Güines

Esta fin de semana Edel (un rapaz da miña beca que estuda microbioloxía, e vive na habitación 03 da miña área) invitounos a min e a Lucía á súa casa, nun pequeno povo de Provincia Habana, a uns 50 kilómetros da cidade, chamado Güines.
Tiñamos que marchar o Sábado pola mañá todos xuntos, pero a última hora Edel avisounos que tiña que facer uns recados na Habana, e chegaría pola tarde, que nós fosemos á casa dos seus avós (onde vive) e estivésemos con eles, que tampouco se ía retrasar moito. A esto das 11 saímos da beca (ó día anterior fomos ó concerto de Manu Chao, así que non tivemos presa por madrugar…), e collimos unha guagua para chegar á outra esquina da Habana, dende onde saían os transportes para Güines. Non hai guaguas para esos povos de Provincia Habana, así que o que se utilizan son máquinas (coches dos anos 50 que funcionan como taxi a baixo prezo). O sistema é simple: ti chegas ó punto de saída das máquinas, preguntas na cola que se forma quen é o último para saber cal é o teu turno, e cando ves que chega unha máquina comezas a correr para intentar colarte o máximo posible. Pero nós non sabiamos a última parte! Estivemos como hora e media alí mirando como a xente se volvía tola cando aparecía un dos coches para intentar entrar neles. Unha señora montounas porque se acaba de colar moita xente e ela perdera o seu sitio, así que non deixou sair máis máquinas. Montouse un cristo enorme! Obrigou a baixar a todo o mundo e a volver a subir todos en orde. Ó final a señora non entrou, pero bueno, polo menos púxose un pouco de orde! O señor que controla que todo funcione ben (un tipo que leva chaleco vermello pero que non fai nada máis que dicir o destino, realmente…) veu que se desmadraba demasiado e deunos numeriños a todos. Así xa se faría todo moito máis fácil!Ó pouco rato aparece un Ford que tiña máis de 50 anos, enorme, con destino a Güines. Posiblemente o único que quedase do Ford orixinal era a forma, porque todos esos coches levan motores soviéticos e moitísimas pezas europeas. Entramos 18 persoas (18 persoas no coche, así que imaxinade pedazo camioneta tiñan montada!) e saímos cara Güines. A viaxe é de menos dunha hora, pero podes ver unha zona moi diferente á Habana; ademáis era a primeira vez que saía da cidade, polo que se me fixo interesante ver toda a vexetación da zona!
Ó chegar a Güines chamamos a casa de Edel, para que nos viñese recoller a súa prima, mentras nós esperabamos no Parque que hai no medio do povo. Estivemos uns 10 minutos por alí esperando, e xa chegou a prima de Edel, unha rapaza de 16 anos moi simpática. Collimos un coche (coche significa coche de cabalos ou levado por unha bicicleta, o carro é o que ten motor), que é no que se desplaza todo o mundo nos pequenos povos (en coche ou en bici, que todo o mundo ten unha!) para que nos levara á casa dos avós de Edel. Chegamos en 10 minutos (realmente podiamos ir andando, pero os cubanos teñen unha tendencia incrible a non andar!), e entramos na casa, onde nos estaban esperando os avós. Moi moi boa xente, tratáronnos como se fósemos da familia! Unha vez máis non me entra na cabeza a solidariedade deste povo.
Eran case as 15:00 cando chegamos, e tíñannos comida feita para cando chegáramos. Por fin comida de verdade, que gusto! Comimos pasta con salsa de tomate (que rico…) en cantidades industriais. Vai ser unha comida que non se me esqueza! Ademáis, despois duchámonos: a miña primeira ducha cun grifo en 40 días
Pola tarde sentamos no salón os 5 (os avós de Edel, a súa prima, Lucía e eu), e estivemos falando para facer tempo mentra non chegaba Edel. Foi moi divertido, porque o avó é moi comunista, e a avoa é moi anticomunista! Rematou sendo unha conversa de máis de 3 horas (Edel retrasouse até as 7 por uns problemas cun paquete que tiña que recoller na Habana).
Toni (o avó de Edel) estivo estudando en Ucrania no ano 74. Estivo facendo un curso de nivelación durante 4 meses en Odessa, e tamén coñecera Moscova. Anos despois estivera en Checoslovaquia, porque o seu fillo estivera traballando alí unha época. Atención a esto: sabedes a foto dos 2 soldados soviéticos alzando a bandeira da URSS en Berlín, no Parlamento? Pois eran un soldado ucraniano e outro bielorruso. El coñeceu ó bielorruso! Estiven cun señor que estivo con quen alzou a bandeira da URSS en Berlín no 45!!! É unha persoa moi informada, e estivo moi ben falar con el para aprender sobre a historia recente de Cuba e da opinión que se creara da URSS unha vez caído o campo socialista europeo. Moi interesante!
Cando chegou Edel ceamos e fomos facer visitas á súa familia. Levaba un par de semanas sen pasar polo povo, así que foi a casa da súa nai, dos seus tíos e dos seus outros avós. Coñecimos á súa familia e estivemos por Güines un pouco dun sitio para outro. Ó volver para casa estivemos falando de novo, agora con Edel tamén, vimos a tele un rato e xa marchamos para cama. Durmimos Lucía, Edel e eu na mesma cama, pero realmente tiña case tanto sitio como cando durmo só na Beca!
Ó día seguinte pola mañá fixemos un par de recados e estivemos estudando algo (Edel tiña exame o Luns), polo que non pasou nada especial. Pola tarde saímos pasear polo povo. Güines é unha vila tranquila, duns 10.000 habitantes (segundo calculou Edel, non sabemos con exactitude cantos ten), situada no interior de Provincia Habana, nunha das zonas máis fértiles da illa. O Parque está situado no medio do povo, e alí podes atopar de todo: unha hamburguesería, librería, a Igrexa municipal, un restaurante chino que se chama Beijing, unha heladería…Sempre hai moito ambiente! Non ten ningún monumento en especial para ver, pero sí era interesante coñecer como se vive nun povo, tan diferente á Habana. A xente está toda pola rúa, e cando pasas por diante das casas ves xente sentada fóra falando cos veciños ou xogando ó dominó. O mellor axedrecista cubano (que á súa vez é un dos mellores do mundo), é o heroe local. No povo teñen instalacións médicas para parar un tren (non é que teñan un centro de saúde, e que hai instalacións especializadas en diferentes campos: un materno, un psiquiátrico…).
Ó voltar para casa ceamos, duchámonos e vimos House, que o estaban poñendo na TV. Está moi ben, porque é en VO subtitulado. Van un pouco atrasados (na metade da temporada do curso pasado), pero como aquí non teñen problemas co Copyright poden poñer os capítulos que lles dea a gana. De feito, á semana de sair Harry Potter 6 no cine televisaron un screener da película!
A eso das 11 xa fomos para cama, que nos tiñamos que levantar ás 5 da mañá para que Edel chegase ás 8 da mañá, que tiña que estar cedo na cidade. Pero falando na cama recordamos que Manu Chao volvía tocar en Santa Clara o Luns, e eu non tiña clase, así que Lucía e eu decidimos coller unha guagua para ir ver o concerto. Pero iso é outra historia.

Dejar una respuesta