- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Sistema monetario cubano
O sistema monetario cubano é moi particular. É o primeiro país no que estou que traballa con 2 moedas de forma normal. A raiz do Periodo Especial, que comezou en 1993 - 1994 (desencadeado pola caída do Bloque Socialista Europeo), Cuba tivo que facer fronte a unha crise estrutural moi dura: dun día para outro perdera o 95% das importacións e máis do 90% das exportacións. Como medidas esenciais levou a cabo severos recortes en diversos campos, abriuse ó turismo, e permitou a utilización de dólar en terreo cubano, entre outras medidas.
O que nos interesa agora é a aparición do dólar no sistema. A partir de 1993 pasan a funcionar simultaneamente o peso cubano e o dólar estadounidense. Determinados sitios funcionaban en dólar e o resto en peso. O que se quería con este proceso era recaudar diñeiro a través dun elevado marxe de beneficio no tipo de cambio interno (un 10% no cambio de dólar a peso), que se estaba perdendo nun crecente mercado negro, á vez que se buscaba obter dólares dos estranxeiros e dos cubanos que recibían elevadas remesas e conseguían un grande poder adquisitivo. O resultado disto foi que o goberno yanki veu a posibilidade de desestabilizar a economía cubana: unha elevada monetización en dólares do sistema cubano podería colapsar o sistema; ó mesmo tempo, os yankis bloquearon todos os dólares que saían de Cuba, polo que o goberno cubano quedeu sen unha divisa de referencia ca que comerciar no exterior do país.
Como consecuencia disto, o goberno aumentou o gravamen no tipo de cambio do dólar ó 18%, intentando así reducir o número de divisa entrante. Sen embargo, a situación volveuse insostible, a divisa resultaba inservible no comerio exterior e a nível interno producíase un comercio para capas enriquecidas en dólares mentras o peso perdía valor a pasos axigantados (o valor do peso en 1989 era 25 veces superior ó de 1994). Así, a situación deu lugar a unha inversión na pirámide de renda: un taxista que só fai carreiras do aeroporto á cidade cobraba uns 25 dólares por viaxe, mentras o salario estatal dun médico non superaba os 35 – 40 dólares mensuais [Uns 700 pesos cubanos]
Nesta situación, o 8 de Novembro de 2004 o dólar prohibiuse como moeda na rede de tendas estatais, sendo substituída polo peso convertible (coñecido como C.U.C.). Con isto conseguiuse obter unha divisa válida no comercio exterior sen que os yankis puideran facer presión sobre ela, pero os problemas internos mantivéronse: as tendas só venden en CUC e os salarios mantéñense nuns niveis moi baixos (nos últimos anos estanse producindo aumentos de salario moi importantes, pero dende logo non chegan a un nivel nen semellante ó de 1989).
Polo tanto, a dualidade monetaria dá lugar a unha importante recaudación que é vital para o sistema cubano, pero ó mesmo tempo crea a contradición interna no sistema de comercio, onde quen non recibe remesas ou traballa de cara ó turismo ten un salario moi baixo. As reformas económicas que se están a tomar ca chegada de Raul ó poder (aínda que se atopen agora en standby), posiblemente irán encamiñadas á supresión dos CUC, aínda que non parece que isto vaia ocorrer no curto prazo. O que sí é seguro é que este será un tema capital de cara a reformas económicas profundas, e máis agora ca perfecta ocasión cas novas alianzas do ALBA.
É moi importante dicir que a miña visión sobre Cuba é aínda moi, moi limitada. Vou lendo xornais, preguntando a xente, e agora informareime tamén na Facultade, pero seguro que é moi fácil atopar análises máis profundas que a que acabo de facer eu aquí, que no fondo son un estudante que leva no país 9 días.
A medida que vaia tendo máis información na cabeza tentarei ir aportando mellores análises do que vou vendo.
4. Septiembre 2009 en 21:38
Hey tio, ¡viviendo la revolución!
Varios países latinoamericanos usan su moneda y el dolar como moneda oficial. Le hacen un gran favor a los yankees pero usar el dólar les beneficia profundamente en los negocios con USA.
Tendrías que contarnos un poco los precios, en plan los taxis, las fotos que tuviste que sacarte y eso. Si no te importa claro.
Estaria bien saber como vive la gente, que porcentaje recibe remesas de USA, Miami sobre todo.
Por que, un cubano si recibe 100 dolares, por poner un ejemplo, de su familia en Miami ¿puede vivir muy bien no?
Espero que puedas seguir escribiendo con frecuencia.
Si quieres que te administre un poco el wordpress, arreglarte los espacios en los post, ponerlo en gallego o algo avisame.
Cuidate.
6. Septiembre 2009 en 00:29
O problema de usar dolar en Cuba é que non lles beneficiaba en absoluto polo bloqueo. Pero bueno, que ós países latinoamericanos lles beneficie é moi relativo. Efectivamente, potencias o comercio con USA, pero tamén creas dependencia económica…É un tema que dá pra debatir moito!!
Lin por aí que o 55% da poboación cubana recibe remesas, pero non sei se os datos son fiables.
Os taxis pra cubanos son a 10 pesos, pra turistas a 10 CUC, saquei 6 fotos tamaño carnet por algo así como 1 CUC ou algo así…Pregunta cousas concretas e coméntoche, porque o dos prezos sí que é para estudar, pola diferencia de moeda sobre todo!
Si, se recibes 100 dólares vas MOI sobrado. Tendo en conta que ca libreta o Estado xa che dá moitas cousas, o teu salario, e a remesa non tes problemas. Se non tes a remesa xa terías que inventar algo
Sen fallo polo wordpress, e que estou utilizando unha movida que me ofrecían co host e aínda non controlo un carallo, pero bueno, pouco a pouco! Graciñas de tódolos xeitos