- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Réxime Demográfico Cubano
Algúns índices demográficos [Ano 2000. 1ª Columna: Datos do Mundo. 2ª Columna: Datos dos países desenvolvidos. 3ª Columna: Datos de Cuba]:
Taxa de crecemento da poboación: 1.4 0.3 0.4
Taxa bruta de reprodución: 1.36 0.78 0.77
Taxa de mortalidade infantil 57 9 7
Esperanza de vida 66 75 75
Grado de urbanización 45 75 75
Como podemos ver, Cuba ten un réxime demográfico moi semellante ós países desenvolvidos. A transición demográfica tivo lugar dende o triunfo da Revolución até mediados dos anos 80, cando o número de nacementos tendeu a diminuir, e na actualidade a poboación mantense e incluso pode chegar a descender. Un factor decisivo foi a introdución da muller no mercado laboral, o que levou a uns rápidos descensos do índice de fertilidade.
Non existen políticas de natalidade directas na actualidade (algo que posiblemente cambie no medio prazo), pero sí moitos incentivos indirectos (axudas no coidado de nenos, ou un permiso por paternidade dun ano, o máis alto do mundo). Ademáis, as mulleres xubílanse ós 60 anos (os homes ós 65, descoñezo os motivos), polo que son 5 anos máis ó que se lle ten que pagar un pensión ás novas xubiladas en relación a un país desenvolvido.
É moi interesante esta situación, xa que Cuba presenta unha situación totalmente extrapolable a Occidente, pero é un país subdesenvolvido económicamente, polo que os recursos son moito máis limitados. Así, preséntase unha situación moi delicada para as autoridades no medio - longo prazo, cando a tendencia se agudice e o índice de dependencia [Número de poboación menor de 16 anos e maior de 65 respecto ó total], invirta a súa situación actual e comece a aumentar.
Nota: Os datos son do ano 2000. Producíronse cambios en todos os aspectos, pero que demostran a tendencia (por exemplo, a mortalidade infantil está en 5.7 en Cuba, e a esperanza de vida case en 77 anos), en Occidente a situación varía nun nivel semellante. Entendemos por Países Desenvolvidos ó Norte de América (excluído México), a UE-15, Xapón e Australia.
18. Septiembre 2009 en 10:38
Chama a atención esa diferencia de 5 anos na idade de xubilación por motivo de sexo, pero en todo caso os datos son sorprendentes tendo en conta as condicións económicas ás que están sometidos polo bloqueo. É increíble como resisten.
20. Septiembre 2009 en 20:14
Leímos hoxe a posibilidade que existe en Cuba, a través dun discurso de Raúl Castro, de reducir os vales de racionamento de comida.Tratan de reducir os subsidios sociais, polo realismo económico. É certo?. Oíches tí algo?
Fala o reportaxe de que o salario medio en Cuba é de 21 euros (unha familia gasta 3 euros en comer o mes). Cómo ves ese tema. Fala algo delo.
Foches ver o concerto “PAZ SIN FRONTEIRAS”. Cómo foi?. As imaxes son espectaculares. Valentía de Juanes e Miguel Bosé.
Despois de ver o catre no que durmes, parece que estés na mili, nos anos 60. Adaptaches xá a túa cama a algo máis cómodo do que se ve na foto……
Unha aperta moi forte.
22. Septiembre 2009 en 00:05
@jose:Os vales de racionamento véñense reducindo xa dende fai moito tempo. A veces hai aumentos puntuais (dan un par de ovos máis ou algo así), pero para nada substancial á comida necesaria para 1 mes. De cando o Período Especial e o pequeno aperturismo que se levou a cabo unha das ideas era que a alimentación fose obtida en 2 dirección: a través da Libreta (a cartilla) e mercándoa. Na actualidade a Libreta é un complemento, todo o mundo merca comida. De feito, o outro día estiven falando cun rapaz sobre iso e botando cálculos é imposible vivir co que dá a Libreta, pero porque xa está pensando como un complemento, non como o total de comida que che dan. Eso morreu a comezos dos 90.
Redución de subsidios sociais nunca, en ningún caso: aumento de pensións, salarios de mestres, etc están á orde do día. É importante entender a situación totalmente desastrosa na que se atopou o país a partir do 93, e agora a recuperación está sendo intensa. Todo o que é reducir subsidios é un tema esgotado, o camiño é o contrario. Económicamente (e esto pode sonar a chiste, pero é certo), Cuba está medrando de novo a un ritmo importante. O ano 2007 Cuba tivo o maior incremento do seu PIB dende o triunfo da Revolución. Pero Cuba sigue dentro do Periodo Especial, e para nada se recuperaron os valores anteriores á caída do bloque socialista europeo.
É un tema que dá moitísimo para falar, do que intentarei ir escribindo con calma, porque se fai realmente interesante. É o tema que máis me apasiona de Cuba, o desenvolvemento económico.
Si, o salario medio pode estar en 21€. Dende o meu humilde punto de vista, o gran problema de Cuba é a falta de capacidade adquisitiva. Xa e dixen por aí que un médico cobra uns 30 ou 40€ ó mes…Os salarios e as pensións estanse aumentando moito nos últimos anos, pero dende logo que aínda falta moitísimo por percorrer pra que a xente poida mercar algo. De tódolos xeitos hai que ter en conta 2 cousas: o Estado proporciona cousas e a Paridade de Poder Adquisitivo existe.
Sobre o 1º: Non é realista afirmar que o salario medio é de 21€ como se tiveras que vivir en Occidente con 21€. Vivenda gratuíta (problemas de vivenda nos últimos anos, tema a tratar tamén), case toda a alimentación garantizada, sanidade totalmente gratuíta (incluídos os medicamentos), educación totalmente gratuíta (xa falei sobre iso), incluso tes un paquete de bens de primeira necesidade mensuais: xabón, papel hixiénico, deterxente, etc. Agora o problema é: e se queres mercar roupa? Ou unha neveira? Con 21€ dende logo non podes ir mercar un par de sofás para a túa casa
Sobre o 2º: Os prezos aquí non son comparabeis a Occidente. 21€ no mercado cubano creme que dan para moito. O problema volve a ser o de antes: a moeda forte nalgúns mercados é o peso convertible, a prezos de mercado occidental. O exemplo paradigmático é o da roupa: véndense zapatillas deportivas de 50€ e ti cobras 20€ ó mes! Agora ben, existen outros mercados en moeda nacional? Descoñézoo. Pero para determinados produtos (o que son electrodomésticos e roupa, esencialmente), dende logo que a xente ten que inventar moito para poder alcanzalos. Como dixen antes, é o problema básico de Cuba, dende o meu punto de vista
A cama é cómoda que flipas! O que pasa é que vós sodes uns tiquismiquis! jajaja