Un día calquera na Habana

A proposta dunha boa amiga, vou facer unha especie de resumo do que fago un día normal en Cuba:
06:50: Espértome escoitando Nao - Rosalía. Esta é a función esencial que ten o meu móbil.
07:15: Despois de vestirme e organizar a habitación, baixo ó comedor para almorzar. Dannos case todos os días un vaso de iogurt (que está riquísimo, por certo) e un pequeno bocata, que xeralmente é de queixo, aínda que a veces é de croqueta. Hai algún día que o pan vai con pan, pero eso só pasou 3 ou 4 veces. Agora haberá xente que se preguntará: bocata de queixo? Pero se odias o queixo! Efectivamente, o queixo non me gusta nada, pero se nos dan un bocata de queixo, hai que aproveitalo.
07:30: Chego á parada de autobuses máis cercana á beca. Alí estamos unha morea de estudantes, así que as guaguas son auténticas latas de sardiñas. Despois de pelexarse con microbiólogos ou filósofos por un sitio, diríxome cara a miña Facultade. Cada liña de guaugas pasa cada 10 minutos como moito, e a min sírvenme 4 diferentes, así que o problema é conseguir entrar na guagua, non que non pase ningunha. É sorprendente coller un bus ás 8:10, que vai case vacía, cando ás 7:45 é todo unha loita coller unha.
08:00 - 11:30: Clase. Depende o día, pero xeralmente pola mañá teño só 2 turnos.
11:30: Saio da Facultade e vou ó comedor estudantil Machado. A comida é moito mellor que na Beca, así que se agradece comer por alí. Por suposto, tamén é gratis.
12:00 - 15:00: Hai varios días que teño 3 horas mortas antes da clase da tarde, así que marcho á biblioteca facer o que teña que facer para clase, estudar ou ler. A principio de curso había aire acondicionado, pero seica a Facultade superou os plans de consumo enerxético e quitárono. Un auténtico forno. Sen embargo, a cantidade de literatura económica (a quen non lle guste ese termo, mala sorte!) que hai é enorme.
15:00 - 16:30: Outro turno de clase
16:30: Guagua para a beca. Non hai problemas a estas horas e viaxas bastante ben.
17:00 - 19:00: Dependendo o día, vou correr, xogar a baloncesto ou a algún acto cultural. Se vou correr, diríxome a 5ª, tamén coñecida como Avenida das Américas, unha rúa longuísima na que hai moitísimas embaixadas. Especial mención á embaixada de Vietnam, que é preciosa, e á de Angola, que ten fóra unha foto de Agostinho Neto sorrindo. Se vou xogar a baloncesto, quedo polo Campus Universitario, e vou ó CEDER (o estadio universitario), con varios cubanos, unha rapaza alemana e outra suiza e un austríaco xogar. Normalmente somos como 5 persoas, aínda que non sempre os mesmos, e alí a veces hai máis xente xogando. Se ese día non fago deporte, o normal é ir ó cine, se hai algún concerto ou obra de teatro igual deixo o cine para outro día.
19:00: Volvo á Beca e ceo.
19:30: Doume unha ducha. Parecía que se resolveran os problemas ca auga e case non tiñamos cortes. Todo foi comezar a pensalo e o Domingo ás 12 da mañá cortaron a auga. Escribo isto o Luns ás 21:43, e non hai auga aínda. Se non hai auga nas habitacións, o que hai que facer é baixar á cociña (piso 3), cos cubos para enchelos alí e subilos. É unha boa medida para que a xente se dea conta de que non se debe malgastar a auga.
20:00 - 23:00: Sempre hai alguén pola área, e moita xente cociña, así que estas horas o normal é vaguear algo por alí perdendo o tempo. Se me conecto a internet, soe ser a estas horas. A iso das 21:00 ou as 22:00 póñome a estudar ou ler de novo.
23:30: A durmir
04:00: Esto non pasa sempre, pero bueno, está ben poñelo: chega algún dos compañeiros de habitación e esperta ós demáis. Levantámonos os demáis e berramos. Tivemos mala sorte cun par de compañeiros, e isto pasa un par de veces á semana como mínimo.
04:10: Durmindo de novo

8 respuestas para “Un día calquera na Habana”

  1. tuanai dice:

    Bocata de queixo?, (sen comentarios)
    O outro día tiven que coller o bus (liña 11 circular-fontiñas, para máis señas). Hora punta de colexios e traballadores/as. Esta liña ten unha frecuencia de 12′que nesa hora nunca se cumple. Ó fin chega o bus e subimos os cinco que estábamos na parada. Lata de sardiñas non, lata de anchoas.
    É por se te serve de consolo, tendo en conta que éste é o primeiro mundo.

  2. tuatia dice:

    Siiii bocata de queixo. Home o queixo de alí é moito millor…

  3. Tirso dice:

    (A ver se dou feito ben a suma…)

    Son o único ao que lle sorprende máis o do bocata de croqueta (WTF?) que o do bocata de pan con pan. E o bocata de queixo aportache o calcio e as proteinas do leite e os hidratos do pan..non está mal pensado!

    Porque vos levantades ás 4 da mañá a berrar? non o entendo iso

  4. Laura dice:

    Literatura económica = aberración! :)

    E, si, a min tamén me sorprendeu o de bocata de croqueta! hahaha!

  5. Sus dice:

    Xa levo un rato pensando… e non dou adiviñado quen pode ser esa boa amiga… jajajaja!
    Opino como os dous ultimos comentarios… bocata de croqueta? podes patentalo por aquí cando volvas, jajaja! (outra boa idea dunha boa amiga).

  6. Aida dice:

    Hablando de croquetas…
    Nunca te fijaste en el kebap en las croquetas de garbanzos?xD

  7. Velo dice:

    Bocata de croquetas? Hahaha! Lara e eu catro horas partíndonos imaxinándoo … Estará bo polo menos? Qué putadón o da auga! Xa arreglado?

  8. Outes dice:

    @Velo: A auga volveu 4 días despois. Un tumor! Pero non volvimos ter problemas!:D

Dejar una respuesta