- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Xoves, 19 de Maio de 1977
Fai uns días caeu nas miñas mans o Granma do 17 de Maio de 1977. Decidinme a escribir un post cun resumo do que contou ese día.
O día anterior fora a clausura do V Congreso da Asociación Nacional de Agricultores Pequenos [ANAP], no cal Fidel Castro deu un discurso. O Granma reproduce integramente nas súas páxinas 2, 3 e 4 o discurso: 3 páxinas DIN A3 cunha soa foto. Nel fai un repaso histórico da reforma agraria levada a cabo despois da Revolución (desto si que farei un post extenso, porque é un tema que me interesa especialmente). Un dato interesante: máis do 70% das terras eran estatais.
“Para marchar hacia formas superiores de producción hay que utilizar estas dos vías: la integración a planes y las cooperativas”. Os campesiños dispoñían dun 21% das terras cultivabeis, e Fidel fai un chamado á formación de cooperativas nestas terras (se son grupos de terras cercanas) ou á unión cas granxas estatais (nas terras illadas cercanas a zonas estatalizadas).
“Y no hay que crearle forzosamente opciones al campesino, que tenga que ser en el plan estatal e la cooperativa. Que decida él, incluso si prefiere permanecer como campesino independiente.” A idea de colectivización forzosa non estaba pra nada contemplada nos regulamentos revolucionarios. Fidel dá unha grande cantidade de datos sobre as cooperativas existentes pra ver os seus avances, pero di que se é necesario esperar 30 anos para que un campesiño se cooperativice, haberá que esperalos. No Museo da Revolución pódense ver algúns documentos da época que chaman á non precipitación na creación de cooperativas.
Por outra banda, dedica bastante tempo a explicar a necesidade da cooperativización e colectivización para poder aplicar plans sanitarios, hixiénicos e educativos de forma máis productiva. A unificación de terras simplificaría o traballo estatal nestos aspectos, e reduciría o custo.
“Con todo lo que nos digan, muchas veces las mujeres demuestran que son más revolucionarias que los hombres (APLAUSOS)”. Como alegato a non manter un minifundismo illado, fala sobre as necesidades das mulleres (sobre todo nas dificultades dun parto) e das posibilidades dos nenos que teñan mellor acceso á educación. A súa análise social sobre o tema está fundamentalmente centrada no aspecto das mulleres e os nenos.
No plano económico: “Es de vital importancia para el país la elevación de la productividad por hectárea y cultivar hasta la última pulgada de tierra”. Cuba ten unha poboación relativa ó nivel de China, cuns 90 habitantes por quilómetro cadrado, e, como arquipélago que é, non ten grandes territorios para a produción agraria. Posiblemente este sexa o elemento central da intervención: é necesario elevar a produtividade. Os esforzos estatais irán centrados neste aspecto. Durante a tiranía de Batista o país dedicábase a producir azucre pra exportar a USA esencialmente, polo que a diversificación tamén foi moi necesaria, e así conseguir abastecer ó país. É interesante como Fidel fala do azucre, xa que existe “discreción azucarera” e os datos da súa produción non son coñecidos. Medida tomada polas presións internacionais que recibirían de saberse certos datos.
Finaliza o discurso cun alegato á Revolución, ás súas ideas e á resposta popular no tema agrario. Pecha o discurso cun “PATRIA O MUERTE! VENCEREMOS!”. A elocuencia de Fidel como orador é palpable cada vez que se lle escoita, e incluso lendo é moi difícil non disfrutar da súa forma de expresarse. Debería ser estudado en clases de expresión oral, porque dende logo vale a pena.
Por outra banda, o 19 de Maio é o día da morte de José Martí, e o día do nacemento do Camarada Ho Chi Minh. Un artigo de dúas columnas fai un repaso histórico da vida do vietnamita. Sobre el: “Uno de los discípulos más preclaros del leninismo”, ou “De cultura universal y prolífera, su lenguaje fue siempre directo y llano. Era maestro, periodista, poeta, fundador de un Partido para la lucha revolucionaria [Foi cofundador do Partido Comunista Francés e fundador do Partido Comunista de Indochina], vida un tanto paralela a la de José Martí, quien hace un siglo descubrió para los niños de América la grandeza del pueblo vietnamita, de la cual Ho Chi Minh fue su más genuína representación”. Faise incrible ler un artigo sobre un comunista que diga cousas boas del! Imaxinades algo así publicado en El País?
Moitas noticias culturais e deportivas nas últimas 2 páxinas (dun total de 8).Nas noticias breves (unha sección que se chama “Hilo Directo”, que aínda se publica agora) atopas cousas como: “Intento yanqui de controlar el Atlántico Sur”, “Hacia la agricultura capitalista en Portugal”, “Más de 500 millones de niños con hambre” ou “Solicitan nacionalización de latifundio de McNamara”.
A contraportada son noticias internacionais e artigos de opinión: “Impresiones de una breve visita a Guinea”, “Miles de vietnamitas recuerdan a Ho Chi Minh en el 87 aniversario de su natalicio”, “Acuerdan los países miembros de la OTAN aumentar anualmente sus gastos militares”, “Se reunirá en Moscú el comité de cancilleres de los países del Tratado de Varsovia” ou “Señala Cuba necesidad de apoyar a las fuerzas patrióticas que luchan en Sudáfrica, Namibia y Zimbabwe”.
E esto é o que comentaba un xornal cubano en 1977, se alguén está interesado en saber algo sobre ese día que pregunte e miro se pon algo o Granma!