Vocabulario cubano (I)

Dende fai un tempo tiña pensado facer un post así con algúns cubanismos, que me trouxeron máis dun problema no seu momento
Yuma = estranxeiro: Cando falan dos estranxeiros utilizan a palabra “yuma”. Non teño nin idea de onde vén, pero eu son un yuma. Para falar dos Estados Unidos moitas veces din o Norte, así que a primeira semana, até que me din conta, cando alguén dicía “Eu coñezo a un que marchou ó Norte” pensaba que o tipo marchaba cara Noruega ou Suecia. O eurocentrismo ten esos problemas!
guajiro = campesino: Durante as guerras de independencia a maioría dos combatentes eran traballadores do campo, e tamén os que loitaban con máis dureza. De aquí que os yankis rematasen por chamalos “war hero”. En cubano eso rematouse dicindo guajiro
zorra = pilla: Tamén é típico en Galiza dicir que eres un zorro para dicir que eres bastante traste ou pillo. Pero aquí non ten ningunha outra connotación. Foi moi divertido cando un amigo, o mesmo día que coñeceu a Lucía, non sei por que, díxolle “Pero que zorrilla eres”. Case lle rompe os dentes antes de darnos conta do malentendido
beca = residencia: Non sei por que se lle chama beca á residencia, pero a gracia é que un “becado” é aquel que está nunha beca. Aquí non ten sentido falar de becado como a persoa á que o Estado lle dá diñeiro, porque todo o mundo estuda gratis. É un termo importante ó principio, porque moitas veces non sabes moi ben por que utilizas esa palabra, xa que eu son becado porque me paga o Estado e becado porque vivo nunha beca. Dá problemas sobre todo co papeleo.
aragán = fregona: Aquí non existen as fregonas (só vin unha nun hotel unha vez), así que utilizan un pao que parece para xogar ó hockey e ó final poñen un trapo para recoller a auga. A esto chámaselle aragán. Até que me din conta de como se chamaba a merda esa moitas explicacións lle tiven que dar á xente da área sobre paos de hockey e trapos colgando.
guagua = autobús: a xente sabe o significado de autobús, pero nunca, absolutamente nunca utilizan esa palabra. Non sei de onde vén o de guagua, pero é das palabras máis míticas que escoitas en Cuba
¿Que volá, asere? = ¿Como estás, colega?: Esa é a traducción máis parecida que se me ocorre. “Asere” é o que di todo o mundo para chamar a alguén, e utilízase dun xeito semellante a como nós dicimos “tío”. É graciosísimo escoitar estranxeiros dicilo. Un día xogando un partido de fútbol un vietnamita enfadouse cun cubano e comezou a dicir “asere” como 400 veces por segundo para dicirlle que parase de empuxalo. O de “que volá” tampouco teño nin idea de onde saiu, pero tamén está institucionalizado.

2 respuestas para “Vocabulario cubano (I)”

  1. tuanai dice:

    Gustoume moitísimo esta entrada; espero que sigas ilustrándonos.
    Na casa da túa aboa, sempre se usou para o chán un pano arrastrado polo cepillo de fregar (con mango). Así que resultou que eu usei moitos anos un “aragán”
    Vaia co de zorra. Xa me imaxino a Lucía.

  2. Tojo001 dice:

    guagua, non sei de donde ven, pero en Canarias tamén se utiliza este termo. Ademais alí non é estación de autobuses e de guaguas.

Dejar una respuesta