Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Diciembre, 2009.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (16)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 10. Marzo 2010: Cos meus amigos os morcegos
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
Blogroll
Archivo para Diciembre 2009
Continuación da viaxe!
30. Diciembre 2009 by Outes.
Por fin saimos de Lima (síntoo moito, pero se estou un par de días máis na cidade pégome un tiro, demasiado caos) dirección Ayacucho. Coñecida por ser o lugar onde o exército de Sucre venceu ós colonizadores españois en 1824, polas ruínas dos Wari e por ser onde Abimael Guzmán estudou, foi profesor e finalmente se levantou con Sendero Luminoso. Unha cidade pouco turística e moi tranquila.
As últimas 22 horas paseinas nun autobús Ayacucho - Cusco, a onde chegamos fai un rato. Xa temos onde durmir e coñecimos uns arxentinos moi agradables. Os próximos días serán para descansar, pasar fin de ano, e o día 2 será o da viaxe a Machu Pichu.
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »
Nadal!
25. Diciembre 2009 by Outes.
A noite do 24 paseina na Praza de Armas, en Lima, con outras 10 persoas do hostal de diferentes partes do mundo.
Mañá marcho posiblemente cara Nazca!
Publicado en Viaxes | 3 comentarios »
Dende o Perú!
24. Diciembre 2009 by Outes.
Como algúns xa sabiades, decidín facer unha pequena escapada de Cuba este Nadal, e onte recibiume a terra de Mariátegui, por onde vou estar os próximos 15 días.
Posiblemente vexa reducida (aínda máis) a miña actividade no blog, pero tentarei polo menos subir algunhas fotos e un pouco de información sobre un dos últimos reductos neoliberais do Sur de América.
A xente que me escribe correos, xa vistes que agora estou contestando menos que de costume. Tiven bastante actividade na Facultade e na beca a última semana (engadido ós preparativos da viaxe) polo que case non puiden conectarme (teño pendente un post sobre Internet en Cuba, prometido!), de aquí os retrasos. Como tampouco trouxen o portátil vai ser case imposible que conteste correos nos próximos 20 días.
O que sí, espero polo menos poder ler as novas que me ides mandando.
Un saúdo moi forte e boas vacacións para todos!
Publicado en Blog, Viaxes | Ningún comentario »
Algunhas apreciacións ós artigos de Xornal e El País sobre a sesión da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba
22. Diciembre 2009 by Outes.
Hoxe tiven oportunidade de ler en Internet os artigos que estos xornais fan sobre a última sesión da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba. Quería facer algunhas puntualizacións sobre os dous artigos, para aclarar algunhas dúbidas que se poidan presentar e, por que non, para dicir en que partes están mentindo literalmente.
Xa aviso que esto vai ser un post bastante longo, pero creo que paga a pena que a análise sexa o suficientemente profunda:
Publicado en Xornalismo | 6 comentarios »
Unha bomba para o señor presidente
20. Diciembre 2009 by Outes.
Fai uns días atopei este libro nunha librería de segunda man. Escrito por Yulian Semionov, libro policíaco de finais dos 70 escrito no bloque socialista. Ollo ó argumento:
Un xoven científico búlgaro desaparece en Berlín Occidental mentres investiga as actividades dun tenebroso consorcio, cuxos principais dirixentes foron membros da Gestapo hitleriana e agora manteñen extrañas relacións con intereses maoístas en Hong Kong…Unha fermosa bailarina xaponesa enferma de leucemia, a consecuencia dunha nube radioactiva, residuo dunha proba nuclear nun país de Asia…O seu amante, vicepresidente do consorcio, “suicídase” despois de reunirse co científico búlgaro e cun cineasta de esquerdas.
Con todos estos elementos Yulian Semionov -a quen os nosos lectores coñecen por “Dezasete instantes dunha Primavera”- entréganos unha apaixoante novela de intriga política que nos adentra polas entrañas dunha loita a morte entre o ben e o mal, rara vez presente nos cables das axencias de prensa occidentais.
Non sei como no mesmo parágrafo conseguiron meter tantos inimigos da URSS xuntos. Só falta un trotskista polo medio e xa estaban todos! De tódolos xeitos, o libro é realmente bo.
Publicado en Libros | Ningún comentario »
Vocabulario cubano (I)
18. Diciembre 2009 by Outes.
Dende fai un tempo tiña pensado facer un post así con algúns cubanismos, que me trouxeron máis dun problema no seu momento
Yuma = estranxeiro: Cando falan dos estranxeiros utilizan a palabra “yuma”. Non teño nin idea de onde vén, pero eu son un yuma. Para falar dos Estados Unidos moitas veces din o Norte, así que a primeira semana, até que me din conta, cando alguén dicía “Eu coñezo a un que marchou ó Norte” pensaba que o tipo marchaba cara Noruega ou Suecia. O eurocentrismo ten esos problemas!
guajiro = campesino: Durante as guerras de independencia a maioría dos combatentes eran traballadores do campo, e tamén os que loitaban con máis dureza. De aquí que os yankis rematasen por chamalos “war hero”. En cubano eso rematouse dicindo guajiro
zorra = pilla: Tamén é típico en Galiza dicir que eres un zorro para dicir que eres bastante traste ou pillo. Pero aquí non ten ningunha outra connotación. Foi moi divertido cando un amigo, o mesmo día que coñeceu a Lucía, non sei por que, díxolle “Pero que zorrilla eres”. Case lle rompe os dentes antes de darnos conta do malentendido
beca = residencia: Non sei por que se lle chama beca á residencia, pero a gracia é que un “becado” é aquel que está nunha beca. Aquí non ten sentido falar de becado como a persoa á que o Estado lle dá diñeiro, porque todo o mundo estuda gratis. É un termo importante ó principio, porque moitas veces non sabes moi ben por que utilizas esa palabra, xa que eu son becado porque me paga o Estado e becado porque vivo nunha beca. Dá problemas sobre todo co papeleo.
aragán = fregona: Aquí non existen as fregonas (só vin unha nun hotel unha vez), así que utilizan un pao que parece para xogar ó hockey e ó final poñen un trapo para recoller a auga. A esto chámaselle aragán. Até que me din conta de como se chamaba a merda esa moitas explicacións lle tiven que dar á xente da área sobre paos de hockey e trapos colgando.
guagua = autobús: a xente sabe o significado de autobús, pero nunca, absolutamente nunca utilizan esa palabra. Non sei de onde vén o de guagua, pero é das palabras máis míticas que escoitas en Cuba
¿Que volá, asere? = ¿Como estás, colega?: Esa é a traducción máis parecida que se me ocorre. “Asere” é o que di todo o mundo para chamar a alguén, e utilízase dun xeito semellante a como nós dicimos “tío”. É graciosísimo escoitar estranxeiros dicilo. Un día xogando un partido de fútbol un vietnamita enfadouse cun cubano e comezou a dicir “asere” como 400 veces por segundo para dicirlle que parase de empuxalo. O de “que volá” tampouco teño nin idea de onde saiu, pero tamén está institucionalizado.
Publicado en Vida en Cuba | 2 comentarios »
Parte metereolóxico do 11 de Decembro
12. Diciembre 2009 by Outes.
Amanecerá parcialmente nublado en zonas de la costa norte occidental y central, con poca nubosidad en el resto del país. Desde el final de la mañana estará parcialmente nublado con aisladas lluvias. Será otro día cálido, con temperaturas máximas entre 30 y 33ºC, superiores en la porción sur oriental. Los vientos soplarán del Sudeste en todo el país hasta 25 kilómetros por hora. Habrá poco oleaje en todas las costas.
Chover non chove nunca, pero a temperatura é totalmente exacta!
Publicado en Xornalismo | 4 comentarios »
Conferencia de Néstor Kohan e Bernard Cassen
8. Diciembre 2009 by Outes.
Con motivo do 31 Festival de Novo Cine Latinoamericano (escribirei del cando remate), celebrouse esta fin de semana un ciclo de conferencias que levaban por título “Estados Unidos y Latinoamerica: lo que fue, lo que debiera ser y lo que va a ser”. Na xornada do Sábado presentaríase un panel de 4 persoas, entre as que destacaban Néstor Kohan (Arxentina), e Bernard Cassen (Francia)
A charla tivo moitísima polémica, así que vou explicar un pouco por riba do que falaron e a ver se debatimos un pouco, que para iso está o blog. Ver resto de la entrada »
Publicado en Actos Oficiais, Imperialismo | 15 comentarios »
27 de Novembro: día polos Mártires de Medicina
5. Diciembre 2009 by Outes.
Dende fai xa unha semana tiña pendente este post, pero tiven un par de exames esta semana, así que tiven que deixalo para a fin de semana.
O 27 de Novembro conmemórase o fusilamento dos mártires de medicina. Este ano foi o 138 aniversario. É unha boa mostra do que era o imperialismo español
Que pasou o 27 de Novembro de 1871?
O día 23 de Novembro dese ano uns estudantes de primeiro ano de medicina foron a clase, e como non asistiu o profesor saíron xogar. Ó lado do centro de estudos atopábase o Cementerio de Espada, e estiveron na porta xogando cunha carretilla, e incluso un deles arrancou unha flor do xardín! [E a xente dirá: xogando cunha carretilla universitarios? Nesa época había estudantes que tiñan até uns 14 anos]. Facía uns días morrera o xornalista español Gonzalo Castañón nos Estados Unidos nun duelo cun cubano. Este xornalista resultaba ser un valuarte do colonialismo e a anexión total de Cuba por España. Así, as autoridades españolas de Cuba decidiron unha vinganza: deter a todos os alumnos que o día 23 de Novembro estiveran xogando na porta do camposanto, onde estaba soterrado Gonzalo Castañón, baixo o pretexto de que profanaran a súa tumba [É importante dicir que nunca se probou esta profanación, porque moitísima xente pensa o contrario] Un total de 45 estudantes foron detidos, só salvándose 3 ausentes ese día e un sanitario español que foi deixado en liberdade. Posteriormente serían liberados os dous fillos de españois que había na aula e dous cubanos que eran familia do propio xuiz.
Publicado en Actos Oficiais, Personaxes Históricos, Historia de Cuba, Imperialismo, Educación | 2 comentarios »
Como ve as loitas sindicais a mocidade cubana
4. Diciembre 2009 by Outes.
Nun seminario de Pensamento Económico Universal, falando sobre o descenso de salarios reais na teoría de Friedman, unha rapaza levanta a man e di:
A ver profe, cuando los trabajadores se dan cuenta de que pierden capacidad adquisitiva van a junto el líder del Partido Comunista y dicen “eh que nos están robando” y salen con pancartas y todo eso entonces los empresarios se juntan y dicen “tenemos que negociar que no producimos!” y se soluciona el problema!!
O resto da clase asentía ca cabeza
Publicado en Educación | 3 comentarios »