Viaxe a Cárdenas

Perdón polo retraso posteando! Levo desaparecido uns 5 días porque aproveitei uns días libres que tiña para aceptar a invitación de Yasiel (un dos meus compañeiros na beca) para ir á súa casa en Cárdenas, na provincia de Matanzas. Para que vos orientedes, Matanzas é a provincia que linda polo oeste ca Habana. Cárdenas é a segunda cidade máis importante da provincia (despois da propia Matanzas), que se fixo mundialmente famosa nos anos 1997 - 1998 por ser onde vivía Elián González. É o municipio que queda ó sur de Varadero, polo que hai bastante turismo, sector no que se ocupa unha importante parte da poboación.
Nos 4 días que estiven por alí fixemos bastantes cousas, así que poño algunhas fotos para resumir a viaxe!

Nas covas de Bellamar (Matanzas), un complexo de máis de 20 kilómetros subterráneos. Esto é unha columna de 12 metros! Non se aprecia moi ben porque o superflax da miña cámara non permite que se vexa nada máis. Síntoo!

Eu no medio da cova. As formacións do teito son incribles.

Yasiel nun mirador en Matanzas, co val de Yumurí ó fondo

Algo falla nesta sinal, a ver quen o descubre:

Diante do Museo pola Batalla de Ideas (Cárdenas), esto estivo colocado na Oficina de Intereses de Cuba que hai en Washington durante un tempo en resposta a uns ataques que fixo a mafia de Miami. É boísimo!

Cárdenas tamén é a cidade onde naceu Jose Antonio Echeverría, presidente da FEU durante a ditadura de Batista, un dos cadros máis importantes nese momento. El lideraba o grupo que entrou no palacio de goberno para axusticiar a Batista, a finais de 1957. Fracasaron, e a maioría deles foron asasinados mentras fuxían.
Este monumento fíxoselle despois do triunfo da Revolución, co seu testamento político ó lado.

De Varadero non hai fotos, que nos olvidamos de facelas!

2 respuestas para “Viaxe a Cárdenas”

  1. tuanai dice:

    Moi chula a vista dese val e as covas.
    Moi explícita a imaxen do museo pola batalla de ideas
    Moi galega a camiseta que levas na cova.
    Moi práctico o poste da sinal de tráfico.

Dejar una respuesta