Archivo para 22. Noviembre 2009

Museo do Ron

O Venres pola tarde a miña clase de Economía Cubana programou unha visita ó Museo do Ron, a través da fundación Havana Club. Alí nos diriximos uns 15 estudantes (Venres pola tarde é un mal momento para estas cousas…) e o noso profesor de Economía Cubana I, Jesús Cruz. Non sei canto lle custa entrar a un turista, pero para nós foi gratis, así que se alguén está de visita pola Habana eu recomendo que se vexa. Unha visita guiada duns 20 minutos dache unha perspectiva moi interesante de como se procesa o ron. Algunhas curiosidades:
O ron procede da caña de azucre, a través das sobras ó finalizar o procesamento de obtención do azucre.
A caña de azucre non é propia de Cuba, foi importada polos colonizadores españois en 1493
Foron os escravos quenes descubriron que se podía producir ron. Nun primeiro momento escondían baixo terra estas sobras para que fermentaran a través dun proceso natural e así crear augardente sen que os seus donos soubesen como o facían.
A proceso de maduración do ron é de tan só 2 semanas. Son os seus produtos por separado os que necesitan anos antes de ser útiles. Unha vez pasado este tempo mézclase e en 2 semanas o ron está listo.
Só 9 mestres do ron, en virtude da proteción dos segredos comerciais, coñecen a composición exacta do ron de Havana Club. Nestos momentos adestran a outros 5, entre eles a primeira muller.
A exportación de ron reporta a Cuba máis beneficios que a exportación de azucre
Cada mestre é capaz de distinguir a graduación do alcol só catándoo. Estas mostras de alcol antes do seu procesamento oscilan entre os 70º e os 90º.

Festival Universitario da Lectura e o Libro

A semana pasada celebrouse o FULL, Festival Internacional da Lectural e o Libro, organizado pola Federación Estudiantil Universitaria (FEU). Entre o 13 e o 17 de Novembro realizáronse actos no Pavellón Cuba, que incluían a presentación de libros, lecturas e concertos. Tamén se puxeron dúas librerías, unha con novidades e a outra só con libros de segunda man. Estiven por alí 2 días, e puiden ver os libros rebaixados de prezo: un libro que costaría uns 15 pesos (50 céntimos de euro), e que ca rebaixa costaba 4 pesos (16 céntimos de euro). O dos prezos dos libros é algo que aínda me parece incrible. Espero con moitas ganas a Feira do Libro, porque din que alí os prezos son de risa.
En canto ós concertos, puiden ver un par de grupos de latin jazz, que sonou parecido a Chucho Valdés, pero sen el no escenario. Tamén ía ir un grupo de rock serbio, pero perderon o avión en Venezuela e aplazouse o concerto. Ademáis, polas tardes había trova na cafetería (volvín ver a Adrián Berasatain, teloneiro de Manu Chao), e polas noites grupos de rock ou jazz tocando até que pechaba o local.

|