No Parque Lenin!

En Europa se queres ir a un parque de atracción irías a Port Aventura. En Cuba, vas ó Parque LENIN. O Domingo pasei por alí o día a ver o que había e que tal estaba, e bueno, está ben para pasar un día no que non hai nada que facer!
Realmente o parque é bastante cutre, o máis destacado son unha montaña rusa (que é unha viaxe de menos dun minuto, pero mola moito igualmente!) e os coches de choque. Os prezos son populares: a entrada custa 1 peso cubano (0,03€), e montar nas atraccións varía. O máis caro é a propia montaña rusa, que custa 6 pesos cubanos (0,18€).
Alí hai un montón de oferta de comida, así que podes pasar o día sen ter que levar nada, porque o problema real do parque é chegar. Nós, que vivimos case no centro da Habana tivemos que coller 2 guaguas até case a última parada de cada unha para dar chegado, máis dunha hora de viaxe. O bo diso é que estás no medio da nada e hai espacios verdes enormes onde a xente vai facer churrasco ou cousas así para pasar o día.
Tamén hai un mausoleo a Celia Sánchez (unha das máis destacadas revolucionarias cubanas, morta fai 20 anos) e o monumento a Lenin da foto!

6 respuestas para “No Parque Lenin!”

  1. noa dice:

    ooh eu non vin nada diso! en q zona está?
    A envexa crece sen medida! xD

  2. Outes dice:

    @noa: Pois está perdido no medio da nada. Tes que coller o PC e atravesar o primeiro anel da autopista. Na mesma dirección do Xardín Botánico e ExpoCuba, igual diso si que che falaron. No mapa sería algo así como no suroeste de Cidade Habana…

  3. Sus dice:

    Estás nejro, amijo… ¬¬

  4. knithx dice:

    ¡Qué negro!

  5. noa dice:

    Vamos, onde cristo perdeu as chanclas. Non nos falaron de nada diso pq iamos á nosa bola, tirabamos de mapa e de guía e onde caese o dedo. O máis lonxe que chegamos foi a Miramar … apunto pra próxima viaxe :-)

  6. Nune dice:

    Que pasada… mola mil!!! Apúntome o sitio!! (:

Dejar una respuesta