Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Octubre, 2009.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (16)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 10. Marzo 2010: Cos meus amigos os morcegos
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
Blogroll
Archivo para Octubre 2009
Asignación mensual
25. Octubre 2009 by Outes.
Xa me deron a miña primeira asignación mensual:
1 desodorante
Medio kg de deterxente para lavar a man
Un xabón para lavar roupa
2 xabóns para a ducha
1 coitela de afeitar
Unha pasta de dentes
Non é moito, pero polo menos os útiles de aseo xa non os tes que mercar.
Publicado en Educación, Residencia | 7 comentarios »
Concerto de Chucho Valdés
22. Octubre 2009 by Outes.
Esta semana estase a realizar a Semana da Cultura Cubana. Durante 7 días haberá diversos actos todas as tardes, dende presentacións de libros a concertos, con conferencias e exposicións.
Todos os actos fanse no Pavillón Cuba, que está ó lado da miña Facultade, así que podo ir sen moito problema. Teño un exame este Venres, así que non é moi boa semana, pero onte aproveitei que estaba por alí e fun ó concerto de Chucho Valdés, un dos jazzman máis prestixiosos do país. En Cuba fálase sempre de latin-jazz, polas influencias da salsa e ritmos africanos. Recomendo a todo o mundo que se pare 5 minutos a buscar música de Chucho Valdés, porque vale a pena escoitalo. Tocou co seu grupo, e ademáis acompañárono o trompetista Alexander Abreu (unha persoa moi querida en Cuba), e un coro feminino chamado Sexto Sentido. O concerto durou algo máis dunha hora, e foi moi entretido. Estiven preguntando un pouco e parece ser que é un músico moi respetado a nivel internacional, non só no panorama cubano.
Despois do concerto estiven co grupo de xente máis extraño que me xuntei dende que cheguei a Cuba: catro cubanos, unha francesa, tres alemanas, un austríaco, unha noruega, unha brasileira e eu. Fusión de culturas a máis non poder! Entenderse con tantos acentos diferentes era bastante complexo, pero o austríaco incluso se atreveu a contar un par de chistes!
Pena de ter que estudar, porque tería sido unha noite moi divertida!
Publicado en Música | 1 comentario »
Cienfuegos
20. Octubre 2009 by Outes.
Esta fin de semana viaxei á cidade de Cienfuegos. É a capital da provincia homónima, situada no centro da illa. Con menos de 140.000 habitantes, esta cidade fundada por colonizadores franceses a comezos do século XIX presenta un dos cascos históricos máis importantes de Cuba, declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO. Pasear por Cienfuegos dá unha visión diferente da arquitectura cubana, xa que a cidade está chea de pequenas casas coloniais francesas, algo que non é moi común ver noutras cidades do arquipélago.
A miña viaxe comezou o Venres á última hora da mañá, cando collín o autobús que me levaría á cidade. A viaxe foi de pouco máis de 4 horas, sen complicacións. Outra vez a parada de rigor na mesma área de servizo de sempre, á que xa lle estou collendo cariño. Dentro do propio autobús acercóuseme unha señora para ofrecerme unha casa particular na que podería quedarme se me interesaba. Regateamos un pouco e ó final aceptei (saiume un pouco caro, pero o almorzo ía incluído, e menudo almorzo!), así era unha cousa menos na que tiña que pensar ó chegar á cidade.
Publicado en Viaxes | 4 comentarios »
Santa Clara e segundo concerto de Manu Chao
15. Octubre 2009 by Outes.
O Domingo pola mañá espertamos ben cedo pra sair cara a Habana. Ás 6 da mañá collimos a nosa máquina (esta vez sen problemas de cola) e saímos de Güines. En menos dunha hora estabamos xa na cidade, e marchamos cara La Coubre, a terminal de autobuses que se encarga de dar viaxes en lista de espera.
Publicado en Música, Fotos, Viaxes | 4 comentarios »
Güines
14. Octubre 2009 by Outes.
Esta fin de semana Edel (un rapaz da miña beca que estuda microbioloxía, e vive na habitación 03 da miña área) invitounos a min e a Lucía á súa casa, nun pequeno povo de Provincia Habana, a uns 50 kilómetros da cidade, chamado Güines.
Tiñamos que marchar o Sábado pola mañá todos xuntos, pero a última hora Edel avisounos que tiña que facer uns recados na Habana, e chegaría pola tarde, que nós fosemos á casa dos seus avós (onde vive) e estivésemos con eles, que tampouco se ía retrasar moito. A esto das 11 saímos da beca (ó día anterior fomos ó concerto de Manu Chao, así que non tivemos presa por madrugar…), e collimos unha guagua para chegar á outra esquina da Habana, dende onde saían os transportes para Güines. Non hai guaguas para esos povos de Provincia Habana, así que o que se utilizan son máquinas (coches dos anos 50 que funcionan como taxi a baixo prezo). O sistema é simple: ti chegas ó punto de saída das máquinas, preguntas na cola que se forma quen é o último para saber cal é o teu turno, e cando ves que chega unha máquina comezas a correr para intentar colarte o máximo posible. Pero nós non sabiamos a última parte! Estivemos como hora e media alí mirando como a xente se volvía tola cando aparecía un dos coches para intentar entrar neles. Unha señora montounas porque se acaba de colar moita xente e ela perdera o seu sitio, así que non deixou sair máis máquinas. Montouse un cristo enorme! Obrigou a baixar a todo o mundo e a volver a subir todos en orde. Ó final a señora non entrou, pero bueno, polo menos púxose un pouco de orde! O señor que controla que todo funcione ben (un tipo que leva chaleco vermello pero que non fai nada máis que dicir o destino, realmente…) veu que se desmadraba demasiado e deunos numeriños a todos. Así xa se faría todo moito máis fácil! Ver resto de la entrada »
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »
Con Manu Chao!
14. Octubre 2009 by Outes.

Lucía, Manu Chao e eu!
Si, a bandeira está do revés, non me din conta no momento!
Publicado en Música, Fotos | 3 comentarios »
Concerto Manu Chao
14. Octubre 2009 by Outes.
O Venres pasado, Manu Chao tocou na escalinata da Universidade da Habana un concerto en homenaxe á morte do Comandante Che Guevara. Xunto con el tocarían varios trovadores da cidade e Kelvis Ochoa.
Fun ó concerto con Lucía, Basem (un rapaz libanés da Beca) e Eddy (tamén vive con nós na Beca, xa rematou de estudar e adícase a pintar). O concerto comezaba ás 21:00, así que decidimos estar por alí a iso das 20:00 para pillar sitio diante. Non sabiamos a cantidade de xente que podía mover Manu Chao en Cuba, pero cando chegamos alí case non había ninguén. Xusto cando chegamos saiu a probar o equipo, así que escoitamos 3 cancións case nós sós!
Publicado en Música | 1 comentario »
Ciclo de cine: Os últimos 70 anos de guerras
9. Octubre 2009 by Outes.
Estos últimos 7 días estiven indo ó Chaplin a ver o ciclo de cine: “Los últimos 70 años de guerras vistos por el cine”. 2 películas diarias durante case 2 semanas no propio cine Chaplin.
O cartel moi variado: dende películas feitas nos anos 40 até producións actuais, de diversos países. Destacar películas como Stalingrado (produción alemana baseada na batalla de Stalingrado, a través das vivencias de soldados alemáns. Moi interesante por dar a perspectiva alemana), Enemigo a las puertas (tamén na batalla de Stalingrado, xa un clásico do cine bélico, narra a historia do francotirador Basile Zaitsev), Días de Gloria (o exército francés recluta soldados nas súas colonias, e 5 arxelinos integraranse ás súas filas. Unha interesante película sobre o racismo dentro das filas aliadas), El Puente sobre el Río Kwai (todo un clásico), etc.
Quería falar en particular dunha película que non coñecía: Amén. Unha coprodución de Francia, Alemania, Rumanía e Estados Unidos. Conta a historia dun soldado das SS con profundas conviccións relixiosas que, a comezos de 1936, desubre por casualidade os proxectos de campos de exterminio nazis. Intentará comunicarse por todos os medios con diferentes cargos da Igrexa, incluído o Papa, para lograr un comunicado que mobilice á poboación alemana fronte ó goberno.
Unha moi boa reprodución da posición que mantivo a Igrexa durante a II Guerra Mundial. A película tivo moitísima repercusión, e creouse unha importante polémica a raiz da posición que tivo a Igrexa unha vez presentado o filme.
Moi recomendable!
E para a semana, ciclo de cine soviético!
Publicado en Cine | 6 comentarios »
Desenvolvemento Social en Cuba
4. Octubre 2009 by Outes.
Todos os datos que utilizarei neste post foron ofrecidos nas conferencias “Desarrollo Social en Cuba”, pola profesora Ángela Ferriol, directora do Instituto Nacional de Investigaciones Económicas, e “Pobreza, empleo y exclusión social en América Latina”, impartida polo profesor Enrique Vázquez, Director Institucional Development, da Universidade de La Pacífico, en Lima, Perú, que se levaron a cabo durante o ISEEM. Ver resto de la entrada »
Publicado en Economia | Ningún comentario »
