La historia me absolverá

Célebre autodefensa de Fidel Castro nos xuizos realizados contra os asaltantes ó Cuartel Moncada en 1953.
Como avogado, permitíuselle a Fidel realizar a súa autodefensa. Este alegato dunhas 60 páxinas volveuse célebre e converteuse en libro.
É un dos textos máis destacados da historia revolucionaria. De forma moi clara, Fidel fai unha análise de como se estaba a celebrar o Xuízo contra os asaltantes e as contínuas presións da tiranía de Batista; Caracteriza brevemente a situación socioeconómica de Cuba durante os últimos anos (Fidel estivera illado durante a súa preparación da defensa, é moi interesante ver como é capaz de aportar datos bastante concretos sobre desemprego ou pobreza sen comunicación co exterior). Critica moi duramente a posición tomada polo Goberno unha vez os guerrilleiros deciden retirarse, producíndose máis de 70 asasinatos durante unha semana sen proceder a detención algunha (sen dúbida esta parte é a máis intensa: como narra torturas por parte do exército ou asasinatos que despois se quixeron encubrir como suicidios). Por último, defende legalmente os seus actos sobre a Constitución cubana de 1940, e explica o seu programa político, baseado en 5 puntos básicos.
Libro clave para coñecer o proceso revolucionario cubano e a posición do seu máximo dirixente. É unha moi boa forma de ver a capacidade intelectual de Fidel Castro, independentemente da ideoloxía de cada un.
Moi recomendable!

Una respuesta para “La historia me absolverá”

  1. Noa dice:

    Algunha recomendación literaria (pouco obxectiva, por suposto) que trouxen dalí:
    - La guerra no fue de fútbol, Eddy Jiménez Pérez
    Eddy é profesor da universidade de comunicación da Habana e pro meu gusto fai unhas reflexións moi interesantes.
    - Ovniología cubana, Jorge R. Bermúdez, artigo de Jiménez Eduardo ( fillo de Eddy e premio nacional de periodismo cultural de 1996)
    - Cecilia Valdés, Cirilo Villaverde, é unha novela histórico-romántica na que se describe a situación social e económica anterior á revolución. Podes atopala no mercadillo de libros que está cerca da praza de armas, na Habana vella. Neste caso poderiamos falar de literatura cubana de masas.

    Teño algunha cousa máis pola casa pro xa che direi pq a man larga, extensa e ladronicia do meu pai debeu de levalos pra outro sitio.

    Saúdos

Dejar una respuesta