Archivo para Febrero 2010

Con Abel Prieto!

Abel Prieto é membro do Comité Central do Partido Comunista de Cuba e Ministro de Cultura.

Que non se diga que non me meneo!:D

HAVMUN 2010

A semana que vén (dos días 22 a 26) terá lugar o HAVMUN 2010, un encontro anual no que se crea un modelo da Organización das Nacións Unidas. Organizado pola delegación da ONU en Cuba, a UJC e a FEU, leva funcionando dende fai 15 anos. O sistema é simple, establécense diversas comisións como as da ONU (Seguridade, Asamblea Xeral, Dereitos Humanos e Economía & Sociedade), e unha serie de países participan nelas. Cada estudante representa unha delegación dun país nunha comisión determinada. Este servidor ocupará a honorable delegación da República de Sudán na Comisión de Economía e Sociedade, que ten como temas emprego pleno e traballo decente e trata de persoas. Como podedes ver, Sudán é un país marabilloso para ambos tópicos, así que esto promete ser divertido.
Na miña comisión somos 45 países, e 19 dos delegados virán de outras universidades, en especial dende países como México ou Ecuador.
As sesións son dende as 8 da mañá ás 3 da tarde, e ó sair posiblemente teremos que seguir traballando nas resolucións e enmendas, así que se a semana que vén estou un pouco perdido actualizando e contestando correos, mea culpa!

Materias segundo Semestre

Economía Política I
Economía Política III: construcción do Socialismo
Pensamento Económico Cubano
Economía Cubana II: 1990 - Actualidade
Relacións Económicas Internacionais
A actual crise estrutural do sistema do Capital

Pouca propaganda Revolucionaria

Ollo a un dos motivos polos que a beca non recibiu maior calificación na súa revisión:

Comeza a feira do libro!

O Xoves 11 de Xaneiro inaugurouse de forma oficial a feira do libro, o evento cultural máis importante en Cuba. Este ano o país invitado será Rusia (fai 2 anos fora Galiza), e adicaráselle ós escritores cubanos Reynaldo González e María del Carmen Barcia. Hoxe estiven por alí, e podo asegurar que teñen razón cando din que é o evento cultural máis importante do país, porque é impresionante. Nuns días subirei algunhas fotos e comentarei as cousas que vou vendo. Polo momento adianto que este evento é tan aberto que até a Fundación Federico Engels anda por aquí.

Cuartelería

Outra particularidade da miña beca é que non hai ninguén contratado para a limpeza, así que para manter o orde os estudantes teñen que facer cuartelerías. Tocoume fai pouco unha, así que vou explicar máis ou menos o que é:
Unha cuartelería faise entre 2 habitacións, así que en principio debedes ser 12 persoas. A non participación dunha cuartelería supón unha falta grave no regulamento da beca, así que podes chegar a ser expulsado por incumplila, e é un dos moi poucos motivos polos que estás exento de ir a clase.
Ás 8 da mañá hai que presentarse na oficina de Educativo, e cando chega todo o mundo, divídese o traballo. A metade terán limpar un edificio, e a outra metade o outro. Comézase limpando o patio do 3º piso (que comunica os dous edificios). Como algúns estudantes son do xénero tonto, en lugar de tirar as cousas nunha papelera, tiran as cousas polas ventanas, así que durante esa limpeza podes atopar comida, papeis, uns zapatos vellos ou condóns usados. Despois hai que baixar e limpar a cuadra, do que non se encarga a limpeza da cidade
Cando se remata co patio (tardas máis ou menos unha hora), tes que volver a Educativo para que che asignen a limpeza dos edificios. Cada grupo ten que barrer os 20 pisos, e limpar algúns con auga. Máis ou menos ás 11:30 rematas con esta parte da limpeza.
Aquí danche o primeiro receso, até as 13:00, e unha pequena merenda (un pan e iogurt para beber). Podemos ir almorzar e descansar un rato, para que se nos asignen os turnos de garda para a tarde. Ás 14:00, 16:00 e 18:00 todos teñen que estar de novo no piso 3 para manter a limpeza, e asígnase unha garda por parella de unha hora entre as 13:00 e as 20:00. Ás 20:00 todo o mundo baixa de novo para firmar como cuarteleiro, e rematas o traballo.

Efectos do Bloqueo a Cuba (IV): Algunhas consecuencias para a saúde

Comenzamos cos casos de cancro en nenos: Cuba non pode acceder a produtos necesarios para o seu tratamento (como o isótopo I-125) porque todos os laboratorios que o producen están en mans yankis. O sistema de saúde cubano ten que enviar ó estranxeiro ós nenos con doencia de cancro ocular para realizar a operación, co conseguinte gasto de transporte e do pago ó goberno en cuestión, e os problemas ocasionados ó enfermo e a familia. En casos de cancro óseo, Cuba vese limitada na adquisición de certos tipos de prótesis, en especial aquelas que crecen ó mesmo tempo que o neno e evitan así ter que realizar unha amputación total do membro.
Por otra banda, a imposibilidade de conseguir pezas de reposto para os aparellos estadounidenses impide a súa reparación. Tradicionalmente Cuba conseguiu suprimir este problema a través dunha subsidiaria canadiense da Picker Internacional. A Enmenda Torricelli eliminou esta posibilidade. O 70% dos materiais de diagnóstico do mundo son producidas por empresas de Estados Unidos, polo que Cuba non pode acceder a eles. Algunhas compañías fabrican equipos únicos no mundo, un exemplo deles é a empresa Bayer, que ten prohibido o comercio ca illa. A importación nalgunhas ocasións pode ser realizada dende Europa, cun flete maior e ás veces unha calidade inferior. Un caso paradigmático é o da empresa inglesa de reactivos e medios de cultivo OXOID, que mantiña relacións comerciais con Cuba: ó ser adquirida por capital estadounidense, cesou as súas relacións ca illa. Neste senso, especial problema surxe por novas enfermidades, xa que os medios de diagnóstico moitas veces atópanse en mans unicamente estadounidenses.
Ademais, debemos ter en conta que todas as compras teñen que ser realizadas en mercados moito máis lonxanos que os Estados Unidos, o que inevitablemente supón un incremento dos custos de transporte en todos os produtos. Isto ocorre incluso con publicacións médicas.
A través do PNUD e UNICEF, realizáronse convenios con Cuba para a loita contra o VIH. A empresa Abott negouse a proporcionar os retrovirais. En cifras: a compra a Abott sería de 49.700$, a compra realizada nun terceiro país resultou ser de 280.400$. Un aumento do 600%. A ONG Alliance International comprometeuse a suminsitrar equipos ó sistema de saúde cubano. O goberno yanki impediuno. O paquete contiña instrumental quirúrxico, equipos para a esterilización e de raios X.
Os Estados Unidos non concede visas para cubanos que vaian a capacitarse na Unión, o que impide a profesionais da illa participar en programas de adestramento ou congresos. Esta situación tamén se produce á inversa: os Estados Unidos non deixan que os seus profesionais entren na illa.

Viaxe a Cárdenas

Perdón polo retraso posteando! Levo desaparecido uns 5 días porque aproveitei uns días libres que tiña para aceptar a invitación de Yasiel (un dos meus compañeiros na beca) para ir á súa casa en Cárdenas, na provincia de Matanzas. Para que vos orientedes, Matanzas é a provincia que linda polo oeste ca Habana. Cárdenas é a segunda cidade máis importante da provincia (despois da propia Matanzas), que se fixo mundialmente famosa nos anos 1997 - 1998 por ser onde vivía Elián González. É o municipio que queda ó sur de Varadero, polo que hai bastante turismo, sector no que se ocupa unha importante parte da poboación.
Nos 4 días que estiven por alí fixemos bastantes cousas, así que poño algunhas fotos para resumir a viaxe!

Ver resto de la entrada »

|