Concerto pola Paz

Fai unha hora que cheguei do Concerto pola Paz sen Fronteiras. Son as 21:25 da noite, e estou totalmente destrozado.
Todo o país estaba mobilizado para este concerto: autobuses dende todas as provincias, liñas especiais na propia Habana, rúas cortadas…Incluso na miña Beca cambiaron o horario do comedor para poder comer ás 11 da mañá e cear ás 9 da noite, e así non perder nada do concerto!
Ás 11 da mañá saímos da Beca, en dirección Praza da Revolución. O plan era mercar auga e pan con perro (o que vén sendo un perrito caliente) e metelo todo nunha mochila para comer ó chegar á Praza. Con todo esto retrasámonos e non dimos chegado ás 11:30 a onde quedáramos cuns compañeiros da Facultade. A marea de xente que se ía acumulando pola rúa xa era moi considerable.
A eso das 12 chegamos á Praza, e conseguimos colocarnos cerquiña da mesa de son. Estabamos relativamente preto do escenario, pero a medida que a xente se ía amontonando o calor e o agobio ían en aumento. Menos mal que moitos levaron sombrillas (que non son outra cousa que paraugas) e zafamos bastante do Sol até as 2, que comezaba o concerto.
Efectivamente, ás 2 en punto comezou o concerto, con Olga Tañón (unha cantante puertorriqueña con moito prestixio en Lationamérica). A xente volveuse toda tola e o apelotonamento foi xa insoportable. Algúns decidiron marchar, e pouco a pouco a cousa foise aliviando. O concerto en principio debía durar 4 horas, polo que cada grupo (dos 16 que participaban, se non me equivoco) podía tocar só entre 2 e 6 cancións. A medida que pasaban grupos polo escenario a cousa comezou a liberarse algo, e conseguimos facernos un sitiño bastante xeitoso onde estivemos case todo  o concerto. Chama moito a atención a forma de ser dos cubanos nun concerto. Vendo como están pola rúa ou no cine, sorprendeume que case ninguén se puxese a bailar ou mínimo cantar. Todo moi alegre pero moi pouco movemento!
O certo é que a primeira hora foi bastante aburrida, non coñecía a ningún dos que tocaron, e tampouco me chamaron especialmente a atención. Demasiado cubaneo para min!
Victor Manuel foi o inicio do que sería o concerto máis espectacular que vivín nunca (si, estades lendo ben: Victor Manuel). Incluso cantei algunha estrofa! O seguinte foi un tipo italiano que facía funky, e que cantou unha canción que era algo así como “Este es el ombligo del mundo”, que foi a caña. Despois Miguel Bosé cantou outras 4 ou 5 cancións, e xa se animou moita xente (seré tu amante bandido!). Pouco despois saiu Orishas, e eso xa foi colofón. Só tocaron 2 cancións, pero foi moi moi bo. Nótase que son cubanos e que se lles quere moito, porque todo o mundo estaba moi entregado, e sabíanse as letras (non tocaron Nací Orishas, síntoo Charly, non puiden descifrar a letra).
Aquí coñecimos a dous rapaces bolivianos que estudan en Cienfuegos a través dun proxecto do ALBA, polo cal se forman 6.000 médicos de toda América Latina en Cuba, e ó rematar a carreira volven ós seus países de orixe ou son enviados como voluntarios en misións humanitarias a África. Moi boa xente, estivemos con eles todo o resto do concerto, e intercambiamos correos por se imos até Cienfuegos ó longo do curso!
Xa levabamos case 3 horas de concerto, e apareceu no escenario a persoa máis esperada do festival: Juanes. Histeria colectiva e berros por todas partes. Tocou 6 cancións, o que máis. Nunca escoitara a Camisa Negra completa, pero teño que recoñecer que a canción é mala…Síntoo [Por certo, en Miami adicáronse a queimar camisas negras cando se enteraron de que Juanes formaba parte do cartel]. Miguel Bosé subiu a cantar con el a última canción, e dixo que lle informaran de que había 1.150.000 persoas na Praza. Máis dun millón de persoas! Supoño que se fliparon co número, pero a ver se podedes conseguir fotos da Praza, porque metía medo vela chea de xente!
Cando rematou Juanes (por fin) marchou bastante xente, e puidemos colocarnos bastante máis adiante. O seguinte foi Silvio Rodríguez, que só tocou 2 cancións. Máis de 3 horas esperando por el e toca 2 cancións! Realmente emotivo polo que se lle quere en Cuba, pero unha desilusión por velo menos de 10 minutos…Un placer escoitar a Aute (un poeta, todo hai que dicilo), e para rematar subiron ó escenario Los Van Van.
Los Van Van son a orquesta máis famosa de Cuba. Levan case 40 anos tocando dende a súa formación, e dise que é imposible escoitalos e non moverse ca música. Dou fe! Tiveron problemas de son na 1ª canción e todo o mundo se puxo a cantar sen que se escoitara nada! E a partir de aquí xa é indescriptible como foi o final. Despois de 3 cancións subiuse ó escenario case todo o cartel, e comezaron a cantar con eles, cada un ó seu estilo. Todo o mundo se volveu tolo, realmente espectacular! Olga Tañón e Miguel Bosé comezaron a chorar de emoción, e case non puideron despedirse. A xente non paraba de berrar, e estiveron uns 15 minutos no escenario simplemente dicindo que marchaban. Ó final o concerto rematou máis dunha hora tarde, pero foi incrible!
Por agora, o máis espectacular que vivín en Cuba, sen dúbida.

7 respuestas para “Concerto pola Paz”

  1. Noa dice:

    Vaia cartel, é incrible o que ten ese día de significativo pro país. Aki informaron, dakela maneira coma sempre, poñendo en dúbida a intención do acto e sen falar demasiado dos participantes … vese que non son relevantes, excepto se o concerto for en occidente.
    Eu penso que só en Cuba ou, se cadra, en pouco sitios máis se poden vivir situacións tan máxicas.

    Non perdas de vista Cienfuegos pq é precioso e está todo amañadiño (o querido amigo Hugo abriu ben a carteira)

    Cuba va!

  2. tuanai dice:

    Nós seguimos polo canal 24 horas partes do concerto e flipamos coa cantidade de xente que había nesa plaza. Seguro que foi moi emocionante e seguro que pasaches moitísimo calor.A voz de galicia publicou que había 500.000 persoas pero ningunha foto aérea para ver como estaba de petada a plaza.

  3. Jimmy dice:

    ¡Si sólo hubieran quemado camisas negras no habría problema! Pero los anticastistas amenazaron a Juanes de muerte, ¿no lo sabías?
    A mí me sorprendió lo mucho que se hablo del concierto, esperaba menos, aunque en parte fuera “gracias” a las amenazas a Juanes. Yo escuché en el telediario que había alrededor de 1 millón de personas en la plaza, increíble.
    Por cierto, buena idea esta de hacer un blog sobre tus experiencias en Cuba, ya me pondré a curiosear.

  4. tuatia dice:

    Adri no sabía que te gustara tanto Victor manuel, no te preocupes que algún disco debe de haber por casa jajaja y de Miguel Bosé también, tranquilo.
    Bueno me emocioné leyendo lo que cuentas, en directo debió de ser muy emotivo,no me extraña que Miguel Bosé llorara, es de mi quinta por cierto,me recordó aquellos conciertos hace muchos años aquí, ver a Silvio, que pena tan poco tiempo, y tanta gente compartiendo esa música tan variopinta.
    Disfruta y cuidate, duerme de vez en cuando en esa supercama.

  5. Outes dice:

    @Noa: Supoño que a información chegou un pouco desvirtuada a todas partes pola presión mediática de certos grupúsculos vomitivos, pero si, realmente tivo moito de máxico!

    @tuanai: Dise que foi o 3º concerto con máis xente de toda a historia. Xa che aseguro que máis de 500.000 persoas había. O 1º de Maio, ca praza totalmente chea, chégase a 1.200.000 persoas. Creo que ese é o aforo máximo, así que o Domingo tiña que haber menos xente que iso. Ademáis hai que ter en conta o espazo que quitaba o propio escenario ou os equipos (que eran moitos e moi grandes). O do millón de persoas eu non o vexo moi lonxe da realidade…Unha marea humana que non volverei ver na miña vida!

    @StJimmy: Si, xa sabía o das amenazas de morte. Se levan dicindo parvadas sen parar! O das camisas negras era por comentar a tremenda capacidade intelectual de certa xente, sen máis…A modo de exemplo: dixeron que non se podía facer un acto tan vulgar diante de José Martí (O Memorial José Martí está na praza, un monumento precioso), que ían facer unha colecta de CDs de Juanes para pasarlle unha apisonadora por riba, que estudos de certos físicos decían que non había máis de 3000 persoas, que a xente de branco non eran público, se non as Damas de Blanco…E un longuísimo etcétera que dá moitas ganas de rir!

    @tuatia: Oh si CDs de Victor Manuel!! Realmente Miguel Bosé estivo moi entregado, aínda que tocara pouco tempo, foi dos que máis se motivaron. Claro, o máis especial era que toda esa xente estivese alí! Xa che digo, non podo describir a sensación de cando cantaban todos con Los Van Van, o ambiente que había era espectacular. Imaxina, estar na Praza da Revolución no medio de un millón de persoas cantando con 2 bolivianos que acabas de coñecer e estudan para ir de misión humanitaria ó Congo…Non hai palabras!

  6. Anaidoteuprimosegundo dice:

    Por fin te tenho localizado! Como che vai todo?

    Parece que estas a desfrutar da experiencia cubana… Alegrome (ainda que tenha que admitir que o monstruo verde da envexa me esta a rondar ben preto). O concerto tivo que ser incrible… Algo unico, que esperemos que se repita :)

    Por certo, o cantante italiano chamase Jovanotti e a cancion a que te refires titulase “Sono l’ombelico del mondo” (son o onbligo do mundo)… Recomendocho, e un dos mellores musicos italianos (quizais porque e dos mais comprometidos).

    Espero saber pronto de ti (seghireiche os pasos, moso!).

    Bicos!

Dejar una respuesta