Acto pola liberación dos 5 Heroes.

Hoxe pola mañá (Sábado, día 12) levouse a cabo un acto en solidariedade cos 5 heroes, coincidindo co 11º aniversario da súa detención.
René, Gerardo, Fernando, Antonio e Ramón foron detidos fai 11 anos e acusados de terrorismo. Estos 5 cubanos estaban infiltrados nas organizacións terroristas de Miami, co único obxectivo de conseguir información en caso de atentado contra Cuba. Chegaron incluso a dar información ó goberno yanki sobre a existencia de armas en Miami que podían ser utilizadas tanto en USA como en Cuba. A resposta yanki foi a súa detención e a condena, nun xuizo case sumario, polas presións mediáticas de todo o sector máis reaccionario de Miami. As condenas suman 4 cadenas perpetuas e 77 anos de prisión. Sen embargo, o xuizo foi finalmente invalidado ante a parcialidade do xurado e as presións recibidas, polo que debe ser realizado de novo. Con esto, o xuizo ós 5 é o máis longo de toda a historia dos Estados Unidos.
O acto realizouse na Tribuna Antimperialista, diante da Oficina de Intereses Yanki. Dende as 8:30 até as 10:00, sucedéronse unha serie de Premios Nacionais de Poesía, que leron as súas obras en solidariedade cos 5 heroes. Tamén actuaron grupos de música, cantautores e o Coro Nacional de Cuba. Ante varios miles de persoas, o Presidente da Asamblea Nacional do Poder Popular de Cuba, Ricardo Alarcón de Quesada, deu un emotivo discurso, con palabras de respeto cara Obama (algo que non me esperaba) e un ton totalmente despectivo contra a familia Bush. Finalmente, cun “Hasta la victoria, siempre!”, pechou o acto.
É moi interesante a solemnidade ca que se fan este tipo de actos. Despois de 50 anos de Revolución e 11 de espera pola liberación dos 5, podería sonar un chiste estar alí escoitando estas cousas, pero moita xente está moi motivada respecto a este tema. As ganas de que volten a casa son latentes na xente, e parece que hai moitas esperanzas postas en que Obama leve a cabo un cambio na política exterior yanki con Cuba.

Dejar una respuesta