- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Día 27 de Setembro: aniversario dos CDR
Hoxe estase a celebrar en todo o país o 49 aniversario da creación dos Comités de Defensa da Revolución.
Como xa expliquei noutro post, en cada cuadra existe un CDR, que é o órgano asambleario máis baixo do sistema político cubano. Dende o Venres estanse a realizar xa actos ó respecto: condecorouse a algúns cederistas pola súa boa labor ó longo do ano e pola eficacia de traballos voluntarios. O Sábado pola noite na maioría dos CDR facíase unha cea de confraternización entre os veciños, e o Domingo (é dicir, hoxe), realizaríase unha xornada de voluntariado nacional. Os puntos máis destacados son a recuperación das zonas públicas (limpar ou pintar unha rúa, por exemplo) ou o coidado de zonas verdes. Nas zonas rurais un tema importante era a axuda na produción agraria (moitísimas labores de voluntariado fanse na recollida de produtos agrarios).
Ademáis, moitos CDR realizaron actos do máis diverso tipo durante a fin de semana. Hoxe, paseando por Prado (na Habana Vella), atopeime cun deles: cun modesto equipo de son, varios grupos de nenos pertencentes ó CDR desa cuadra fixeron bailes e cantaron. Exactamente igual a cando se fai algún acto nun colexio, cunha obra de teatro ou algún baile, pero na rúa. Eran en total uns 20 nenos, e no público había unhas 60 persoas, a maioría delas familiares. Foi realmente interesante porque non é nada normal ir pola rúa e atopar nenas bailando chachachá vestidas de bailarinas…Entre as actuacións poñían música para que a xente non se aburrira e os paseantes quedaran a mirar (puxeron unha que sonaba totalmente a Víctor Jara, que dicía “En cada barrio un Comité, en cada barrio Revolución”)
Onte pola noite atopeime con varias fogatas onde estaban facendo a cea os veciños, e había bastante ambiente. Podías atopar grupos dunhas 20 persoas falando mentras se preparaba a comida. Esperaba que houbese máis ambiente pola noite, pero non atopei grandes festas pola zona da Beca.
Ademáis toda a cidade cambiou de cor durante estos días. Atopas pintadas nas paredes ou nas carreteras (parece que pasa o Tour por alí) que poñen “Viva los CDR” ou calquera outra consigna. Case todos os CDR colgaron bandeiras cubanas ou do M-26-J dalgún edifio, e moitos deles cubriron as paredes con papelinas de cores, como nunha festa. Tamén é moi normal ver pósters con alegorías á Revolución ou fotos de Fidel colgadas das ventanas.