- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Somalia: os outros piratas
Artigo orixinal por Jorge Luis Rodríguez González, publicado no xornal Juventud Rebelde, Sábado 12 de Setembro de 2009
Os piratas que operan nas costas somalíes e o Golfo de Adén son presentados polos medios de (des)información como os villanos das historias que contan, mentras que a militarización na rexión impulsada por Estados Unidos, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e a Unión Europea (UE) é encumbrada, pois garantiza a protección desas importantes rutas comerciais, por onde circulan cada ano 20.000 buques.
Pero nesta historia tamén existen outros bandidos que fan das súas en silencio, ca complicidade das transnacionais mediáticas e sen que as potencias levantaran un dedo ó respecto.
Dende o colapso do Estado somalí en 1991 ca caída do goberno de Mohammed Siad Barre, a vida institucional do país é un caos total. Non existen bancos que regulen unha política monetaria para evitar a inflación, nen leis que poñan unha orde civil. Un exemplo da magnitude da disfuncionalidade estatal é que o Executivo entregou as súas finanzas a unha consultoría privada estadounidense para que as administre e tranquilice ós proveedores internacionais de fondos.
No medio deste vacío legal e dunha guerra que se fai eterna e trouxo consigo a desintegración da forza naval e gardacosteira nacional, numerosos barcos estranxeiros usaron as augas somalíes como un basureiro para verter desfeitos tóxicos e nucleares, ou saquearon os recursos pesqueiros (principalmente atún e langosta, moi codiciados no Primeiro Mundo) durante 18 anos, a través da pesca ilegal, aproveitándose de que non existe unha autoridade que regule as súas faenas.
Outros operaban con licenzas concedidas polos denominados “señores da guerra”, que na década dos 90 disputaban o control do poder político e económico do país, polo que os contratos eran ilegais, e os fondos que pagaban estas compañías pesqueiras servían para manter o conflicto.
Só en 2005, nas augas somalíes podían estar operando uns 800 pesqueiros, segundo reportes da High Seas Task Force citados por Somali Press Review, mentras que a FAO daba conta de 700 embarcacións, e asegura que é imposible calcular o saldo total do saqueo.
A ganancia que deixa a pesca ilegal en Somalia está valorada en 450 millóns de dólares anuais (cinco veces o valor da axuda humanitaria destinada nese país); pero desa grande suma non sae un centavo pra pagar impostos nin para compensar ás comunidades pesqueiras cuxo único sostén é esa actividade, fundamentalmente despois das enormes sequías que sufriu ese país e que obrigou a moitos somalíes a desplazarse ó litoral costeiro (máis de 3.000km)
Entre os países que estiveron á cabeza da pesca ilegal na rexión dende 1991 atópanse Italia, España, Grecia, Gran Bretaña, Corea do Sur, Xapón e Taiwan.
Algunhas compañías mafiosas coma AFMET e SAMICO, que á súa vez contaron co asesoramento técnico das inglesas McAllister Elliot e Partners, tiveron a autorización de varios “señores da guerra” para conceder licenzas de pesca. A empresa española Pescanova e o grupo francés Cobrecaf estiveron entre as licenciadas por estos contratos entre ladróns.
Estos son os outros piratas, a outra parte da moeda á que non lle dá o Sol…Mentras, poderosos barcos de guerra invaden o mar somalí, pretendendo protexer o comercio internacional, pero sen defender os recursos mariños desa nazón africana.
18. Septiembre 2009 en 02:51
O que nunca será editado en El País