Cambios na Beca!

Dende aproximadamente fai un mes estivéronse facendo algúns cambios na beca, que melloraron sensiblemente a nosa calidade de vida! Nestos momentos xa teño luz no baño, e iluminaron case todos os pasillos. Pintaron todo o baixo e puxeron un cadro dos mártires da beca (do que escribirei noutro post), que ocupa media parede. Tamén cambiaron a cafetería, e agora hai un pouco máis de variedade nos bocatas que nos poñen.
Por outra banda, e para que miña nai se poña a dar saltos de alegría: estannos dando máis de comer. Dende o 1 de Marzo non sabemos que pasou pero aumentaron as racións e a comida tende a ser mellor. Moi pouco a pouco, pero a cousa avanza!

2 respuestas para “Cambios na Beca!”

  1. tuanai dice:

    non paro de dar saltos de alegría. mesmo parezo unha ra.

  2. Velo dice:

    Outes, saes do máis favorecido nas fotos dos meus amigos de Turismo eh? Dixéronme que foras un guía turístico excelente, xa me queres deixar sen traballo non? Desgraciado! Jajajaja :) Mándame un email e cóntame qé tal vai todo por ahí, non seas can, un bico enorme e cóidateme!

Dejar una respuesta