Algúns datos sobre Cuba

Poboación: 12 millóns de habitantes
Cuba non é unha illa, é un arquipélago formado por máis de 500 illas!
Extensión: 110.860 km²
Esperanza de vida: 78 anos
Huso horario: -7
Tasa de alfabetización: 97% [Declarado páis libre de analfabetismo]
Capital: La Villa de San Cristóbal de la Habana
Moeda: peso cubano e peso cubano convertible.
Tipo de cambio: 1 peso cubano convertible = 25 pesos cubanos. 1€ = 1.3 pesos cubanos convertibles
Relación médico / paciente: 170
Chegada de Colón á illa: ano 1492
Chegada de primeiros esclavos: ano 1522
Abolición da escravitude: ano 1886

12 respuestas para “Algúns datos sobre Cuba”

  1. Tirso dice:

    Animo Dios! todo o que escribes está xenial, sigueo facendo. Somos moitos os que te lemos dende a terra

    Unha cousiña, ¿como é o tema da relixión? ¿por alí hai igrexas e tal?

  2. Tirso dice:

    3 veces fallei na proba de matemáticas! sumar non é “áñadir” :@

  3. Outes dice:

    @Tirso: Hai igrexas de todos os tipos. Fai uns 15 anos ou así Fidel fixo unhas declaracións sobre a Igrexa que lle daba de novo moito máis marxe de actuación. Dende esa houbo unha especie de efecto rebote, e está de moda crer en algo. Hai bastantes igrexas, estiven nunha sinagoga, e as relixións africanas teñen bastante peso entre os descendentes de escravos.
    Pero bueno, hai bastante postureo tamén nese sentido, xente con crucifixos colgados e tal. Nin idea de datos sobre o número de xente crente
    A ver se escribo con máis calma sobre iso!

  4. tuanai dice:

    Como tedes distribuidas as vacacións? Celébrase o nadal? Sabes algo da academia onde se estuda danza? Creo que ten moi bo nivel e ó mellor podes ir ver algunha actuación do ballet de cuba.
    Por certo, xa vexo que escribes por aquí, pero pásate algo polo correo porque estou a espera de que me respostes o do banco.

  5. Outes dice:

    @tuanai: As vacacións son semellantes ás de Galiza, pero máis curtas todas! Si, celébrase Nadal.
    Atopei o Museo da Danza, cando teña carnet de estudante irei. Si, en Cuba están os mellores grupos de ballet do mundo, xa me dixeron que tiña que ir ver algunha actuación. Unha vez máis, á espera do carnet, que creo que me darán mañá!
    Xa che mandei un correo onte…

  6. Laura dice:

    Sabes que este blog é referencia en tuenti-debates sobre marxismo? :)

    Sigue escribindo!!

  7. Piter Ortueta amigo de la.... dice:

    Aupa ahí! que tal todo tío? que saibas que descubrin o blogue grazas a un merdadebatetuenti! xa o seguirei mais a miudo!
    Apertas!

  8. Piter Ortueta amigo de la.... dice:

    por certo, tardei en aprender mates, pero á segunda xa o collera….XD!

  9. Outes dice:

    @Piter Ortueta amigo de la…: Só te equivocaches 1 vez, eres dos que mellor o fixeron!

    @Laura: como é eso de tuenti-debates?

  10. Laura dice:

    Antes de nada, dicir que SEMPRE puiden deixar o comentario á primeira. Unha vez limpada a honra dos filólogos mancillada por Tirso… como que que é iso de tuenti-debates? Típica foto na que empeza a comentar a xente como tola! Desta vez en relación ao marxismo, socialdemocracia, trotskismo, stalinismo… e Cuba, polo que falaron deste blog!

  11. Outes dice:

    @Laura: estasme falando dun evento? Se non non sei o que dis…

  12. Laura dice:

    “Típica FOTO na que empeza a comentar a xente como tola!”

    :)

Dejar una respuesta