- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (16)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 10. Marzo 2010: Cos meus amigos os morcegos
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
Blogroll
Marcha das Antorchas
O 28 de Xaneiro naceu José Martí, e para conmemoralo, o 27 de Xaneiro pola noite realízase unha marcha. Ás 12 da noite do 27, comeza a Marcha das Antorchas.
Dende 1953 vense realizando este acto en memoria do prócer cubano. Se algo teñen os cubanos é que saben organizar marchas, e en lugar de facer un acto sobre a vida de José Martí o que fan é unha manifestación con antorchas pola cidade, dende a Escalinata da Universidade até o Malecón. Na marcha participan sobre todo estudantes universitarios (foron as FEU as que o “inventaron”), pero tamén podes ver membros das FAR (Forzas Armadas Revolucionarias), agregados do MININT (Ministerio do Interior), estudantes non universitarios e civiles.
Na escalinata congrégase a xente dende as 10 da noite até as 12, que comeza o acto. Alí dan petróleo e algo para queimar, e se tes un pouco de sorte incluso pode que consigas a antorcha. A maioría da xente levamos a antorcha xa feita da casa. Un breve resumo de como se fai unha antorcha na nosa beca:
Colles un pao calquera (como por exemplo o pao da escoba), e fas un burato na súa parte superior por un lateral, onde terás que meter un tornillo (como por exemplo un tornillo da porta rota da habitación de diante). Consigues unha lata (mellor que non sexa de refresco, porque hai que cortala. No noso caso foi unha lata de salchichas en conserva, graciñas pola comida mami!). Utilizas o tornillo para enganchar a lata á parte superior do pao (onde fixemos antes o burato) e apretas. Xa temos unha antorcha! Colles calquera trapo (como por exemplo a camiseta vella para durmir de Edel, e marchas para a Escalinata.
Edel ca “antorcha”:

É verdadeiramente impresionante ver toda a rúa chea de xente con antorchas. A xente das FAR leva unha bandeira cubana enorme, que iluminada cas antorchas queda realmente ben. Polo demáis, típico acto en Cuba, con cancións de Silvio antes de comezar, e arengas durante toda a marcha. Chama moito a atención que non hai ningunha consigna, a xente non berra nas manifestacións en Cuba, o que as fai máis aburridas. Só cando a xente da megafonía berra “¡Patria o muerte!”, os manifestantes contestan “¡Venceremos!”, ou “¡Vivan Fidel y Raul!”, que se di “¡Vivan!”, pero dende a xente, de forma espontánea, non sae nada.
31. Enero 2010 en 19:45
Boas
Ei, que sabes desas mortes por frío que din que houbo nun hospital psiquiátrico ahi?. Estades a pasar frio na habana? que flipe!
4. Febrero 2010 en 10:35
Cando vin o comentario revisei os xornais e atopei esa noticia. Nalgúns dicían que “o goberno cubano admite a súa culpabilidade na morte de 26 enfermos a causa do frío”. En fin, o titular xa se las trae …
Tanto frío fai? ou simplemente fai algo de frío e xa andan buscando unha escusa pra andar a vareadas co goberno?
Aki si fai algho de friaxe pro os galaicos somos duros jejeje
5. Febrero 2010 en 14:49
Cando chegamos a Cuba (13 de xaneiro) facía 3 días que na Habana rexistraran 3 grados de temperatura mínima. Como é de entender os cubanos e cubanas morrían co frío. Nós tivemos días de 16º de mínima e estábamos ben, pero eles e elas vestían guantes e medias. Algún día choveu pero tamen tivemos moito calor (sobre todo polo mediodía).
En canto ó do psiquiátrico, sucedeu estando alí, e o gramma informou do ocurrido, dando como noticia que se abrían as investigacións, para saber exactamente que pasara alí, e que se tomarían medidas en caso de neglixencia.
5. Febrero 2010 en 16:47
vale, vale, é Granma.
6. Febrero 2010 en 12:38
buhh tres graos … k’animalada!Se ledes os titulares dalgún xornal daki parece que o goberno instalou un refrixerador masivo pra cargarse aos patróns. Agora xa non matan de fame á poboación, tamén de frío … que profesionais xD