Fresa y Chocolate

“Fresa y Chocolate” é unha das películas máis importantes do cine cubano, tanto no aspecto cinematográfico como na repercusión social que causou.
En pleno Periodo Especial [a partir do ano 93], un rapaz militante da Unión de Jóvenes Comunistas (UJC) coñece por casualidade a un homosexual nunha heladería. A partir deste momento surxe unha relación moi interesante entre eles, amosando cun grande realismo a situación dos homosexuais en Cuba: os problemas sociais ós que teñen que facer fronte e incluso persecución á que se vían sometidos (”Qué puedo hacer en Cuba y maricón?!”, chega a dicir o protagonista)
O tema da homosexualidade dende logo é moi interesante en Cuba. Despois de 50 anos de Revolución a sociedade sigue sendo machista, aínda despois dos enormes esforzos do goberno pola igualdade de sexos. Polo tanto, o tema da homofobia é un caso aínda peor.
Esta película marcou un antes e un despois nas relacións dos gays na sociedade. Hai que dicir que a comezos do 60 o goberno internaba homosexuais en campos de traballo para a súa reeducación (nesa época tamén se prohibiron os Beatles, por certo). Co paso do tempo a tolerancia foi crecendo de forma paulatina pero lenta, e sería a partir da proxección de Fresa y Chocolate cando se deu un impulso a mellorar este tema tabú.
Nos últimos 15 anos a sociedade transformouse enormemente neste sentido. Por suposto, non hai lexislación contra os gays en ningún aspecto, e o Goberno comezou a dar pasos na integración social de gays e transexuais. Déronse casos de retrocesos nalgún momento (no ano 2001 houbo unha campaña contra os transexuais; e fai 2 ou 3 anos houbo unha serie de detencións indiscriminadas a homosexuais, para despois poñelos en liberdade) Sen embargo, pódese dicir que a situación está cambiando: existen xa algúns locais para gays (hai un moi coñecido en Santa Clara), e o CENESEX (Centro Nacional de Educación Sexual, creo que significa) dende que é presidido por Mariela Castro (filla de Raul Castro!) realiza moitas campañas neste sentido. Incluso se vén realizando dende fai algúns anos un Festival de Cine Gay
Dase a casualidade de que na miña área hai varios gays, polo que é un tema do que estou aprendendo bastante. As opinións son semellantes para todos: a situación mellora, pero dende logo non hai igualdade entre os homosexuais e os heterosexuais. Non hai casos de homofobia como noutros países (ningún sabía dalgún caso no que se lle pegara a un gay ou algo dese estilo), pero sí que é normal que se lles critique ou simplemente se rían deles por ser homosexuais. Ó mesmo tempo, falan de que Cuba é, con creces o país de América Latina cun maior nivel de tolerancia, pero, moi lonxe de algúns países Occidentais.
O problema é esencialmente social: aínda hai moitísimas capas de poboación conservadoras neste aspecto, e o proceso de cambio de mentalidade é lento e moi complexo.

2 respuestas para “Fresa y Chocolate”

  1. tuanai dice:

    Os dirixentes dese país tiñan que dar un xiro de 90 grados nese tema e creo que non lles vai quedar outra. Todo cambio de mentalidade será lento pero os dereitos das persoas teñen que ser defendidos con valentía e canto antes.
    Notas esas burlas entre os compañeiros universitarios?

  2. Outes dice:

    O xiro xa se deu fai 10 anos. Agora o que hai que conseguir é que chegue a toda a sociedade!
    Onte fun á oficina da médico da Beca (chegaron os resultados, non teño VIH!) e tiña un cartel contra a homofobia. Apoio institucional existe, pero de vez en cando aparecen bocazas cun cargo medio-baixo para molestar.
    Non noto burlas xeralmente. Pero sí que hai xente que non lles fala igual ós meus compañeiros por ser gais.
    Ten que cambiar a mentalidade, e eso sí leva moito tempo
    Por certo, hoxe atopeime un transexual pola rúa. Creo que é o 2º que vexo dende que cheguei!

Dejar una respuesta