Archivo para 9. Octubre 2009

Ciclo de cine: Os últimos 70 anos de guerras

Estos últimos 7 días estiven indo ó Chaplin a ver o ciclo de cine: “Los últimos 70 años de guerras vistos por el cine”. 2 películas diarias durante case 2 semanas no propio cine Chaplin.
O cartel moi variado: dende películas feitas nos anos 40 até producións actuais, de diversos países. Destacar películas como Stalingrado (produción alemana baseada na batalla de Stalingrado, a través das vivencias de soldados alemáns. Moi interesante por dar a perspectiva alemana), Enemigo a las puertas (tamén na batalla de Stalingrado, xa un clásico do cine bélico, narra a historia do francotirador Basile Zaitsev), Días de Gloria (o exército francés recluta soldados nas súas colonias, e 5 arxelinos integraranse ás súas filas. Unha interesante película sobre o racismo dentro das filas aliadas), El Puente sobre el Río Kwai (todo un clásico), etc.
Quería falar en particular dunha película que non coñecía: Amén. Unha coprodución de Francia, Alemania, Rumanía e Estados Unidos. Conta a historia dun soldado das SS con profundas conviccións relixiosas que, a comezos de 1936, desubre por casualidade os proxectos de campos de exterminio nazis. Intentará comunicarse por todos os medios con diferentes cargos da Igrexa, incluído o Papa, para lograr un comunicado que mobilice á poboación alemana fronte ó goberno.
Unha moi boa reprodución da posición que mantivo a Igrexa durante a II Guerra Mundial. A película tivo moitísima repercusión, e creouse unha importante polémica a raiz da posición que tivo a Igrexa unha vez presentado o filme.
Moi recomendable!
E para a semana, ciclo de cine soviético!

|