Archivo para 18. Septiembre 2009

A miña cama!

Réxime Demográfico Cubano

Algúns índices demográficos [Ano 2000. 1ª Columna: Datos do Mundo. 2ª Columna: Datos dos países desenvolvidos. 3ª Columna: Datos de Cuba]:
Taxa de crecemento da poboación:    1.4                 0.3             0.4
Taxa bruta de reprodución:                1.36             0.78            0.77
Taxa de mortalidade infantil               57                    9               7
Esperanza de vida                                66                 75             75
Grado de urbanización                        45                 75              75
Como podemos ver, Cuba ten un réxime demográfico moi semellante ós países desenvolvidos. A transición demográfica tivo lugar dende o triunfo da Revolución até mediados dos anos 80, cando o número de nacementos tendeu a diminuir, e na actualidade a poboación mantense e incluso pode chegar a descender. Un factor decisivo foi a introdución da muller no mercado laboral, o que levou a uns rápidos descensos do índice de fertilidade.
Non existen políticas de natalidade directas na actualidade (algo que posiblemente cambie no medio prazo), pero sí moitos incentivos indirectos (axudas no coidado de nenos, ou un permiso por paternidade dun ano, o máis alto do mundo). Ademáis, as mulleres xubílanse ós 60 anos (os homes ós 65, descoñezo os motivos), polo que son 5 anos máis ó que se lle ten que pagar un pensión ás novas xubiladas en relación a un país desenvolvido.
É moi interesante esta situación, xa que Cuba presenta unha situación totalmente extrapolable a Occidente, pero é un país subdesenvolvido económicamente, polo que os recursos son moito máis limitados. Así, preséntase unha situación moi delicada para as autoridades no medio - longo prazo, cando a tendencia se agudice e o índice de dependencia [Número de poboación menor de 16 anos e maior de 65 respecto ó total], invirta a súa situación actual e comece a aumentar.

Nota: Os datos son do ano 2000. Producíronse cambios en todos os aspectos, pero que demostran a tendencia (por exemplo, a mortalidade infantil está en 5.7 en Cuba, e a esperanza de vida case en 77 anos), en Occidente a situación varía nun nivel semellante. Entendemos por Países Desenvolvidos ó Norte de América (excluído México), a UE-15, Xapón e Australia.

|