Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Enero, 2010.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para Enero 2010
Marcha das Antorchas
29. Enero 2010 by Outes.
O 28 de Xaneiro naceu José Martí, e para conmemoralo, o 27 de Xaneiro pola noite realízase unha marcha. Ás 12 da noite do 27, comeza a Marcha das Antorchas.
Dende 1953 vense realizando este acto en memoria do prócer cubano. Se algo teñen os cubanos é que saben organizar marchas, e en lugar de facer un acto sobre a vida de José Martí o que fan é unha manifestación con antorchas pola cidade, dende a Escalinata da Universidade até o Malecón. Na marcha participan sobre todo estudantes universitarios (foron as FEU as que o “inventaron”), pero tamén podes ver membros das FAR (Forzas Armadas Revolucionarias), agregados do MININT (Ministerio do Interior), estudantes non universitarios e civiles.
Na escalinata congrégase a xente dende as 10 da noite até as 12, que comeza o acto. Alí dan petróleo e algo para queimar, e se tes un pouco de sorte incluso pode que consigas a antorcha. A maioría da xente levamos a antorcha xa feita da casa. Un breve resumo de como se fai unha antorcha na nosa beca:
Colles un pao calquera (como por exemplo o pao da escoba), e fas un burato na súa parte superior por un lateral, onde terás que meter un tornillo (como por exemplo un tornillo da porta rota da habitación de diante). Consigues unha lata (mellor que non sexa de refresco, porque hai que cortala. No noso caso foi unha lata de salchichas en conserva, graciñas pola comida mami!). Utilizas o tornillo para enganchar a lata á parte superior do pao (onde fixemos antes o burato) e apretas. Xa temos unha antorcha! Colles calquera trapo (como por exemplo a camiseta vella para durmir de Edel, e marchas para a Escalinata.
Edel ca “antorcha”:

É verdadeiramente impresionante ver toda a rúa chea de xente con antorchas. A xente das FAR leva unha bandeira cubana enorme, que iluminada cas antorchas queda realmente ben. Polo demáis, típico acto en Cuba, con cancións de Silvio antes de comezar, e arengas durante toda a marcha. Chama moito a atención que non hai ningunha consigna, a xente non berra nas manifestacións en Cuba, o que as fai máis aburridas. Só cando a xente da megafonía berra “¡Patria o muerte!”, os manifestantes contestan “¡Venceremos!”, ou “¡Vivan Fidel y Raul!”, que se di “¡Vivan!”, pero dende a xente, de forma espontánea, non sae nada.
Publicado en Actos Oficiais, Personaxes Históricos | 5 comentarios »
Efectos do Bloqueo a Cuba (III): Recrudecemento a partir dos 90
25. Enero 2010 by Outes.
A caída do campo socialista europeo supuxo a descomposición de todo o sistema económico cubano: en menos de 2 anos o CAME desaparece, e con el o 90% de importacións e o 85% de exportacións. Os gobernos que surxen nos países ex-socialistas negan os convenios existentes ca illa.
Con esta coxuntura, os Estados Unidos ven a posibilidade real de atacar a Cuba sen que esta teña ningún soporte a nivel mundial (recordemos que só Canadá, China, Vietnam e México manteñen relacións ca illa). Así, prodúcese un recrudecemento do Bloqueo:
O primeiro elemento é a aplicación da Enmenda Torricelli: as filiais de empresas estadounidenses radicadas en terceiros países (e por tanto suxeitas ás súas leis) non poderán comerciar con Cuba; aplicaranse sancións ós países que comercien ca illa, e aumentan as medidas contra o tráfico marítimo cara o arquipélago. O 90% das empresas afectadas pola enmenda eran empresas alimenticias e de medicamentos.
En 1994 realízanse novos ataques: limitación das remesas e complicacións cos viaxes cara a illa por parte de emigrados, política necesaria pola enorme cantidade de “pes secos” que entraron no país.
1996 será o ano de aprobación da Lei Helms-Burton, que se ampliará en 1998: intento de supresión de toda a IED cara Cuba dende o estranxeiro a través dunha política de intimidación a empresas de terceiros países ou ós gobernos destos.
Publicado en Historia de Cuba, Imperialismo | Ningún comentario »
Efectos do Bloqueo a Cuba (II): Política yanki a partir de 1959
24. Enero 2010 by Outes.
Podemos citar o mesmo 1 de Xaneiro de 1959 como o día no que se inician os ataques económicos de Estados Unidos contra Cuba: neste momento, co triunfo revolucionario, os esbirros da ditadura (e o propio Batista) desapareceron con 424 millóns de dólares en ouro e divisa, que chegaron a bancos norteamericanos. Estos non foron devoltos
Xa nos primeros meses da Revolución a política económica estadounidense cambia con respecto a Cuba: os primeiros feitos concretos son a negación de préstamos solicitados polo goberno a entidades dos Estados Unidos que tradicionalmente tiñan vínculos ca illa.
Sen embargo, o inicio dunha confrontación económica directa podemos ubicalo no 17 de Maio de 1959. A promulgación da Lei de Reforma Agraria supuxo rematar cos grandes latifundistas, o que directamente perxudicaba ós grandes terratenentes da Unión e a escasos grandes propietarios cubanos. Os Estados Unidos utilizan o pago pola expropiación realizada para atacar ó novo réxime. O goberno cubano intercederá para buscar outros modelos de pago ó proposto. Non houbo resposta.
Publicado en Historia de Cuba, Imperialismo | Ningún comentario »
Aviso: Artigos sobre Cuba
23. Enero 2010 by Outes.
Agradecería profundamente que a xente que atope artigos por Internet sobre Cuba (en especial aqueles que saian en xornais de gran tirada nacional / estatal) os publique aquí ou mos envíe por correo electrónico (outes.blk@gmail.com). Pareceume bastante produtivo o post sobre os artigos de Xornal e El País, e a min sírveme para contrastar algunhas informacións.
Graciñas
Publicado en Blog | 3 comentarios »
Efectos do Bloqueo a Cuba (I): Antecedentes
21. Enero 2010 by Outes.
Antes de rematar as clases fixen un pequeno traballo para Historia de Cuba sobre o bloqueo, e ocorréuseme publicalo aquí en pequenos fascículos. O bloqueo sempre é un tema polémico, así que está ben saber cales son as súas dimensións reais. A bibliografía é, esencialmente, o “INFORME DE CUBA SOBRE A RESOLUCIÓN 58/7 DA ASEBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS”, presentado no ano 2004; a “Demanda del Pueblo Cubano al Gobierno de los Estados Unidos por los daños económicos ocasionados a Cuba”, causa presentada por varias organizacións de masas de Cuba (CTC, ANAP, FMC, FEU, FEEM, OPJM, CDR e ACRC) na Sala do Civil e do Administrativo do Tribunal Provincial Popular da Cidade da Habana e “Demanda del pueblo de Cuba al gobierno de los Estados Unidos por daños humanos”, co mesmo formato ó anterior.
1. Antecedentes
Os Estados Unidos comezaron unha política en contra da soberanía de Cuba dende moito antes de 1959. Nunca recoñeceron a República de Armas, e intentaron negociar con España para a súa anexión do arquipélago de diferentes formas, incluída a propia compra do territorio.
Será a partir de 1898 cando se fai máis patente esta política: trala inminente victoria dos rebeldes cubanos fronte a España, Estados Unidos utilizou o autoatentado do Acorazado Maine para inmiscuirse na guerra e así poder controlar os resultados do proceso de paz posterior. Este será un dos momentos máis bochornosos na política estadounidense: a Enmenda Platt da nova Constitución Cubana daba dereito á Unión a intervir directamente na illa. Xa vemos incluso antes do século XX a posición de ataque á soberanía de terceiros países que plantexaba Estados Unidos.
A República en ningún momento puido facer cambiar esta realidade. O conxunto de gobernos corruptos non fixeron máis que perpetuar esta situación, ó traballar en concordancia cos intereses do capital dos Estados Unidos. Sen embargo, sempre que se producía un intento de cambio, a intervención volvíase máxima ó implantar unha ditadura á vontade do propio goberno yanki, en alianza cos poucos cubanos ós que lles beneficiaba a estrutura dependente e neocolonial que existía no arquipélago.
Son ben sabidos os intentos de inxerencia por parte dos Estados Unidos en Cuba despois do triunfo da Revolución en 1959: obviando o bloqueo, do que falaremos a continuación, podemos citar o continuo financiamento ós grupos contrarrevolucionarios, a fallida invasión en Praia Girón, a guerra bacteriolóxica (utilizada tanto para producir catástrofes na economía cubana como para lograr o maior número posible de víctimas humanas), o apoio á disidencia “política” interna e externa e incluso a axuda a terroristas confesos: recordemos o caso de Luis Posada Carriles, que hoxe aínda se pasea libre por Miami despois de recoñecerse culpable do atentado do avión de Cubana nas Bahamas.
Publicado en Historia de Cuba, Imperialismo | Ningún comentario »
Cos meus pais en Cuba!
20. Enero 2010 by Outes.
Como algúns xa sabiades, esta semana estiveron de visita por Cuba meus pais. Como houbo algunha xente que me pedíu que subise máis fotos, e eu débome ós meus lectores (?), aproveito para subir algunha con eles!
Publicado en Fotos, Viaxes | 5 comentarios »
No Cumio do Machu Pichu
19. Enero 2010 by Outes.

O pequeniño que hai abaixo son as ruínas que se atopan no Machu Pichu. Ó fondo, o Wayna Pichu. Eu estou no cumio do monte Machu Pichu, a uns 3800 metros de altitude. As vistas máis incribles da miña vida
Publicado en Fotos, Viaxes | 4 comentarios »
A visión do terremoto de Haití dende Cuba
14. Enero 2010 by Outes.
Nunha das escalas da viaxe Lima - La Habana entereime do terremoto que acababa de producirse en Haití. Despois de chegar ó destino final busquei informarme algo do que pasaba en Cuba (en especial no Oriente) pola cercanía entre ambos países.
Máis de 30.000 persoas foron evacuadas nas provincias de Santiago de Cuba e Guantánamo cara zonas altas cercanas ás súas residencias ante un perigo de tsunami. Esto fíxose na hora seguinte a que se producise o terremoto, e finalmente o aviso de que xa non había risco de que éste ocorrese chegou pouco máis das 18:00 (hora local), así que a xente estivo fóra das súas casas menos de dúas horas. Defensa Civil xa non mantén a alerta ante o perigo de algún tipo de desastre neste aspecto, e parece que a posibilidade de réplicas que poidan afectar á illa son mínimas.
Por outra banda, hoxe (Xoves 14), as noticias que abrían Granma e Juventud Rebelde eran sobre os colaboradores cubanos en Haití. Informábase de que todos os cooperantes se atopaban en boas condicións, con só dous feridos leves, pero que un estudante de Contabilidade e Finanzas que estaba a realizar un Posgrao en Porto Príncipe foi atopado en estado grave, e xa é atendido por médicos cubanos. Estos cooperantes son 152 persoas, que se atopaban no país antes de que sucedese o terremoto, ofrecendo servizos a través de diversas Brigadas Internacionalistas cubanas (brigada médica, de educación, etc). Os médicos cubanos instalaron un hospital de campaña, e dende o Mércores unha brigada de choque para desastres naturais saiu do país e xa está operando en Haití. Interesoume saber a axuda internacional que estaba chegando, porque a CNN+ estaba informando o Martes que en USA xa se estaba debatindo enviar axuda ó país, e incluso o alcalde de New York pensaba enviar cooperantes. Finalmente, parece ser que enviaron a 30 efectivos de diversos campos, como inxeñeiros e expertos en comunicación. Mirando un pouco, e utilizando unhas pobres matemáticas, parece ser que a cantidade de efectivos enviados dende USA, Canadá e a Unión Europea é menor á cantidade de cubanos en Haití ANTES do terremoto. Que vergonza vivir no primeiro mundo.
Polo demáis, moitísima expectación a ver que pasa con Haití. A ver en que remata isto…
Publicado en Vida en Cuba, Actos Oficiais, Xornalismo | Ningún comentario »
Fin da viaxe!
12. Enero 2010 by Outes.
De novo en Lima, mañá saio para a Habana, a viaxe finalmente foi así:
Lima - Ayacucho - Wari - Quinua - Cusco - Aguas Calientes - Machu Pichu - Copacabana - Illa do Sol - La Paz - Lima
Unha viaxe de 30 horas de autobús de La Paz a Lima, onde me puxeron Transporter, Transporter II e Transporter III seguidas. Despois videoclips de Julieta Venegas. Está claro que os peruanos saben de tortura psicolóxica!
A partir destos días comezarei de novo a postear como antes, e contestarei os correos un pouco máis rápido.
Publicado en Viaxes | 3 comentarios »
La Paz!
8. Enero 2010 by Outes.
Despois duns días desaparecido do mundo, viaxe de Cusco a Bolivia para coñecer o lago Titicaca, parando un día en Copacabana e outro na Illa do Sol.
Nestos momentos xa estou pola Paz, unha cidade realmente interesante!
Publicado en Viaxes | 1 comentario »