- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Mensaxe de despedida de Salvador Allende
Polo impacto que tivo en Cuba, merece estar aquí. Sinto os posibles erros na tradución.
Esta será a última oportunidade na que me poida dirixir a vostedes.
A Forza Aérea bombardeou as antenas de Radio Portales e Radio Corporación. As miñas palabras non teñen amargura senon decepción. Que sexan elas o castigo moral para os que traicionaron o seu xuramento: soldados de Chile, comandantes en xefe titulares, o almirante Merino, que se autodesignou, mais o señor Mendoza, xeneral rastreiro, que só onte manifestara a súa fidelidade e lealdade ó goberno e que tamén se autodenominou director xeral de Carabineros. Ante estos feitos só me cabe dicir ós traballadores: eu non vou renunciar. Colocado nun tránsito histórico pagarei ca miña vida a lealdade do povo e dígolles que teñan a certeza de que a semente que entregamos á conciencia digna de miles e miles de chilenos non poderá ser segada definitivamente. Teñen a forza, poderán avasalarnos, pero non se deteñen os procesos sociais nin co crime nin ca forza. A historia é nosa e fana os povos. Traballadores da miña patria: quero agradecerlles a lealdade que sempre tiveron, a confianza que depositaron nun home que só foi intérprete de grandes anhelos de xustiza; que empeñou a súa palabra en que respetaría a Constitución e a Lei, e así o fixo. Neste momento aproveiten a lección. O capital foráneo, o imperalismo, unidos á reacción crearon o clima para que as Forzas Armadas romperan a súa tradición, a que lles señarala Schneider e que reafirmara o comandante Araya, víctimas do mesmo sector social que hoxe estará nas súas casas esperando, con man allea, reconquistar o poder para seguir defendendo as súas granxerías e os seus privilexios.
Diríxome sobre todo á modesta muller da nosa terra, á campesiña que creu en nós, á obreira que traballou máis, á nai que soubo da nosa preocupación polos nenos; diríxome ós profesionais patriotas, ós que seguiron traballando contra a sedición auspiciada polos colexios profesionais, colexios clasistas que defenderon tamén as ventaxes dunha sociedade capitalista. Diríxome á xuventude, a aqueles que cantaron, que entregaron a súa alegría e o seu espírito de loita. Diríxome ó home de Chile, ó obreiro, ó campesiño, ó intelectual, a aqueles que serán perseguidos, porque no noso país o fascismo xa estivo fai moitas horas presente nos atentados terroristas voando pontes, cortando as liñas férreas, destruíndo os oleoductos e os gasoductos, fronte ó silencio dos que tiñan a obriga de proceder. Estaban comprometidos.
A historia xulgaraos.
Seguramente, Radio Magallanes será acalada e o metal tranquilo da miña voz non chegará a vostedes. Non importa. Seguiranme oíndo. Sempre estarei xunto a vostedes, polo menos o meu recordo, que será o de un home digno que foi leal ca patria.
O povo debe defenderse, pero non sacrificarse. O povo non debe deixarse avasalar nin acribillar, pero tampouco pode humillarse.
Traballadores da miña patria: teño fe en Chile e no seu destino. Superarán outros homes este momento gris e amargo, onde a traición pretende impoñerse. Sigan vostedes sabendo que, moito máis cedo que tarde, de novo se abrirán as grandes alamedas por onde pase o home libre para construir unha sociedade mellor.
Viva Chile! Viva o povo! Vivan os traballadores!
Estas son as miñas últimas palabras. Teño a certeza de que o meu sacrificio non será inútil. Teño a certeza de que, polo menos, haberá unha sanción moral que castigará a felonía, a cobardía e a traición.