HAVMUN 2010

A semana que vén (dos días 22 a 26) terá lugar o HAVMUN 2010, un encontro anual no que se crea un modelo da Organización das Nacións Unidas. Organizado pola delegación da ONU en Cuba, a UJC e a FEU, leva funcionando dende fai 15 anos. O sistema é simple, establécense diversas comisións como as da ONU (Seguridade, Asamblea Xeral, Dereitos Humanos e Economía & Sociedade), e unha serie de países participan nelas. Cada estudante representa unha delegación dun país nunha comisión determinada. Este servidor ocupará a honorable delegación da República de Sudán na Comisión de Economía e Sociedade, que ten como temas emprego pleno e traballo decente e trata de persoas. Como podedes ver, Sudán é un país marabilloso para ambos tópicos, así que esto promete ser divertido.
Na miña comisión somos 45 países, e 19 dos delegados virán de outras universidades, en especial dende países como México ou Ecuador.
As sesións son dende as 8 da mañá ás 3 da tarde, e ó sair posiblemente teremos que seguir traballando nas resolucións e enmendas, así que se a semana que vén estou un pouco perdido actualizando e contestando correos, mea culpa!

Una respuesta para “HAVMUN 2010”

  1. X. Villares dice:

    Buah, e terás que aprender un montón de cousas para poder facer isto non?? facédelo con datos reais e toda a pesca?? xa contarás,que promete mogollón! mola!
    : )

Dejar una respuesta