- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Efectos do Bloqueo a Cuba (II): Política yanki a partir de 1959
Podemos citar o mesmo 1 de Xaneiro de 1959 como o día no que se inician os ataques económicos de Estados Unidos contra Cuba: neste momento, co triunfo revolucionario, os esbirros da ditadura (e o propio Batista) desapareceron con 424 millóns de dólares en ouro e divisa, que chegaron a bancos norteamericanos. Estos non foron devoltos
Xa nos primeros meses da Revolución a política económica estadounidense cambia con respecto a Cuba: os primeiros feitos concretos son a negación de préstamos solicitados polo goberno a entidades dos Estados Unidos que tradicionalmente tiñan vínculos ca illa.
Sen embargo, o inicio dunha confrontación económica directa podemos ubicalo no 17 de Maio de 1959. A promulgación da Lei de Reforma Agraria supuxo rematar cos grandes latifundistas, o que directamente perxudicaba ós grandes terratenentes da Unión e a escasos grandes propietarios cubanos. Os Estados Unidos utilizan o pago pola expropiación realizada para atacar ó novo réxime. O goberno cubano intercederá para buscar outros modelos de pago ó proposto. Non houbo resposta.
Os problemas na esfera industrial demoraron até principios de 1960: ante a presión do gobierno de Estados Unidos, as tres empresas que controlaban o mercado e refinación de petróleo (USA: Esso e Texaco, UK: Shell) restrinxen a importación de fuel. O gobierno cubano logra un compromiso ca URSS para o fluxo deste produto á illa e así recuperar o déficit. As compañías néganse ó seu refinado por proceder da Unión Soviética.
Ante esta situación, na que Cuba quedaría sen combustible no curto prazo, o goberno vese obrigado a nacionalizar as compañías [Debemos sinalar aquí que isto é unha política á que o goberno non quería chegar, xa que non había unha estrutura nacional para manter estos grupos empresariais de forma tan eficiente como baixo control estranxeiro]
A partir deste momento prodúcense unha serie de golpes de ambos lados: Estados Unidos reduce un 95% a cota azucareira para os meses restantes de 1960, o que significaba casi eliminar toda entrada de divisas ó país. Cuba responde nacionalizando 26 grandes empresas estadounidenses, centrales azucareiras e o servicio de teléfono e electricidade. Posteriormente sería nacionalizada unha mina de níquel e os tres grandes bancos yankis que operaban en Cuba. Os Estados Unidos suspenden as súas actividades no resto de minas de níquel (outro dos sectores para a obtención de divisas) e restrinxe o crédito cara a illa. Tamén comeza unha campaña para frear os viaxes cara Cuba. O goberno revolucionario nacionaliza outras 382 empresas, e o 14 de Octubre de 1960 aproba a Lei de Reforma Urbana: todos os inquilinos adquirían en propiedade a súa vivenda.
O 19 de Outubro danse os primeiros sinais de embargo comercial: o goberno de Eisenhower prohibe toda exportación cara Cuba, exceptuando medicamentos e alimentos. A finais de ano suprímese a cota azucareira para os 3 primeiros meses de 1961. O ano comeza ca supresión das relacións diplomáticas e consulares de Estados Unidos con Cuba. Restrínxense as viaxes cara a illa.
O 20 de Xaneiro toma o poder Kennedy, e o día 31 do mesmo mes suprime a cota azucareira para todo o ano 1961. Un par de semanas despois realízase a invasión de Girón.
Será pouco despois cando se aprobe a Lei de Asistencia Estranxeira de Estados Unidos de 1961, que reza: “Non se lle suministrará ningunha asistencia, de acordo con esta Lei, ó actual Goberno de Cuba. Como un medio para instrumentar e levar a efecto a política expresada na oración precedente, o Presidente queda autorizado a establecer e manter un embargo total do comercio entre Estados Unidos e Cuba”
A comezos de 1962 aparecen as acciones para illar a Cuba na OEA. O 3 de Febrero, John F. Kennedy decreta o embargo total do comercio entre Estados Unidos e Cuba.
Aínda quedaban algunhas accións que tomar: en Marzo, Estados Unidos nega a posibilidad de entrada no país a mercadorías cubanas fabricadas en terceiros países, e suprime a cláusula de “nazón máis favorecida” establecida polo GATT para o caso de Cuba dende os Estados Unidos. Meses despois inician regulacións marítimas que poden até negar o amarre de barcos que estiveran en Cuba; tamén se lle suprime a Cuba a posibilidade de recibir alimentos a través do programa Alimentos para a Paz.
Durante os anos posteriores realízanse aínda máis accións: conxelamento de activos cubanos en Estados Unidos, prohibición ós estadounidenses de entrar en Cuba, etc.