Compra de libros (II)

Atopei na Terminal de Omnibus unha librería bastante xeitosa. Merquei os seguintes libros:
“Cuba y la lucha por la Democracia”.- Ricardo Alarcón de Quesada (Presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba). Selección de artigos, entrevistas e discursos de Alarcón de Quesada sobre a democracia cubana e a loita pola súa perfección
“Cuba y África. Historia Común de lucha y sangre”.- Varios autores. Evolución das relacións de Cuba co continente africano dende o triunfo da Revolución. Nas últimas páxinas ten unha serie de fotografías dos anos 60 a 90 de diversos actos en Cuba e África.
“Imperio e imperialismo”.- Atilio Boron. Estudo da fase imperialista actual e das suas novas formas de aparición. O libro está publicado polo Fondo Cultural do ALBA, é o primeiro que atopo dela, pero parece ser bastante completa
“En combate por la esperanza”.- Varios autores. Estudo sobre a loita en Sierra Maestra durante o ano 1957. Segunda parte dunha triloxía que narra de forma bastante sintética o periodo de loita revolucionaria.
Prezo total dos libros: 34 pesos. Aproximadamente 1.3€

2 respuestas para “Compra de libros (II)”

  1. titamari dice:

    Ola rapas, por fin podo escribirte, vas ter que leer moito con tanta compra, saberás que xa chegou a este mundo o fillo de Lidia e Jurgen, e moi bonito, chámarase Nicolás ou Nicolás Iago, este demasiado folletinesco, bicos e contesta a tua tia.

Dejar una respuesta