Festival de Teatro da Habana

Entre os días 30 de Setembro e o 8 de Novembro veuse celebrando na Habana o 13ª Festival Internacional de Teatro da Habana. Representacións dende máis de 15 países conformaron o cartel do festival, ademáis da presencia cubana. A maioría de grupos teatrais eran latinoamericanos, pero tamén participaron países europeos e africanos.
Só puiden asistir a 3 obras durante os 8 días (para que meus pais queden contentos: tiña moito que estudar!): unha cubana, outra ecuatoriana e a última francesa.
A primeira obra revivía a Karl Marx por pouco máis dunha hora: asistimos a un monólogo do propio Marx no Soho de New York sobre o mundo actual. Unha interpretación espectacular (se o actor tivese acento alemán e non cubano diría que non era unha obra), e unha crítica para reflexionar. Ataca directamente ó capitalismo, pero sen cortarse un pelo sobre o stalinismo, o trotskismo e o anarquismo, e facendo algún guiño á política cubana, tamén para criticala. Das obras que che fan pensar.
A obra ecuatoriana foi moi diferente. Realizouse no Teatro Mella (un dos máis grandes da cidade), e estaba case cheo. Xa comentei nalgunha ocasión como se comportan os cubanos no cine, e no teatro é exactamente igual. A xente fala de calquera cousa sen baixar a voz, soan móbiles, e incluso houbo unha persoa que se puxo a falar por el no medio da obra! Teño moi claro que non vou ir a eventos culturais en grandes edificios, porque son case desagradables. En canto á obra, tampouco foi a mellor que vin na miña vida, pero estivo bastante entretida.
Por último, fun ver unha obra francesa titulada “Rita et Luna, in extremis”. O interesante da obra era que os diálogos eran en francés! Polo tanto, dadas as miñas dotes con este idioma (graciñas Angelines…), non me enteraba de nada. Por sorte, había unha pantalla nunha esquina do escenario con parte dos diálogos, e as actrices sobreactuaban o suficiente como para máis ou menos saber de que ía a cousa. A representación foi divertidísima, só dúas actrices que amosaban o paso da súa vida.
Unha pena non poder ter visto máis obras, porque polas que vin, o festival valeu a pena!

2 respuestas para “Festival de Teatro da Habana”

  1. tuanai dice:

    Nesa obra cubana, cales foron en concreto as críticas a Cuba? como reaccionaba a xente?

    PD. Así me justa neniño, o primeiro son os libros.

  2. Outes dice:

    @tuanai: Pois a crítica viña sempre por se dicía algo en contra do Partido, que acendían as luces en plan psicodélico e o actor dicía “Oh, perdona Comité Central!”. E díxoo 3 ou 4 veces ó longo da obra, con temas diferentes.
    A xente ría, sen problema!

Dejar una respuesta