Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Diciembre, 2009.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para Diciembre 2009
Eleccións en Uruguai
2. Diciembre 2009 by Outes.
Artigo escrito por Gabriel Laesprella, estudante uruguaio de 4º de Socioloxía becado en Cuba. A tradución é miña.
O Domingo 29 de Novembro do presente ano 2009 desenvolveuse en Uruguay a segunda volta das eleccións presidenciais. O candidato do gobernante Frente Amplio José Mujica resultou gañador con case o 53% dos votos. O seu opoñente, o ex presidente Luis Alberto Lacalle do conservador Partido Nacional obtivo pouco máis do 43% do total de votos emitidos.
O Frente Amplio, surxido en 1971, é unha coalición progresista de case vinte partidos e movementos políticos de diferente extracción social e ideas políticas, pero comparte en común unha declaración de principios e un mesmo programa político. Entre esos grupos que conforman a coalición de esquerda atópanse os históricos partidos Socialista e Comunista, grupos de cristianos de base, ex guerrilleiros, personalidades e sectores independentes, e escisiones dos partidos políticos tradicionais. Flúe de esta forma na dinámica frenteamplista a definición dialéctica de unidade na diversidade.
Cando o Frente Amplio accedeu ó goberno por primeira vez en Marzo do 2005, máis do 30% da poboación estaba baixo a liña da pobreza, un de cada dous nenos vivía en condicións de extrema pobreza, a desocupación rozaba o 20% da población, o aparato produtivo do país estaba desmembrado, etc, etc.
O goberno frenteamplista reestableceu relacións diplomáticas con Cuba, creou o Ministerio de Desenvolvemento Social (MIDES), e a través de dito ministerio implementou o Plan Nacional de Emerxencia que establecía suvencións económicas ós sectores máis desfavorecidos socialmente, e a estos individuos incluíuselles en bolsóns de traballo de distintos sindicatos para reinsertarse laboralmente, a maioría dos nenos pobres ingresaron ó sistema educativo, cincuenta mil infantes accederon á atención médica, creouse un Hospital de ollos con axuda de persoal médico especializado cubano, e xa se realizaron máis de cincocentas mil operacións oftalmolóxicas gratuitas, otorgóuselle a cada estudante de escola primaria da educación pública unha computadora portátil.
Ademáis de todas estas grandes transformacións socio económicas realizadas polo goberno encabezado por Tabaré Vázquez, reinstaláronse os Consellos de Salarios, e asegurouse o dereito dos traballadores de organizarse sindicalmente e de realizar convenios colectivos de traballo ca contrapartida da patronal, pero tendo como mediador ó goberno. Creouse o sindicato das traballadoras domésticas, sector social historicamente superexplotado. Iniciouse o proceso de organización sindical dos traballadores rurais. Con estas medidas guberanamentais de respaldo ós traballadores, a Central Única de Traballadores, o PIT-CNT, aumentou en máis do 50% o número dos seus afiliados.
A nivel parlamentario a xestión dos lexisladores da coalición progresista tamén foi moi ardua e produtiva. Creáronse máis de 35 proxectos de lei, que despois foron consagradas como leis.
Iniciouse o proceso da Reforma Educativa, cun programa global nacional que reúna ás áreas educativas públicas e privadas.
Creouse un Fondo Nacional de Saúde, que ten por obxectivos fundamentais o aseguramento a todos os habitantes da nazón o acceso á saúde, independentemente dos seus recursos económicos.
En materia internacional, o goberno frenteamplista ademáis do xa mencionado reestablecemento de relacións diplomáticas con Cuba, apoiou o fortalecemento de organismos de integración rexional como o MERCOSUR, a UNASUR, e medios de comunicación alternativos como TELESUR.
O primeiro de Marzo de 2010 asumirá a presidencia José Mujica. O novo período de goberno terá ó Frente Amplio novamente con maiorías parlamentarias nas dúas cámaras lexislativas.
Mujica, de 74 anos, un líder tupamaro, ex guerrilleiro, que sufriu 13 anos de prisión durante a última ditadura en Uruguay (1973-1985), é un carismático político, que co seu discurso sinxelo e a súa ruptura cos vellos esquemas do protocolo do sistema político uruguaio teñen grandes grados de influencia sobre todo nos sectores máis humildes da sociedade, terá o histórico desafío de continuar co proceso de cambios que o Frente Amplio iniciou en 2005, en beneficio dos sectores históricamente olvidados e excluídos pola rancia oligarquía criolla aliada do capital transnacional financeiro, nesta nova ola de múltiples gobernos progresistas en América Latina que cas súas particularidades propias pretenden construir un modelo de país de inclusión social antagónico á concepción máis nefasta do capitalismo, o neoliberalismo.
Publicado en Xornalismo | 1 comentario »