Juan Almeida Bosque

Como non podía ser doutra forma, teño que escribir unha pequena entrada sobre a vida do Comandante Juan Almeida Bosque. Toda a información está sacada do Granma, Juventud Rebelde e Tribuna de la Habana destos días, así que posiblemente na wikipedia atopedes máis sobre el. Pero bueno, por intentalo que non quede!Algúns datos biográficos xa os dixen nun post anterior, así que comezarei a súa traxectoria ós 25 anos, cando Batista accede ó poder de Cuba despois dun Golpe de Estado. Nesta época coñecerá a Fidel Castro na Universidade, onde traballaba no balneario da Habana, onde era taquilleiro (non puido estudar máis de 9º grao por falta de diñeiro) pra manter ós seus 11 irmáns. A partir deste momento estará estreitamente ligado á figura de Fidel, sendo entrenado por el no grupo que asaltaría o Cuartel Moncada. O 26 de Xullo de 1953, despois do fallido asalto ó Cuartel, é detido xunto a outros guerrilleiros, como Raul ou Fidel.
Durante o xuizo afirmou que volvería realizar o asalto aínda sabendo que fracasarían, e que a súa motivación era a de “Yo quiero que triunfe la Revolución para que sea el pueblo el que dé las órdenes” (Extracto do xuízo, Sala do Pelo da Audiencia de Oriente, Setembro de 1953). Pubícanse varias fotos súas durante esta época, un rapaz baixiño, moi delgado e negro. Tíñaas todas para ter unha vida dura.
Será amnistiado en Maio de 1955 xunto cos seus compañeiros (incluído Fidel) despois dunha longa presión popular dirixida por Echeverría. Exiliarase en México, onde coñece a outros importantes cadros da Revolución, como o Che, mentras se preparan para a expedición do Granma, na cal será un dos tres capitáns xefe.
O día 5 de Decembro de 1956, cando se dispersan os combatentes, Almeida dirixirá un grupo de 4 homes, entre os que está o Che. No libro “¡Atención!¡Recuento!”, escrito polo propio Almeida, cóntanse as súas vivencias durante a época da guerrilla. Cando comezan os disparos, dirixíndose ó Estado Maior en busca de ordes (”Miro a un lado y encuentro a Che herido en el cuello[…]”), escoita un grito dun esbirro pedindo a súa rendición, aquí pronuncia a súa famosa frase “Aquí no se rinde nadie, carajo!”. Continúa o relato da súa fuxida, inicialmente só co Che, e despois con outros 3 homes que atopan no camiño.
Dende o día 5 ó día 14 forman un grupo de 8 persoas (entre as que están Che e Camilo Cienfuegos). O día 21 atópanse co grupo de Fidel e Raul (nun post anterior dixera que Almeida formaba parte do grupo inicial onde se atopan Raul e Fidel, pero non era así. Eso pasa por fiarse do boca a boca.) Neste momento fórmase un grupo de 15 expedicionarios.
O 28 de Maio de 1957, na batalla de El Uvero (que sería recoñecida como a “Maioría de Idade” do exército rebelde polo intelixente da súa actuación), Almeida é alcanzado por 2 balazos, que lle impactan no peito e nunha perna. (A camisa que levaba ese día está exposta no Museo da Revolución)
No ano 1958 será ascendido a Comandante e dirixirá o III Frente Mario Muñoz Monroy, que loitaría nas zonas rurais de Santiago de Cuba.
Unha vez triunfa a Revolución, ocupará diversos cargos de gran relevancia. No ano 1960 convertirase no Xefe do Exército Rebelde, e formará parte do Buró Político do Partido Comunista de Cuba dende a súa fundación en 1965 á actualidade, á vez que foi Deputado da Asamblea Nacional do Poder Popular de Cuba dende a súa primeira lexislatura. Sería o primeiro representante da Revolución que se reuniu con Nelson Mandela despois da súa liberación.
Como curiosidade: No ano 2007, na cidade de Las Tunas, recordando o seu pasado de limpabotas, limpou os zapatos dun traballador no medio da rúa. Hai unha foto realmente curiosa da escea, non sei se circulará por Internet. Un señor de 80 anos vestido de branco limpándolle os zapatos ó traballador.
E esta foi, a grandes rasgos, a súa vida como guerrilleiro e Comandante da Revolución.

Dejar una respuesta