- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Efectos do Bloqueo a Cuba (V): Educación e cultura
Para comezar, podemos utilizar unha cifra: o sistema educativo cubano debe facer fronte a prezos entre un 25 e un 30% superiores ós prezos internacionais de mercadorías e servizos educativos. Ca Enmenda Torriceli prodúcese esta situación: en lugar de mercar estos produtos nos Estados Unidos, Cuba debe adquirilos no mercado asiático, polo que os fletes aumentan en gran medida en artigos de escaso prezo. Pero estos mesmos barcos non poden arrivar en Cuba porque non poderían despois amarrar nos Estados Unidos, así que o produto se estaciona nun terceiro país. A flota cubana vai a ese terceiro país (xeralmente cercano) e transporta cara un porto da illa a mercadoría. Obviando o factor tempo, que tamén é importante, temos un encarecemento medio de 500$ por contenedor.
A situación na educación especial é máis sensible: moitas veces os equipos necesarios son importados de países lonxanos por non poder facelo dende os Estados Unidos, o que dificulta a súa chegada. Un exemplo son as máquinas de Braille que se utilizan na ensinanza de nenos cegos ou con dificultades visuais: o prezo en Estados Unidos é de 700$, Cuba debe importalos a un prezo superior ós 1.000$; por otra banda, moitas veces vese incapacitada para conseguir o papel Braillón.
Na cultura a situación é tamén moi grave. A imposibilidade da nazón cubana de participar en eventos internacionais ou nos Estados Unidos é obvia. Un exemplo foi a visita do Ballet Nacional de Cuba (un dos 3 mellores do mundo, segundo os especialistas) no ano 2003. As súas 20 actuacións terían reportado 200.000$, pero ó estar Cuba bloqueada todos os actos foron realizados sen contraprestación para o Ballet Nacional. Polo menos conseguiron o visado para entrar no país.
En canto ó sistema de ensinanza cultural, durante o ano 2004 Cuba realizou compras por valor de 2.4 millóns de $, o que supón 100.000$ máis soamente en fletes ó que costaría mercar na Unión. A rede de bibliotecas tamén está afectada: o sistema de Epígrafes CD Dewey, utilizado en máis de 200.000 bibliotecas do mundo como sistema de ordenamento dixital da colección non pode ser adquirido en Cuba a causa do bloqueo.
A edición de publicacións no estranxeiro tamén está afectada: ó non poder utilizar bancos norteamericanos para o pago de cheques ou realizar transaccións, o goberno cubano perde até o 30% dos ingresos que recibiría por este concepto.
En Cuba non se pode adquirir directamente a película Kodak, ó mesmo tempo que non teñen licenza para utilizar o sistema de son Dolby, o que dificulta a boa proxección de cine.
Ó igual que no caso da sanidade, na educación e a cultura reprodúcense os casos nos que profesionais cubanos non poden asistir a encontros nos Estados Unidos.
22. Marzo 2010 en 13:54
Jajajaja, acabo de ver as fotos dos “turistas” qe foron de viaxe de fin de carreira a Cuba, e qén aparece nalgunhas fotos con eles? TIIII! Qe envidia me deron…
Esta semana contéstoche ó e-mail sen falta, promise!
25. Marzo 2010 en 16:18
Saludos, y antes de nada felicitarte por el blog!
El bloqueo es para mí, junto con la ley de ajuste cubano, los dos mayores exponentes de la presión a la que se somete la sociedad cubana; un buen punto de partida para quien ve Cuba a través de los periódicos. Debe hablarse de estos dos puntos antes de hacerlo sobre los errores, que no pocos quizá, de la revolución.
Gracias otra vez por tu ayuda; pásalo bien por ahí, espero poder verlo por mí mismo.