Archivo para Noviembre 2009

Vistas dende a miña Área

Xogos Interano

A semana pasada celebráronse os Xogos Interano da miña Facultade. Durante a fin de semana cedeuse o CEDER (o complexo deportivo da Universidade) para que alí Economía fixese campionatos de todos os deportes que considerasen.
Durante 2 días estívose xogando de forma ininterrumpida (todo o horario do estadio había actividades), en deportes como voleibol, baloncesto ou atletismo. Facíanse equipos por cursos (de aquí o de “interano”, evidentemente), e entre eles competían para ver que ano era o gañador.
Eu participei en baloncesto e fútbol. Xogando a baloncesto sentinme como se estivese en Harlem, sen dúbida. Os cubanos son xente baixiña, pero todos os que estaban alí resultaron ser a excepción no país. Todo tipos enormes que pesaban o doble que eu! E o único baixiño era unha fotocopia de Vin Diesel, así que tampouco resolvín moito…Polo demáis, moi divertido xogar alí. Bastante arrogantes (a veces parecía unha película por como se flipaban, pero bueno), pero sempre controlando de que non tivesen malos roios entre xogadores. Ademáis todo está organizado polas FEU, así que alí só estabamos estudantes para que todo funcionase correctamente.
As instalacións realmente eran bastante desastrosas: hai ventás rotas, así que se chove inúndase, e parece que cando toques algo vai romper. Sen embargo todo remata funcionando, e aínda que con deficiencias, podes facer algo de deporte cos teus compañeiros de Facultade.
Un evento moi interesante do que se debería tomar nota noutros lugares.

Camilo Cienfuegos na Praza da Revolución

Pola conmemoración do 50 aniversario da desaparición física de Camilo Cienfuegos, o 28 de Outubro, colocaron unha figura del ó lado da do Che na Praza da Revolución:

Cien horas con Fidel

Un dos libros que más ganas tiña de conseguir cando cheguei a Cuba era “Cien horas con Fidel”, unha entrevista realizada por Ignacio Ramonet de más de 700 páxinas. Está feito nun longo período de tempo (comezaron as entrevistas en 2003 e o libro rematouse en 2005, publicado en 2006, se non me equivoco), pero a maioría dos temas aínda están de actualidade. Conversan sobre a vida de Fidel durante a súa xuventude e o proceso revolucionario (bastante interesante, porque son cousas que non se acostuman a escoitar), os cambios estruturais en Cuba nos últimos anos, ou temas de actualidade, como o cambio climático. Ver resto de la entrada »