- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Acto de presentación das FEU
Hoxe, día 30 de Setembro, coincidindo co aniversario da chegada á Secretaría Xeral das FEU de José Antonio Echeverría, celebrouse o acto de presentación dos novos alumnos membros á Federación Estudantil Universitaria.
As FEU son a organización de masas máis antiga de toda Cuba. Todo estudante universitario pertence ás FEU por dereito, a cal ten as funcións de organización estudantil (fai charlas, pertence á Xunta de Goberno correspondente da Universidade, etc)
O acto realizouse na Praza do Campus universitario. Todos os alumnos de 1º ano (e os alumnos novos non de primeiro, como é o meu caso), reúnense alí por facultades, e entrégaselles o seu carnet das FEU. Este é o carnet que se utiliza como acreditación universitaria, non é que teñas outro da Universidade da Habana.
No acto estiveron presentes toda a dirección das FEU (evidentemente), unha vicedecana da Universidade da Habana e o secretario do Partido Comunista de Cuba para a Universidade. O acto iniciouse facendo o reconto dos mártires das FEU: por megafonía dixeron o nome de todos os mortos durante as sucesivas dictaduras até 1959, comezando por Mella e rematando con Echeverría, pasando por xente como Rubén Batista. A cada nome, todo o mundo berra “Presente!”. Póñense os pelos de punta, porque eramos moitos alí! Despois escoitouse o himno cubano, subiu un representante de cada Facultade a recoller o seu carnet de forma simbólica, e felicitóusenos por pertencer oficialmente á Universidade e ás FEU. Despois o Presidente das FEU de cada Facultade repartiu os carnets a todos os novos alumnos. Este é o carnet!

1. Octubre 2009 en 21:20
Quén e cómo se nombra ós presidentes da feu das distintas facultades?
1. Octubre 2009 en 22:38
Votamos a comezo de curso para seleccionar Presidente e membros da dirección