Festival Universitario da Lectura e o Libro

A semana pasada celebrouse o FULL, Festival Internacional da Lectural e o Libro, organizado pola Federación Estudiantil Universitaria (FEU). Entre o 13 e o 17 de Novembro realizáronse actos no Pavellón Cuba, que incluían a presentación de libros, lecturas e concertos. Tamén se puxeron dúas librerías, unha con novidades e a outra só con libros de segunda man. Estiven por alí 2 días, e puiden ver os libros rebaixados de prezo: un libro que costaría uns 15 pesos (50 céntimos de euro), e que ca rebaixa costaba 4 pesos (16 céntimos de euro). O dos prezos dos libros é algo que aínda me parece incrible. Espero con moitas ganas a Feira do Libro, porque din que alí os prezos son de risa.
En canto ós concertos, puiden ver un par de grupos de latin jazz, que sonou parecido a Chucho Valdés, pero sen el no escenario. Tamén ía ir un grupo de rock serbio, pero perderon o avión en Venezuela e aplazouse o concerto. Ademáis, polas tardes había trova na cafetería (volvín ver a Adrián Berasatain, teloneiro de Manu Chao), e polas noites grupos de rock ou jazz tocando até que pechaba o local.

Dejar una respuesta