Que é Revolución?

Unha das grandes citas de Fidel:

Revolución é sentido do momento histórico; é cambiar todo o que debe ser cambiado; é igualdade e liberdade plenas; é ser tratado e tratar ós demais como seres humanos; é emanciparnos por nós mesmos e cos nosos propios esforzos; é desafiar poderosas forzas dominantes dentro e fóra do ámbito social e nacional; é defender valores nos que se cre ó prezo de calquera sacrificio; é modestia, desinterés, altruismo, solidariedade e heroísmo; é loitar con audacia, intelixencia e realismo; é non mentir xamais nen violar principios éticos; é convicción profunda de que non existe forza no mundo capaz de aplastar a forza da verdade e as ideas. Revolución é unidade, é independencia, é loitar polos nosos soños de xustiza para Cuba e para o mundo, que é a base do noso patriotismo, do noso socialismo e do noso internacionalismo.

5 respuestas para “Que é Revolución?”

  1. tuanai dice:

    Preciosa e emotiva definción.
    “…é ser tratado e tratar ós demais como seres humanos”
    por ex.homosexuais?
    non acabo de entender esas contradicións.

  2. Noa dice:

    Fresa e chocolate vén a ser unha petición de desculpa polos erros cometidos coa poboación homosexual. A día de hoxe o goberno organuiza e fomenta actividades arredor desa realidade. Está claro q ningún sistema é perfecto pq só podería selo no caso de non participaren persoas.
    As miñas opinións sempre veñen dende o entusiasmo así que tb é posible que me equivoque ou non sexa obxectiva.

  3. tuanai dice:

    As opinións que veñen do entusiasmo, sempre son opinións moi a ter en conta.
    Encántame saber que esa realidade está integrándose na vida cubana. En canto saibamos dun ou dunha homoxesual ocupando un cargo político relevante, celebrarémolo.
    Igualmente, a definición segue a parecerme impresionante.

  4. Outes dice:

    @tuanai: en canto saibamos dalgún cargo político relevante do Estado Español tamén o celebraremos. A presidenta de Islandia, se non recordo mal, é homosexual, pero aínda queda moito por avanzar no resto do mundo. Polo demáis, as garantías legais que ten un homosexual en Cuba son case as mesmas que en Europa (non poden casar aquí). Polo demáis, non hai casos de palizas por homofobia, que sí se dan en Occidente. Si, a sociedade cubana é machista e homófoba, pero moito menos machista e moito menos homófoba que o resto de América Latina, e traballan para que siga mellorando a situación. Esperemos que nos países “libres” e “avanzados” e “democráticos” latinoamericanos aprendan algo das medidas que toma Cuba contra a discriminación pola orientación sexual.
    Por moito me doia decilo, a contradicción eu véxoa aquí: “é igualdade e liberdade plenas”.

  5. tuanai dice:

    Hai un tal Zerolo por ahí, que ó mellor foi quen de facer celebracións neste estado español cada vez máis rancio. A eso me refería, a celebrar esa saída pública recoñecendo a valía persoal, sen máis historias. Alégrome de que Cuba sexa máis avanzada no tema que os paises do seu entorno. Se cadra podremos celebrar algún día a chegada dunha “isladensa” a Cuba (ou a Chile, ou a Belxica, ou a Galiza, por exp.)

Dejar una respuesta