- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Ciclo de cine: Os últimos 70 anos de guerras
Estos últimos 7 días estiven indo ó Chaplin a ver o ciclo de cine: “Los últimos 70 años de guerras vistos por el cine”. 2 películas diarias durante case 2 semanas no propio cine Chaplin.
O cartel moi variado: dende películas feitas nos anos 40 até producións actuais, de diversos países. Destacar películas como Stalingrado (produción alemana baseada na batalla de Stalingrado, a través das vivencias de soldados alemáns. Moi interesante por dar a perspectiva alemana), Enemigo a las puertas (tamén na batalla de Stalingrado, xa un clásico do cine bélico, narra a historia do francotirador Basile Zaitsev), Días de Gloria (o exército francés recluta soldados nas súas colonias, e 5 arxelinos integraranse ás súas filas. Unha interesante película sobre o racismo dentro das filas aliadas), El Puente sobre el Río Kwai (todo un clásico), etc.
Quería falar en particular dunha película que non coñecía: Amén. Unha coprodución de Francia, Alemania, Rumanía e Estados Unidos. Conta a historia dun soldado das SS con profundas conviccións relixiosas que, a comezos de 1936, desubre por casualidade os proxectos de campos de exterminio nazis. Intentará comunicarse por todos os medios con diferentes cargos da Igrexa, incluído o Papa, para lograr un comunicado que mobilice á poboación alemana fronte ó goberno.
Unha moi boa reprodución da posición que mantivo a Igrexa durante a II Guerra Mundial. A película tivo moitísima repercusión, e creouse unha importante polémica a raiz da posición que tivo a Igrexa unha vez presentado o filme.
Moi recomendable!
E para a semana, ciclo de cine soviético!
10. Octubre 2009 en 12:26
Ten moi boa pinta esa peli “Amen”. Non sei como faremos aquí para conseguila, pero gustaríame vela.
Hai uns días fun ver de Campanella “El secreto de sus ojos” con Ricardo Darín fabuloso. Moi boa a película. Pensouse en premiala no festival de San Sebastián, pero ó fin non lle diron premio. Hai estrenos destas peliculas ahí?
11. Octubre 2009 en 17:12
Tenemos en casa la mayoría de las películas que nombras, incluída Amén, así que ya sabes tuanai.
He oído hablar muy bien de ”El secreto de tus ojos”tengo ganas de verla.
Aparte de los ciclos ¿qué películas suele haber en cartel?
11. Octubre 2009 en 22:07
Por cine bélico que non sexa. Eu teño moito. As películas de Costa Gavras case todas. Ben, estrénome nisto dos comentarios, a ver se son regular.
12. Octubre 2009 en 13:10
Eu vin Amén xa hai algún tempo, e a verdade é que está xenial!
E o ciclo de cine soviético tamén ten moi boa pinta!
13. Octubre 2009 en 03:29
unha das multiples profesoras do opus da miña facultade mandoulles a uns compañeiros meus facer un traballo sobre amen que logo censurou!
que terá o ciclo de cine sovietico?
14. Octubre 2009 en 19:41
@tuatia: Pois en cartel hai películas moi diferentes…Eu coñezo 6 ou 7 cines diferentes, e en cada un hai 1 ou 2 películas (cines cunha ou dúas salas enormes). Nestos momentos están poñendo unha película de animación xaponesa, outra película arxentina, o ciclo de cine soviético, outro ciclo de cine dun director que non coñezo, algunha película estadounidense e seguro que algo europeo!
Non sei moi ben que está en carteleira porque esta semana aínda non me parei a mirar con calma o que hai no cine, pero busco esta tarde e posteo.
@Sila: o ciclo de cine soviético está dividido en dúas partes. Esta semana será dun director en particular (non recordo o nome, é quen fixo Solaris), e a semana seguinte serán clásicos do cine soviético, se non me equivoco. Informareime tamén esta tarde para ver con calma o que poñen!