yankis ou simplemente por aproveitarse da situación multiplica os prezos. Como a empresa actúa como monopsonio, Cuba ten que ceder.
E así vive Cuba dende fai 50 anos. Pero aí siguen.
Publicado en Imperialismo | 1 comentario »
Materias do Primeiro Semestre
4. Septiembre 2009 by Outes.
Música: Dios Ke te Crew – Na Rúa
Despois de facer números para organizar correctamente o horario para este primeiro semestre (e aínda así a miña semana é un Cristo) estas serán as materias:
1. Pensamento Económico Universal
2. Economía Política II [Economía Política I douna no 2º semestre, vaia liada!]
3. Economía Cubana
4. Historia de Cuba
5. Filosofía e Sociedade. Pensamento Marxista-Leninista
Só digo isto: Entro na miña primeira clase, que era Economía Política II, e a profesora, ó chegar a clase, o primeiro que fai é escribir no encerado:
Tema 1: El Imperialismo fase superior del Capitalismo
Publicado en Educación | 2 comentarios »
Prohibido sentarse, zona rextrinxida
4. Septiembre 2009 by Outes.
Onte decidín darlle unha volta ó Malecón, case de esquina a esquina. Hai varios monumentos a militares da Guerra de Independencia e, tanto as vistas como o ambiente, merecen a pena. Cando cheguei á Tribuna Antiimperialista estiven un rato por alí diante dando voltas, até que avancei un pouco e decidín sentarme no Malecón un pouco. Cal é a miña sorpresa cando un garda de seguridade me di que non me podo sentar alí, que é unha zona restrinxida. Que era o que estaba “protexendo” ese axente? A Oficina de Intereses dos Estados Unidos de América.
Hai que foderse, a primeira vez que me din que non podo facer algo en Cuba é por culpa dos putos yankis. Total, que quedei sen poder tirarme no Malecón a ver a Tribuna dende ese lado, e tiven que marchar.
Publicado en Imperialismo | 2 comentarios »