- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Marcho a Santiago de Cuba!
Despois de participar en HAVMUN ‘10, fun seleccionado xunto con outros 6 compañeiros para participar nun evento similar, pero na Universidade de Oriente, en Santiago de Cuba. Neste caso representarei a Afganistan (Karzai 4tw! A defender a invasión!), na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Os temas son loita contra a droga e seguridade alimentaria, así que vai estar moi divertido!
O importante do asunto é que marcho a Santiago de Cuba unha semana en avión ca viaxe paga, e alí durmimos nunha Residencia, así que tampouco vou ter que pagar, o que me dá a oportunidade perfecta para coñecer a cidade de forma barata. Ademáis teño a sorte de que a semana próxima (a do 19 de Abril) é a Semana de Playa Girón, polo que non hai clase. Aquí non se celebra Semana Santa, celébrase PLAYA GIRÓN cunha semana de vacacións.
Despois de rematar o evento quédanme 8 días que aproveitarei para coñecer Oriente. En principio irei a Bayamo (capital da provincia de Granma), Guantánamo (Gitmo incluído…), Baracoa (tamén na provincia de Guantánamo) e Holguín (capital da provincia do mesmo nome).
Non teño a máis mínima idea de se hai Internet por alá, sobre todo cando estea por provincias, así que por se acaso, eu despídome para os próximos 15 días! Igualmente, espero poder contestar correos (levo a computadora), pero non sei a que ritmo poderei contactar ca xente.
Un saúdo a todos!

9. Abril 2010 en 21:29
Disfruta e aprende. Estás moi guapo e a decoración da habitación mellora. Procura contestar os correos, xa hai ben tempo que non escribes.
Ahora chámaslle computadora? (qué maneira de cubanizar o idioma, chacho!)
11. Abril 2010 en 11:05
Pásao divinamente meu neno, e cóidate moito!
Bótoche de menos!
Por certo… por se non o sabías… onte foi o grandísimo clásico Real Madrid - F.C Barcelona… o resultado foi 0-2, con goles de Messi e Pedrito! Ainda me acordo do chorreo de aqel qe víramos xuntos
1bico!
12. Abril 2010 en 21:38
Oh! Ti con reloxo!
Pásao xenial e non te poñas moito máis moreno… Bico!
13. Abril 2010 en 12:40
Churri! Jajajaja veño a lerche cada 2 semanas e danme ganas de chorar… pararás quieto? É broma!! Jajaja pásao o mellor que podas e intenta ver os máximos lugares posibles, que cando estés de volta quero que me contes todo todiño!!
Encantoume a entrada do vocabulario cubano, qué simpático! E qué sorte que viches a Calle 13… en fin, que quen me dera estar ahí. Respondereiche ó email en canto teña un momento para escribir con tranquilidade, ok?
Disfruta chamaquito!
Bico.
13. Abril 2010 en 12:41
Estád feito un mulato machiño! Guapo
13. Abril 2010 en 19:58
jooooo que envexa me das!!!!
Eu tamen queria!!! xa me ensinarás fotos cando volvas!! jejejej
uns coelgas mios irán en xuño á habana… se ainda andas por ahi chos mando, pero nada de levalos á beca que non podemos perder a nosa fama xD jajaja
Tua nai pediume fotos tuas, que che quere ver!! jejeje. Deberias colgar aqui unha foto tua… a ver como che medraron as melenas!! jijiji
Falamos!!
Un biquiño!!!!
14. Abril 2010 en 08:11
Vaia pila de libros! cando sexa maior encherei unha habitación enteira, na q para dar entrado teñas q pasar por riba deles
Disfruta da viaxe