- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
27 de Novembro: día polos Mártires de Medicina
Dende fai xa unha semana tiña pendente este post, pero tiven un par de exames esta semana, así que tiven que deixalo para a fin de semana.
O 27 de Novembro conmemórase o fusilamento dos mártires de medicina. Este ano foi o 138 aniversario. É unha boa mostra do que era o imperialismo español
Que pasou o 27 de Novembro de 1871?
O día 23 de Novembro dese ano uns estudantes de primeiro ano de medicina foron a clase, e como non asistiu o profesor saíron xogar. Ó lado do centro de estudos atopábase o Cementerio de Espada, e estiveron na porta xogando cunha carretilla, e incluso un deles arrancou unha flor do xardín! [E a xente dirá: xogando cunha carretilla universitarios? Nesa época había estudantes que tiñan até uns 14 anos]. Facía uns días morrera o xornalista español Gonzalo Castañón nos Estados Unidos nun duelo cun cubano. Este xornalista resultaba ser un valuarte do colonialismo e a anexión total de Cuba por España. Así, as autoridades españolas de Cuba decidiron unha vinganza: deter a todos os alumnos que o día 23 de Novembro estiveran xogando na porta do camposanto, onde estaba soterrado Gonzalo Castañón, baixo o pretexto de que profanaran a súa tumba [É importante dicir que nunca se probou esta profanación, porque moitísima xente pensa o contrario] Un total de 45 estudantes foron detidos, só salvándose 3 ausentes ese día e un sanitario español que foi deixado en liberdade. Posteriormente serían liberados os dous fillos de españois que había na aula e dous cubanos que eran familia do propio xuiz.
Así, o veredicto foi que os 39 estudantes terían que realizar traballos forzados e ir a prisión, mentras 8 deles serían fusilados. Cinco dos 8 fusilados xa estaban escollidos: o rapaz que arrincara unha flor do xardín e os 4 que estiveran xogando ca carreta. Os outros 3 foron escollidos ó azar, e incluso un deles nin estivera na Habana o día 23, xa que se demostrou que estaba na súa cidade natal, Matanzas. Aínda así, non se escoitou ningún tipo de réplica, e ó rematar o xuizo sumario, os 8 estudantes foron fusilados. Tiñan entre 21 e 16 anos. Os outros 31 foron condenados a penas de entre 6 anos e 6 meses de cadea.
Ca independencia de Cuba, esta data volveuse unha celebración obrigada, e todos os estudantes de secundaria e universitarios realizan unha marcha dende a Escalinata da Universidade da Habana até ó monumento ós mártires. Nunca na miña vida estivera nunha marcha estudantil que tivese nin 5 veces menos cantidade de xente, era algo impresionante. Aquí deixo unha foto:

Esa é a escalinata, e esos só son os estudantes universitarios. Polos costados estaban, dun lado, todas as FEEM (Federación de Estudiantes de Enseñanza Media), e polo outro, os estudantes de medicina (que son moitos, podo aseguralo!) e os cadetes agregados (que ían todos con uniforme verde olivo). Non podería calcular a cantidade de xente que había na marcha, pero era moita! O acto comezou cunha arenga ós estudantes (”Por los mártires de medicina; patria o muerte! Venceremos!) e o paso de lista polos mártires estudantiles. Unha rapaza saiu cantar e un poeta leu uns versos, para despois comezar a marcha. Nalgúns puntos había colocados equipos de música ca Internacional e o Himno Cubano, e por todas partes vías bandeiras cubanas, das FEU, da FEEM, do M-26-J ou dos CDR. Moita xente pola rúa aplaudindo e ondeando as bandeiras, realmente era moi emotivo.
Agora a parte polémica: realmente os estudantes que ían na marcha querían estar alí? Podo asegurar que non. Sempre hai algún profesor que obriga a ir, e moitas veces o presidente de brigada (unha especie de delegado que hai en cada aula), ten que pasar lista para ver quen vai ás marchas. De feito, teño varios amigos que foron para que os visen e despois marcharon. Puido verse claramente pola actitude da maioría da xente, sobre todo cando se arengou ós estudantes, unha desidia enorme en moita xente. Dende logo, unha situación bastante estúpida: non entendo moi ben a actitude da xente que non quere ir á marcha, porque realmente o que se fixo foi unha barbaridade (un amigo díxome “Pero para que imos ir, que os van, resucitar?”); por outra banda, obrigar a ir á xente é estúpido e contraproducente, obrigándoos só consigues cabrear a quen non quería ir. Escoitei varias veces o de “teño moito que estudar, e aquí perdendo o tempo”…Dende logo, unha pena.
Ó final, no monumento ós mártires había estudantes de medicina facendo unha guardia de honra, que dura 48 horas.
Aquí unha foto, para que meus pais queden contentos:

De esquerda a dereita, Martin (arquitectura, Alemaña), Melanie (Literatura, Alemaña), Lucía e eu
7. Diciembre 2009 en 20:32
Vaia Adrian, cada vez que miro o blog hai algunha cousa interesante, están moi ben as crónicas. Estas aproveitando moito o tempo por Cuba macho, a seguir así.
Saúdos dende Aragón
8. Diciembre 2009 en 22:50
Pero según o que ti viches, é maioritaria a xente que conscientemente participa, ou é maioría a xente que pasa do asunto?
Como tamén ocurre aquí, seguramente a cuestión, máis que obrigar a participar, sería concienciar da importancia que teñen ese tipo de actos para que non se esquezan esas barbaridades e que non se repitan.
Moi agradecida pola foto.