Cos meus pais en Cuba!

Como algúns xa sabiades, esta semana estiveron de visita por Cuba meus pais. Como houbo algunha xente que me pedíu que subise máis fotos, e eu débome ós meus lectores (?), aproveito para subir algunha con eles!

Vendo tartarugas ca miña nai:

Na Illa das Iguanas:

Facendo snorkeling co meu pai (moi interesante!)

A risco de que miña nai non me fale en 5 meses, colgo esta en Cayo Largo:

O val de Viñales (Pinar del Río)

Co meu pai no Mural da Prehistoria:

Ca beca de fondo!

5 respuestas para “Cos meus pais en Cuba!”

  1. tuanai dice:

    Eso mesmo. Non che falo en cinco meses

  2. Laura dice:

    A tope coa adaptación ao medio en forma de camisa branca… xD

    Contéstoche ao mail cando teña un pouco tempo para escribir algo decente, que agora estou ata arriba con traballos, exames e as xornadas co SLG! :)

    Beixo!

  3. Outes dice:

    @tuanai: Alégrome de que chegárades ben!:D

  4. Noa dice:

    Nos estivemos en praia larga pero no comezo de todo, recordo o que nos costou chegar pq o coche era moi baixo e parecía q petaba abaixo nos buratos jejjeje.
    Cando estivemos en Viñales coincidimos cos carnavais, e no pobo tiñan depósitos enormes de ron que distribuían cunha especie da mangueira para botellas de plástico, era un botellón popular esperpéntico co chumbachumba a todo dar xD. En Porto Esperanza coñecimos a barbazul que nos ofrecía unha langosta ben preparada na casa da súa irmá de cada dúas frases jejeje.
    Por certo, estás neghrismo!

    Saúdos :-)

  5. titamari dice:

    Estades todos moi ghuapos nas fotos, pero os máis os máis, as tartarugas e os outros bichos, certo, túa naí vaite matar, bicos e escríbeme algún emilio, non sexas vaghoneta.

Dejar una respuesta