Residencia

Música: Daft Punk – Around the World

Neste post vou describir o mellor posible como é a Residencia, onde está, en que condicións e como vivo nela. É moi importante que pensedes que esto non é un país occidental, e que aquí as condicións de vida non son, nen de lonxe, semellantes ás de Compostela.

A Residencia (ou Beca, como se lles chama aquí), é un complexo de 2 edificios de 20 plantas cada un, que están comunicados polo piso 3 a través dunha especie de patio exterior que ten unha piscina.

Está situada en 12 e Malecón, entre 1ª e 3ª [Se vedes un plano é moi fácil ubicala), a unha media hora andando da miña Facultade, e a outra media hora en bus do centro da cidade

Antes de 1959 eran pisos de luxo, que foron expropiados pola Revolución. Convertéronse en vivendas para personal de embaixadas dos países aliados de Cuba. Aquí podían meter máis de 80 familias de embaixadores, e demais personal nunhas condicións moi boas. Ca caída do bloque socialista europeo, todas estas familias foron retornando ós seus países de orixe a medida que se perdían as relacións co goberno cubano. Así, esto foi reconvertido en residencia universitaria, na peor época económica cubana dende a Revolución, o Periodo Especial. Pouco a pouco, foron convertíndose na antítese dos pisos de luxo que foran nos anos 50.

Nos pisos inferiores están as salas comunais: unha cafetería, un garaxe para coches estatais, o comedor, un aula de informática, a sala que controla a electricidade…

A partir do piso 4 comezan as habitacións para estudantes. A residencia está distribuída da seguinte forma: Cada piso ten 2 áreas (A e B), e cada área ten 4 habitacións de 6 persoas (excepto a habitación 04, que é onde vive o xefe de área, que é só de 2 persoas). Hai certas áreas que non teñen estudantes, e que se conservan relativamente ben, onde viven profesores ou persoal (eu estiven na casa da médico da Beca, e realmente sí debían ser pisos de luxo). Unha directiva de fai 2 anos obriga a separar as áreas por sexos, algo que nunca se fixera aquí (podías vivir con xente do outro sexo sen problema ningún), pero realmente é moi fácil atopar xente que non durme soa. Parece ser que a directiva veu de arriba e a xente que dirixe a Beca non tivo especial interés en facer que se cumplise.

Eu vivo no piso 16, área A, habitación 01. O edificio no que non vivo eu ten un ascensor, no que sí vivo eu, ten 2, pero un non funciona. O outro non tiña luz (acojonaba moito subirse, por certo), pero arreglárono fai uns días xa. É importante dicir que o ascensor acostuma a funcionar, por agora só me coincidiu ter que subir andando 2 veces. O ascensor para cada 2 pisos, e non cada un. No meu edificio para nos pisos impares, polo que teño que subir ou baixar un piso cada vez que o utilizo. A luz que hai polos pasillos non funciona, así que ves o pouco que permite a escasa luz exterior que entra.

Que é a area? Consiste no que en tempos era un salón bastante amplio, que está totalmente vacío, ao lado hai outra sala que ten unha mesa por se necesitas estudar (ten unha pata coxa, así que tampouco sirve de moito…), unha sala que debía ser unha cociña, porque ten un grifo que non funciona (é o único que ten, parece ser que alguén se ofreceu a traer un hornillo, estamos pendentes de que alguén se decida a traer unha neveira). Ó lado da “cociña”, está un lavadeiro con 2 grifos onde podes encher os cubos de auga (xa explicarei esto despois) e lavar a roupa. Un dos grifos está roto, e tiña un pao metido para que non saíra auga. Onte, non sei por que, saíuselle a un namibiano cando lavaba roupa, e case se inunda toda a área, pero conseguiu meter o pao de novo a cambio de ducharse alí. O outro grifo está en perfectas condicións. Hai un baño para as habitacións 02, 03 e 04, que non ten auga, pero parece ser que arreglarán pronto (eu teño sorte, na habitación 01 temos un baño para nós dentro) Ademáis hai unha terraciña, que a veces se usa como tendedeiro (hai cordas por toda a área para colgar roupa), pero na que xeralmente é onde está a xente de diferentes habitacións falando. Non vos podedes imaxinar as vistas que hai aquí, por algo eran pisos de luxo: cara un lado, o Malecón e todo o Caribe, para o outro, toda a cidade

A habitación: 3 literas, 4 taquillas e un minitrasteiro por se queremos meter algo. Xa está. Yuriel trouxo unha mesa para el e un equipo de música. Elvis conseguiu 3 sillas e cando marchou deunos 2, e Lázaro soe ter comida. Eu vou intentar conseguir un ventilador. Así imos conseguindo as cousas. Tamén hai unha porta que dá ao baño. [Esta é a parte máis escatolóxica, síntoo]. Tampouco temos auga, e nós si que non temos esperanza de que o arreglen (as cañerias deste baño veñen do piso de arriba e inundan nonseique, así que a curto prazo non teremos auga). A ducha é como unha bañeira de grande, pero temos que utilizar cubos para ducharnos. O proceso é o seguinte: enches o teu cubo no grifo do lavadeiro (por certo, carísimos os cubos aquí, non sei por que), e lévalo ó baño. Cortei unha botella á metade para poder botar a auga ós poucos e non ter que levantar o cubo de cada vez. Se quedas sen auga, jódeste e saes da ducha. Isto hai que facelo 2 ou 3 veces ó día, porque o calor é insoportable. Se queres utilizar o baño (sen tapa nen nada parecido, evidentemente), para “tirar da cadea” utilizas o teu cubo. O problema é que non podes tirar papel, porque se atasca (e entón si terías un verdadeiro problema), así que tes que tirar o papel que acabas de utilizar nunha papeleira que tes ó lado. O grifo tampouco ten auga, así que por se queres lavarte (xa sexa a cara, os dentes, ou o que queiras), o que se fai é encher unha botella de litro e medio e utilizala a modo de grifo.

Na miña habitación eu tiven sorte porque Elvis levaba xa un par de días aquí e limpara todo o baño perfectamente. Non temos escoba ou recolledor ou fregona ou algo parecido (é unha das compras prioritarias), e a Beca non se utilizou en todo o verán, e, por conseguinte, tampouco se limpou. Imaxinade como podía estar despois de 2 meses vacía. O problema esencial son as cucarachas, que poden medir máis que o meu dedo gordo. Non hai moitas, pero matas 1 ou 2 ó día. De tódolos xeitos, fai unha media hora que veu o equipo de fumigación, así que en principio, un problema menos. Lázaro ten un tío químico, que lle vai conseguir un veneno por se acaso quedan aínda, así que en breves xa non teremos cucarachas e formigas na área.

A comida: é totalmente gratuíta, polo que poderías vivir sen pagar absolutamente nada en alimentación. Unha educación gratuíta de verdade, a ver se toman nota en Galiza. Agora ben, a comida aquí deixa que desexar: polas mañás danche un vaso de leite fría con pan (a veces é pan só ou a veces un bocata de algo), para comer danche arroz (parece ser que hai problemas de distribución no arroz, así que onte non tivemos), con frijoles e, con sorte, algo máis. Por agora comín 2 días carne de polo (ó non ter arroz trouxeron carne, o cal é bo). De primeiro danche un potaxe (teño que sacarlle unha foto, porque o propio instinto de supervivencia diche que non o comas), pero unha vez o probas está comible. Danche pan, e algúns días xugo de guayaba, que non me gusta moito, pero polo menos é algo de froita (falando de froita, fai uns días puxeron plátano aplastado, unha cousa chunguísima, pero que parece ser que aquí se come bastante). A cea é parecida á comida, pero cunha cantidade un pouco inferior.

Ó principio falara dunha piscina, e supoño que por inercia pensastes que tería auga. En realidade a piscina sirve como vertedeiro. A xente, en lugar de facer as súas bolsas de basura, tende a tirar as cousas pola ventana, e moitas rematan alí. É un perigo cruzar dun edificio ó outro polo que veña de arriba, é moi recomendable ir pegadiño á parede.

O que son as escaleiras dos 2 eficios tamén estaban asquerosas, pero fai uns 3 días organizouse unha xornada de limpeza onde todos os estudantes que estiveran na Beca tiñan que traballar. Tirouse todo o que era para tirar (podías atopar folios, bolsas de basura, caixóns rotos, etc polo edificio), e dende o piso 20 comezouse a botar auga cara abaixo. Os xefes de área tiñan que organizar á xente para que tiraran todo, e despois, cando chegara o auga do piso superior, ir barréndoa para mandala ó piso de abaixo. Así até o baixo, onde se tirou todo ó alcantarillado. Dende esa mellorou sustancialmente a hixiene dentro do edificio.

Todo parece un caos, pero pouco a pouco as cousas van funcionando, e o aparente desorden ten bastante máis sentido do que parece. O certo é que a administración ten mérito polo bo traballo que realiza para esas cousas, porque non é fácil controlar 1100 estudantes.

Bueno, pois así vivo. Podedes criticar a situación todo o que queirades, a idea do post é esa. Pero tamén pensade que sen esto, o 90% dos estudantes que están aquí non poderían estudar.

10 respuestas para “Residencia”

  1. Aida dice:

    La parte del baño sí que es un poco desagradable, y tengo que decir que no podría tener una cucaracha a menos de 1 metro de mi.

    Si miras el lado bueno cuando tienes que salir a por agua mientras te duchas es que frío no vas a pasar! Hay que ser positivos xD

    Porqué son caros los cubos? O.O
    (Será algo como las sillas aquí en España? Porque las sillas parece que vienen bañadas en platino xD)

    Hay más que comentar, pero está amaneciendo, solo espero que sigas escribiendo! Otra cosa no, pero me lo paso bien leyéndote xD

    Un besazo! Y suerte con las cucarachas!

  2. tuanai dice:

    Supoño que será duro adaptarse a esa nova situación. É un meritazo o ben que o levas e dende aquí envíoche moitos ánimos.

  3. jose dice:

    Espero que a satisfacción que transmites no blog, sexa fruto do proveito que estás sacando das experiencias acumuladas na tua estancia en Cuba. Recorda que estás para facer terceiro de económicas…….
    Preocúpame o de que tiveches que ir a habitación da Médico da Beca (foi por algo de saúde tua?). Só unha recomendación, a limpeza das másn é a base de non coller unha infección. Por favor ten coidado nese tema.
    Comenta o de porqué é complicado o do teléfono dende Cuba.
    Podes acceder libremente a Internet?. Onde? só nos hoteis ou tamén na Residencia ou na facultade.
    Tés actividade deportiva, podes xogar o baloncesto?
    Intenta contestar a algunha destas cuestións que nos teñen preocupado.
    Ánimo que os problemas seguro que se poden solucionar.
    Unha aperta moi forte.
    P.D. É posible mandarte algo dende aquí? Cómo?
    Outra aperta.

  4. Charly dice:

    Q pasa Outes!! flipante crónica!!Vaya movidas!!
    Por aqui todo sigue igual…aprovechando este último mes de vacaciones!
    Se me escachó el disco duro que pillaramos en APP, 1 tb de datos a la mierda…casi me da algo pero lo estoy superando xdd sabes si tiene garantia? y lo más importante: probabilidades de recuperar algo? supongo que serán ínfimas ya que NO CIRCULA LA ELETRICIDAD EN EL. Ha muerto :(

    Por cierto es el 2º coment que escribo, ya que en el primero “no supere la prueba de matemáticas” jaja
    1abrazoo :)
    Flight of Icarus

  5. Outes dice:

    @jose:
    Si, estou pra facer 3º de Económicas…Xa o seeeeeeei! Estou estudando xa, que as clases molan tanto que chapo por placer!
    Tiven que ir ver á médico porque nos fan unha revisión ó entrar na Beca por ser estranxeiros. As análises daranmas a semana que vén, pero non te preocupes, non tiven ningún problema físico dende que cheguei, e eso que de vez en cando bebo a auga da Beca pra ir acostumándome! E outra cousa non fago, pero lavarme dende logo que si, porque ca de veces que me ducho…
    Internet podo acceder “libremente” nos hoteis, na Beca temos aula de informática e ten uns horarios determinados (o ancho de banda pra toda a illa é moi baixo, e só podemos usar internet de vez en cando…) e creo que na miña facultade tamén, pero aínda non preguntei!
    Atopei varias canchas de baloncesto, o que non atopei foi xente que xogue…Polo momento corro polo Malecón, que pra manter algo a forma sírveme!
    O das tarxetas pra chamar vouno preguntar na Beca, que seguro que a xente sabe, pero aquí o tráfico de información vai algo lento, así que tardarei en enterarme! Pero mellor iso que ser estafado nalgunha tenda pra turistas! E non teño nin idea de cómo mandar cousas aquí, pero tampouco necesito nada! Se me mandárades unha fregona sí que o agradecería, pero polo demáis vou sobrado, en serio! Non vos preocupedes tanto que esto pode lelo todo o mundo e vaia imaxe damos!!jajajaja

    Un bico

    @charly: eu cando formateei sen querer o HD puiden recuperalo, hai programas por aí que che zafan a maioría dos datos, pero se morreu eu creo que o levas crudo! Pregunta en APP a ver que din, garantía igual tiña 1 ano, pero creo que xa nos pasamos…Espero que se gardaran as medallas do TMNF!!
    Prueba de matemáticas: FAIL. Todo o mundo se equivoca a 1ª vez, sodes uns inútiles

  6. knithx dice:

    ¡Joder con los comunistas como se lo montan!

    ¿Os regalaron un chandal Puma al llegar?

    Queremos fotos!!! Cuidate mucho ante todo :)

  7. Gabriela dice:

    Eso del plátano “aplastado” no serán tostones, no?
    Ah, por cierto, se va notando el pequeño cambio radical respecto a Compostela por lo que veo :P

  8. Outes dice:

    @Gabriela: Pois aquí non lle chaman tostóns. Non che podo dicir o nome, porque non entendo un carallo da pronuncia, pero xa che digo que así non se chamaba…
    Si, pequeno cambio radical: aquí podo estudar gratis.

  9. TitoXose dice:

    Animo, otros han ido a la mili cuando se hacía con lanza.
    Difruta y estudia o disfruta estudiando o estudiando disfruta, bueno eso.

  10. Jorge dice:

    hombre,tanto como enseñanza gratis,ahorrar si ahorran en daros mimos a la hora de comer o de poder ducharos…tio,sigo prefiriendo vivir con los sucios capitalistas,k m dan agua,luz,etc.pagando pero teniendolas,xd,cuidate anda,un abrazo (sabes k yo critico siempre :P)

Dejar una respuesta