- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Cuartelería
Outra particularidade da miña beca é que non hai ninguén contratado para a limpeza, así que para manter o orde os estudantes teñen que facer cuartelerías. Tocoume fai pouco unha, así que vou explicar máis ou menos o que é:
Unha cuartelería faise entre 2 habitacións, así que en principio debedes ser 12 persoas. A non participación dunha cuartelería supón unha falta grave no regulamento da beca, así que podes chegar a ser expulsado por incumplila, e é un dos moi poucos motivos polos que estás exento de ir a clase.
Ás 8 da mañá hai que presentarse na oficina de Educativo, e cando chega todo o mundo, divídese o traballo. A metade terán limpar un edificio, e a outra metade o outro. Comézase limpando o patio do 3º piso (que comunica os dous edificios). Como algúns estudantes son do xénero tonto, en lugar de tirar as cousas nunha papelera, tiran as cousas polas ventanas, así que durante esa limpeza podes atopar comida, papeis, uns zapatos vellos ou condóns usados. Despois hai que baixar e limpar a cuadra, do que non se encarga a limpeza da cidade
Cando se remata co patio (tardas máis ou menos unha hora), tes que volver a Educativo para que che asignen a limpeza dos edificios. Cada grupo ten que barrer os 20 pisos, e limpar algúns con auga. Máis ou menos ás 11:30 rematas con esta parte da limpeza.
Aquí danche o primeiro receso, até as 13:00, e unha pequena merenda (un pan e iogurt para beber). Podemos ir almorzar e descansar un rato, para que se nos asignen os turnos de garda para a tarde. Ás 14:00, 16:00 e 18:00 todos teñen que estar de novo no piso 3 para manter a limpeza, e asígnase unha garda por parella de unha hora entre as 13:00 e as 20:00. Ás 20:00 todo o mundo baixa de novo para firmar como cuarteleiro, e rematas o traballo.
10. Febrero 2010 en 17:09
¿Cada cuánto tiempo se hace una cuartelería? porque si se junta tanta porquería no debe ser muy frecuente, o es que son muy guarros?
Supongo que luego cada habitación es responsabilidad de los usuarios ¿no? ¿Cómo llevas esto con tus compañeros de habitación?
11. Febrero 2010 en 10:48
Recórdame ao teatrillo que montamos onte nunha materia na que se discutiu sobre os diferentes tipos de educación, a cada grupo tocoulle un modelo e creo que aos que lles tocou o modelo soviético estarían encantados de ler isto, o lema era ” Estudante, obreiro e soldado”, vos por agora ides cumprindo dúas de tres jejejej.
Así limpiaba, así asi … xD
ánimo!
13. Febrero 2010 en 01:51
@tuatia: As cuartelerías son diarias. Toca máis ou menos cada semestre facer unha, pero hai todos os días. Efectivamente, son moi guarros, non imaxinarías canto!
Na habitación a cousa fálase entre os que vivimos nela e imos facendo as cousas. A idea é limpar a habitación unha vez á semana e o baño un par de veces, e máis ou menos mantés así a limpeza.
@noa: O lema da UJC é “Estudio, trabajo, fusil”, así que non andamos moi lonxe! Son igual que o MIR en Chile con Allende! Nos anos 60 os estudantes facían incluso a vixiancia nocturna con fusil, así que realmente houbo un momento no que se cumplían 3 de 3!