Xogos Interano

A semana pasada celebráronse os Xogos Interano da miña Facultade. Durante a fin de semana cedeuse o CEDER (o complexo deportivo da Universidade) para que alí Economía fixese campionatos de todos os deportes que considerasen.
Durante 2 días estívose xogando de forma ininterrumpida (todo o horario do estadio había actividades), en deportes como voleibol, baloncesto ou atletismo. Facíanse equipos por cursos (de aquí o de “interano”, evidentemente), e entre eles competían para ver que ano era o gañador.
Eu participei en baloncesto e fútbol. Xogando a baloncesto sentinme como se estivese en Harlem, sen dúbida. Os cubanos son xente baixiña, pero todos os que estaban alí resultaron ser a excepción no país. Todo tipos enormes que pesaban o doble que eu! E o único baixiño era unha fotocopia de Vin Diesel, así que tampouco resolvín moito…Polo demáis, moi divertido xogar alí. Bastante arrogantes (a veces parecía unha película por como se flipaban, pero bueno), pero sempre controlando de que non tivesen malos roios entre xogadores. Ademáis todo está organizado polas FEU, así que alí só estabamos estudantes para que todo funcionase correctamente.
As instalacións realmente eran bastante desastrosas: hai ventás rotas, así que se chove inúndase, e parece que cando toques algo vai romper. Sen embargo todo remata funcionando, e aínda que con deficiencias, podes facer algo de deporte cos teus compañeiros de Facultade.
Un evento moi interesante do que se debería tomar nota noutros lugares.

4 respuestas para “Xogos Interano”

  1. Laura dice:

    “a veces parecía unha película por como se flipaban” Como se ti te flipases pouco xogando… ;)

    Polo demais, unha actividade ben interesante!

  2. Outes dice:

    @Laura: Ese acaba de ser un golpe baixo. Pero como son unha persoa pouco rencorosa, só direi isto: houbo partidos de fútbol feminino, porque aquí as mulleres participan activamente nas actividades incluso cando son deportivas, en lugar de sentarse no Tuenti ou no Facebook e queixarse por ter que andar rápido cando se chega tarde. Con cariño!:D

  3. Skilled dice:

    Bookface!

  4. Laura dice:

    Aquí as mulleres tamén participan activamente en actividades deportivas. Non entendo a onde queres chegar con ese comentario… xDD

    P.D Picón! :)

Dejar una respuesta