Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog del día 21. Septiembre 2009.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para 21. Septiembre 2009
Concerto pola Paz
21. Septiembre 2009 by Outes.
Fai unha hora que cheguei do Concerto pola Paz sen Fronteiras. Son as 21:25 da noite, e estou totalmente destrozado.
Todo o país estaba mobilizado para este concerto: autobuses dende todas as provincias, liñas especiais na propia Habana, rúas cortadas…Incluso na miña Beca cambiaron o horario do comedor para poder comer ás 11 da mañá e cear ás 9 da noite, e así non perder nada do concerto! Ver resto de la entrada »
Publicado en Música | 7 comentarios »
Ciclo de cine indio
21. Septiembre 2009 by Outes.
Esta semana houbo no cine Chaplin un ciclo de cine indio. Como teño clases tamén pola tarde, non puiden ir a todas as películas, pero estiven por alí 2 días. O cine Chaplin adícase a poñer ciclos semanais: a semana pasada foi de cine mexicano (entereime o último día e por eso non puiden ir), e para a semana serán todo películas gañadoras de Globos de Ouro entre os anos 79 e 89.
As 2 películas que vin foron “Vamos, India!” e “Dhoom 2″. Espero que non todo o cine indio sexa así, porque deixaría moito que desexar! Unha pequena sinopse:
Vamos, India!: Un fracasado xogador de hockey consigue adestrar á selección nacional feminina, un equipo que nunca chega a nada. A misión é conseguir chegar ó Campeonato do Mundo e non quedar últimas.
Unha parvada de película, con algún detalle divertido, pero que non pode aportar moito máis.
Dhoom 2: Un ladrón adícase a roubar os tesouros máis preciados de diversos países. Pero un detective de Mumbai intentará impedirllo, comprando a unha ladrona para que traballe con el.
Esta película sí merece a pena vela. Se vos gustou Transporter, e queredes ver como se paran balas cun skate, ou como disfrazarte de Raíña de Inglaterra en 2 pasos, non podes perdela. Non sabía se rir ou chorar no cine, vaia 2 horas de tumor que pasei alí dentro.
O máis interesante de ir ó ciclo foi coñecer o propio cine e a actitude dos cubanos vendo películas.
O Chaplin só ten unha sala, pero que é enorme. As butacas son de bastante mala calidade, e non hai moito espacio entre unha persoa e outra para o reposabrazos. Faino moito máis interesante para ver como actúa a xente. A pantalla é a máis grande que vin nunca, e realmente pode chegar a ser acolledor.
Se dalgunha forma hai que definir ós cubanos no cine, é esta: non calan. Realmente desesperante estar nunha sala chea. A xente non para de rir, berrar, falar co que ten ó lado ou ca propia pantalla…Incluso hai quen fala polo móbil no medio da película! Non sei se era porque as 2 películas eran malas (estiven noutra película fai un par de días e a xente estaba máis calada), ou porque son así sempre. Para min foi un alivio que a xente as montara tanto, porque as películas deixaban que desexar, pero se se comportan así nunha boa película pode convertirse nun martirio estar alí dentro.
Un aspecto positivo é que practicamente todo o cine está en Versión Orixinal subtitulada. En caso de estar doblada o máis normal é unha doblaxe mexicana, e moi, moi poucas veces verás unha película en español de España (de feito, a xente normalmente comenta: “Esa película vina con acento español, que desastre!”. Non están acostumados, e nótase cada vez que falas diso!). No ciclo de cine indio todas as películas eran en indio subtituladas ó español (uns subtítulos bastante malos, por outra banda…); sen embargo nunha película franco-estadounidense que vin a semana pasada (en inglés) os subtítulos estaban perfectos.
Polo demáis, o prezo dunha entrada é de 2 pesos cubanos (ó cambio, 0.08€), polo que todo o mundo pode ir sempre que lle apeteza. De feito, moita xente vai só ver o principio, e se non lle gusta levántase e marcha. En Dhoom 2 máis de 20 persoas xa se levantaran antes de rematar os créditos do comezo.
Publicado en Cine | 1 comentario »