Archivo para 9. Abril 2010

Marcho a Santiago de Cuba!

Despois de participar en HAVMUN ‘10, fun seleccionado xunto con outros 6 compañeiros para participar nun evento similar, pero na Universidade de Oriente, en Santiago de Cuba. Neste caso representarei a Afganistan (Karzai 4tw! A defender a invasión!), na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Os temas son loita contra a droga e seguridade alimentaria, así que vai estar moi divertido! 

O importante do asunto é que marcho a Santiago de Cuba unha semana en avión ca viaxe paga, e alí durmimos nunha Residencia, así que tampouco vou ter que pagar, o que me dá a oportunidade perfecta para coñecer a cidade de forma barata. Ademáis teño a sorte de que a semana próxima (a do 19 de Abril) é a Semana de Playa Girón, polo que non hai clase. Aquí non se celebra Semana Santa, celébrase PLAYA GIRÓN cunha semana de vacacións. 

Despois de rematar o evento quédanme 8 días que aproveitarei para coñecer Oriente. En principio irei a Bayamo (capital da provincia de Granma), Guantánamo (Gitmo incluído…), Baracoa (tamén na provincia de Guantánamo) e Holguín (capital da provincia do mesmo nome). 

Non teño a máis mínima idea de se hai Internet por alá, sobre todo cando estea por provincias, así que por se acaso, eu despídome para os próximos 15 días! Igualmente, espero poder contestar correos (levo a computadora), pero non sei a que ritmo poderei contactar ca xente. 

Un saúdo a todos!

|